Ir al contenido principal

Domingo 23 do TO

CON AMOR E DESDE O AMOR

Pórtico

Vivimos nunha sociedade na que, en demasiadas ocasións, para corrixir situacións, empréganse a forza ou o dominio, buscando o máis rendible, sen ter en conta ás persoas. Xorden así os problemas de herdanzas, de lindes de montes, de ti me dixeches eu escoitei…
Que lonxe estamos de que se cumpra en nós a Palabra do Señor!!!!!. Porque hoxe a celebración invítanos a percorrer o camiño do amor á hora de corrixir ao outr@. Andar o camiño do diálogo e da comprensión e non o da cerrazón, o da violencia e o da imposición.
Que abramos o noso corazón a Aquel que nos acompaña no camiño do amor.

Perdón

Porque moitas veces somos incapaces de denunciar inxustizas polo medo ao que dirán ou a quedar mal diante dos demais, SEÑOR, TI CORRIXESNOS CON AMOR.
Porque moitas veces baseamos as nosas relacións nos favores, no eu che dou para que ti me deas, esquecendo a gratuidade, CRISTO, TI CORRIXESNOS CON AMOR.
Polas veces en que lles torcemos a cara a persoas necesitadas do noso tempo, do noso agarimo, do noso sorriso, do noso amor, SEÑOR, CORRIXESNOS CON AMOR.


Remuíño

Son moitos os factores que constantemente deterioran as nosas relacións persoais na nosa familia, entre veciños e compañeiros de traballo, nas nosas comunidades…. A comunicación queda facilmente bloqueada, sobre todo cando constatamos que a outra persoa actúa de xeito inxusto ou desleal. Sentímonos entón xustificad@s para excluil@ da nosa lista de amig@s, pechándonos no noso xuízo destrutor.
Porén, non é este o camiño que nos propón Xesús, quen nos invita a tomar unha postura positiva, orientada a salvar a relación co irmán sen buscar o seu desprestixio ou a súa condena, senón só o seu ben. Sorprendentemente, o Evanxeo indícanos que é @ ofendid@ quen ten que tomar a iniciativa para facilitar a relación.
Porque tod@s cometemos erros e equivocacións. Tod@s temos momentos malos e necesitamos poder comezar de novo, contar cunha nova oportunidade. Hai que seguir crendo n@s amig@s, n@s compañeir@s, no irmán…. aínda que sexamos crític@s para axudarlle a saír do seu erro.

@s crentes deberiamos escoitar, hoxe máis ca nunca, a chamada de Xesús a corrixirnos e axudarnos mutuamente para sermos mellores persoas. Unha das accións da profecía que debera estar presente na nosa vida cotiá é a da corrección entre iguais, aínda que mal entendida convértese nun arma de dobre fío. Porque a corrección fraterna nunca pode ser un dirixe mentes, nin unha vinganza, nin tampouco debe ser utilizada coma un disfraz do noso crernos superiores. Asemade, tampouco debemos confundir o erro cun distinto xeito de pensar, e non definir coma malo o que non entra nos nosos gustos e nos nosos esquemas.
Cando falamos de corrección fraterna referímonos máis ben a sentírmonos responsables dos demais. Ninguén é estraño para min, debo sentirme corresponsable do ben dos demais. Se o meu irmán vai por mal camiño, debo poñelo en garda e invitalo a recapacitar, desde o diálogo sincero e cercano que busca o ben da persoa, non falando por detrás nin aireando aos catro ventos os defectos dos demais, senón tendo a coraxe de falarlle á persoa concreta.

E todo isto facémolo desde unha única clave que é a que nos dá Paulo: o amor. Non corriximos botando en cara os defectos, nin converténdonos en xuíces moralizadores e gardiáns do ben e do mal, senón que o facemos desde o amor, con delicadeza, non para ferir, senón para curar, no momento axeitado e coas palabras que conveñen. Vendo defectos e virtudes. Coma un pai, coma unha nai, coma un/ha educado/a, coma un/ha amig@.
Xesús invítanos a actuar con paciencia e sen precipitación, achegándonos de xeito persoal e amistoso a quen estea actuando de xeito equivocado, sen deixar de lado a nosa responsabilidade crítica. Respectando a cada quen, pero denunciando sinceramente cando alguén nos falla ao respecto ou actúa contra os intereses da comunidade. Estamos dispost@s a este servizo humilde e valente?.

Oración da comunidade

Alentados pola túa chamada a sentir a presenza de tod@s e a urxencia, de estar cercanos, presentámosche a nosa oración confiada dicindo xunt@s:
QUE SEXAMOS DÓCILES Á TÚA VOZ, SEÑOR
Pola Igrexa, para que poña a súa voz profética en tantas inxustizas e en tanta situacións de morte; e entrando en diálogo con tod@s poida saír ao paso das persoas para levarlles a ilusión e esperanza que nacen do proxecto de Xesús, OREMOS.
QUE SEXAMOS DÓCILES Á TÚA VOZ, SEÑOR.
Polas nosas comunidades, para que por riba dos propios intereses individuais busquen o ben de tódalas persoas, sen importar o seu credo, a cor da súa pel, o seu nivel económico ou cultural, OREMOS.
QUE SEXAMOS DÓCILES Á TÚA VOZ, SEÑOR.
Por todos nós, para que non teñamos medo a corrixir situacións e comportamentos inxustos, sendo xustos nas nosas afirmacións e sobre todo, non desprezando aos demais nin gobernando as súas vidas, senón respectando o seu xeito de pensar, OREMOS.
QUE SEXAMOS DÓCILES Á TÚA VOZ, SEÑOR.
Grazas Señor, por escoitarnos e por ir orientando a nosa vida. Non deixes nunca de acompañarnos e de darnos o mellor para nós. PXNS. Amén.

Para a reflexión

Se se perde o meu irmán,
se se perde o meu veciño,
se se perde o meu compañeiro,
se se perde o meu amigo….ou o meu inimigo…
que hei facer, meu Deus?.
Chamareino e direille:
o meu corazón está roto polo teu amor.
E gañarei ao irmán.
E gañarei con el a vida.
Bendito sexa Deus,
que nos fai fortes
para salvar e ser salvados,
para curar e ser curados,
para amar ás persoas….
e sermos por elas amados!:
(M. Regal)

Cantos

ENTRADA: Vinde axiña
LECTURAS: Grazas, Señor, graciñas
OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas
COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...