Ir al contenido principal

2 Coresma 2009

SIGNO: Colocamos un segundo ladrillo. Esta semana a palabra que escribiremos nel é COMPROMISO.

Camiñar con rumbo: cabeza e corazón

PÓRTICO

Deus é o noso agasallo, dinos Paulo na lectura que hoxe imos proclamar. Si, El é o mellor dos agasallos que poderíamos ter recibido; non é unha cousa que nos ilusione ou unha prebenda que crea superiores aos demais. Non, El é moito máis: O SENTIDO DA NOSA VIDA. Por iso dicimos que é o mellor de tódolos agasallos. Claro que para entendelo é necesario que queiramos recibilo, acollelo, abrirlle a porta da nosa vida, xa que non chega con que El se nos ofreza, cómpre que tamén nós poñamos da nosa parte. Invitémolo a entrar e disfrutemos con El.

O PERDÓN

  • Porque estamos tan aburguesad@s, tan cómod@s, tan instalad@s nos tabores das nosas cousas, dos nosos egoísmos e “estamos tan ben aquí”, que non queremos volver a Ti, que estás nos irmáns e nas irmás, SEÑOR, LÉVANOS DA TÚA MAN.
  • Porque non damos botado fóra complexos, teimas e medos cos que xustificamos a nosa falta de confianza en ti, CRISTO, LÉVANOS DA TÚA MAN.
  • Por terche negado un tempo de intimidade que nos permita escoitar a túa voz, que nos fala de comuñón, paz e fraternidade, SEÑOR, LÉVANOS DA TÚA MAN.

REMUÍÑO

Que difícil é manter as nosas conviccións!. Non é doado ser fieis a principios e valores que nos axudan a ser máis felices, máis humanos e solidarios. E non e nada doado porque son demasiadas as ocasións da nosa vida nas que nos sentimos nadando contracorrente e cun pesado fardo atado ás costas, nas que todo o mundo se empeña en dicirnos que somos patiños feos cando a realidade é que somos cisnes. E nestas ocasións facilmente nos podemos deixar levar polo que nos resulta máis cómodo, máis gracioso, polo que di ou fai a maioría ou polo que nos asegura a nosa cota de poder e dominio, aínda que sexa con mentiras e pisoteando e subíndolle á chepa aos demais. Porén a fe vainos dicindo que a vida é tarefa, que a vida é esforzo, que o compromiso é esixencia, que a fidelidade debe basearse na confianza, que o fin nunca pode xustificar os medios… é descubrir, coma Abrahán, que hai que poñerse nas mans de Deus e fiarnos totalmente del.

Acostumados a ter de todo, xa perdemos a capacidade de deixarnos sorprender cando nos fan un agasallo. Nadamos tanto na fartura que as cousas pequenas, inda que feitas con cariño, somos incapaces de valoralas. Diante diso, Xesús preséntasenos hoxe coma o agasallo que quere sorprendernos, ilusionarnos e entusiasmarnos na nosa vida. E mira que coa que está caendo, estamos moi necesitados de vivencias, conviccións e proxectos que nos entusiasmen e animen. A fe, o seguimento de Xesús é o mellor deles; por iso, con Paulo, tamén nós podemos preguntarnos: quen nos vai apartar do amor de Deus?. E se de verdade somos capaces de acoller este marabilloso agasallo do Deus que está sempre ao noso lado, nada nos vai apartar del nin do sentido das cousas que facemos na vida. Non perdamos o tempo  en agasallos que nos esmorecen nas mans, e aprendamos a descubrir o mellor de tódolos agasallos: Deus camiña connosco, está ao noso lado, forma parte da nosa vida.

Por iso non é de recibo regodearnos en “Que ben se está aquí”, no noso Tabor do primeiro mundo, da sociedade da opulencia e do benestar; mentres ao pé da montaña moitos irmáns e irmás nos@s agonizan na cruz do subdesenvolvemento, da pobreza inxusta, da fame innecesaria, do salario diferenciado. Hai que baixar da montaña máxica, da montaña dos poderosos e dos que endurecen o seu corazón. Por que ás veces nos sentimos mellor na montaña, no espectacular, no distinto, na novidade que no día a día?. Por que non damos descuberto que Deus está na vida, no chan, cóbado con cóbado, solidario coas persoas?. A nosa obriga coma cristiáns e cristiás é mostrarlles ás persoas que Deus está con eles. A que esperamos?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

A dimensión comunitaria da fe é tamén un agasallo que nos fai caer na conta de que non estamos sós, e de que de xeito individual non conseguimos nada. Como comunidade reunida, poñámonos agora nas súas mans, deixándonos alentar pola súa presenza, e digamos xunt@s:

GRAZAS POR AGASALLARNOS CO DON DA FE

Pola Igrexa, para que baixe do falso Tabor do poder, do ter, do ritualismo baleiro e do cumprimento, onde non está Deus, para achegarse ao Calvario da marxinación, da soidade, da enfermidade, do paro, da intolerancia… no que si poderá descubrir ao Señor, OREMOS.

GRAZAS POR AGASALLARNOS CO DON DA FE

Para que nas nosas comunidades deixemos de pasarnos contas uns a outros do moito que fixemos e do bos que somos, e aprendamos a valorar que só seremos capaces de medrar coma persoas, se descubrimos que seguirte a Ti cambia a vida a dálle un sentido novo aos noso proxectos, OREMOS.

GRAZAS POR AGASALLARNOS CO DON DA FE

Hoxe, no día da muller traballadora, queremos pousar a nosa mirada e a nosa oración en todas as mulleres do mundo, fonte de vida, para que nunca máis vexan pisoteada a súa dignidade, nin sexan marxinadas polo simple feito de ter nado mulleres, OREMOS.

GRAZAS POR AGASALLARNOS CO DON DA FE

Que coma Ti, tamén nos deixemos transfigurar, non para vivir nun mundo irreal e baleiro, senón de compromiso e aposta sincera por todo canto nos fai mellores coma persoas, cidadáns, crentes, pais e nais, fill@s, traballador@s...  E saibamos poñelo todo nas túas mans, OREMOS.

GRAZAS POR AGASALLARNOS CO DON DA FE

Que bonito Señor, sentírmonos agasallad@s por Ti. Que non deixemos nunca que esmoreza dentro de nós a forza que, desde a fe, nos leva a estar no mundo con actitude de participación e cercanía a cantos necesitan de nós. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Cando rezo,

faime unha rapaza recén nacida

que cando nace a súa familia considéraa unha carga ou ata unha maldición,

para que eu saiba o que é sentirse non desexada.

Cando rezo,

faime unha rapaza cuxos irmáns varóns poidan ir á escola, e ela non

para que comprenda que ante o Creador todos somos iguais, e ninguén é desposuído.

Cando rezo,

faime unha moza sen noivo

para que comprenda o temor de cómo a propiedade vai limitar as miñas opcións no matrimonio.

Cando rezo,

faime unha moza á que a súa familia a casou para adquirir vantaxes

para que sinta o triste que é estar casada con alguén dúas ou ata tres veces maior ca min.

Cando rezo,

faime unha viúva sen medios de gañarse a vida

para que comprenda: se non gaño soldo, cómo poderei traerlles doces aos meus filliños?.

Cando xaxúo,

faime unha cunca baleira para que enchas co teu amor o que está oco en min.

Cando dou esmola,

faime un gran de arroz para que, xunto con moitos outros, poida alimentar un mundo famento.

Dáme forzas, Señor,

para que poida compartir a tristeza dos meus semellantes

e lles poida traer a luz da esperanza.

Amén

Por Attique Swati, Pakistán

CANTOS

            ENTRADA: Arrepentido

            LECTURAS: Como che cantarei

            OFERTORIO: Déixate querer

            COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...