Ir al contenido principal

25 domingo TO 2020 A

CANDO NO CENTRO DAS NOSAS DECISIÓNS NON ESTÁ A PERSOA, DÁMOSLLE AS COSTAS AOS PLANS DO SEÑOR

CANTO GOZOSO


  • ENTRADA: Temos unha festa (Nº 6)

  • LECTURAS: Cantádelle ao Señor (Nº23)

  • OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31)

  • COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)

MIRANDO AS BEIRAS

Na vida de cada un e cada unha de nós hai días de tonalidades e cores diversos, porque a vida, inda que ás veces algunhas persoas se empeñen, non é nin monótona nin sempre igual. Por ela van pasando todas as situacións que vivimos cada día, E estas son, verdade que si?, ben diferentes e diversas. Quen non é capaz de entendelo así, acaba caendo na intolerancia e na ansia de amedrentar e someter a quen está disposto a apostar pola pluralidade e a diversidade, que as diferentes vivencias polas que imos pasando nos traen.

RENOVANDO O CORAZÓN

  • Porque non acabamos de deixar atrás a intransixencia; SEÑOR, QUE A ENVEXA NON NOS DOMINE.
  • Porque non estamos plenamente convencid@s de que non é a imposición, e si o servizo, o que ha marcar a nosa vida; CRISTO, QUE A ENVEXA NON NOS DOMINE.
  • Porque moitas veces non respectamos os ritmos e decisións que as persoas toman na vida; SEÑOR, QUE A ENVEXA NON NOS DOMINE.

PALABRA PROCLAMADA


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Buscade ao Señor mentres se deixa atopar, invocádeo mentres está cerca.
Que o malvado deixe o seu vieiro, e que o home pecador deixe os seus plans; que se volva ao Señor para que teña misericordia del. Que se volva ao noso Deus que tanto engrandece ao perdoar.
Pois si, os meus plans non son os vosos plans, nin os vosos vieiros son os meus vieiros -é o Señor quen fala- .
Canto máis altos son os ceos cá terra, así son máis altos os meus plans cós vosos plans, e os meus vieiros do que os vosos vieiros.

PALABRA DO SEÑOR

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO MATEU
Porque o Reino dos Ceos parécese a un propietario que saíu pola mañá cedo a contratar xornaleiros para a súa viña. Axustou con eles o xornal dun denario e mandounos á súa viña. Saíu outra vez á media mañá e atopou outros sen traballo na praza. E díxolles:
‑Ide vós tamén á miña viña, e dareivos o xusto.
Eles foron. De novo saíu polo mediodía, e pola tarde, facendo o mesmo. Pero aínda volveu saír á tardiña, e atopando outros parados na rúa, díxolles

‑Pero, ¿que facedes aquí, todo o día sen traballar?
Eles responderon:
‑É que ninguén nos contratou.
El díxolles entón:
‑Ide vós tamén á miña viña.
Anoitecendo xa, díxolle o dono da viña ó administrador:
‑Chama os xornaleiros e págalles o xornal: empézasme polos últimos e acabas polos primeiros.
Chegan os da derradeira hora e dálles un denario a cada un. Cando chegaron os primeiros coidaron que lles darían máis, pero tamén recibiron cadanseu denario. Ao recibilo, murmuraban contra o propietario:
‑Eses, os derradeiros, traballaron unha hora só e trátalos igual ca nós, que aturamos o peso e a caloraza do día.
Pero el replicoulle a un deles:
‑Amigo, non che fago ningunha inxustiza. ¿Non axustamos un denario? Pois colle o teu, e vaite. E logo, se quero darlle ó último igual ca a ti, ¿non teño dereito a facer o que quero co que é meu? ¿Ou é que ti ves con mal ollo que eu sexa bo?
Así, dese mesmo xeito, os últimos serán os primeiros, e os primeiros serán os últimos.

PALABRA DO SEÑOR

PALABRA ENCARNADA

Volve falar o profeta Isaías ao corazón dos xudeus cando lles di que no camiño da vida o compromiso está en non tirar a toalla ante as primeiras dificultades. O importante é o esforzo de busca, o intento de non perder a esperanza, a capacidade de non deixase vencer pola tentación de abandonar nin de permitir que o pesimismo sexa o que marque as nosas vidas. Que forza segue a ter hoxe esta palabra!!!!!!!!!!!! Porque ante o individualismo, a inmediateza de quen quere as cousas xa, a crenza de que nolo van dar todo feito... o que nos di a palabra de Deus é que temos que estar permanentemente en situación de busca, sen deixarnos acomodar, sen renunciar a sacar adiante proxectos, propostas, retos... buscando superar dificultades e non permitindo que a preguiza lastre a nosa liberdade. Se o facemos así, ben seguro que aí atoparemos os plans do Señor.
E neste camiño iremos descubrindo a achega –cercanía – de Deus. Porque El sempre está, inda que nós moitas veces poñemos as lentes que distorsionan a súa presenza. Porén o salmo dinos que El está preto dos que non se deixan abater polo desleixo e a indiferenza. Na súa clemente misericordia non renuncia a acompañarnos no camiño da vida. Pero non o fai como se fose unha pantasma ou un debuxo animado. A presenza de Deus hai que descubrila no medio dos barullos, silencios, tristuras, angustias... das persoas que, preto ou lonxe, comparten con nós a mesma dignidade e que nos merecen o mesmo respecto. Deus está nos que discrepan, pensan diferente ou actúan de xeito distinto a nós, mais comparten unha mesma ansia de liberdade, un mesmo compromiso de participación e unha mesma loita contra todo canto discrimina e fai diferenzas entre as persoas.
E ao non facer diferenzas, vainos propoñendo outro xeito de mirar a vida; ou mellor, invítanos a mirar a vida desde perspectivas diferentes, abandonando “o político e socialmente correcto”. Se somos plurais, se non actuamos uniformemente, tampouco as respostas de cada un han moverse nesta mesma pluralidade. E do mesmo xeito que desconcertaba a xente do tempo de Xesús, como acabamos de escoitar na parábola, tamén desconcerta hoxe, cando hai persoas que se rebelan contra o que fan todos ou contra a mentira, o engano e a utilización. Deus establece con cada un/ha de nós un proxecto para o traxecto da vida; un traxecto diferente para cadaquén, porque somos diferentes, polo que non temos dereito a criticar nin o que fan os outros nin a esixir que fagan o mesmo ca nós ou nós o mesmo ca eles. A liberdade, as situacións diversas polas que pasamos, fan que a resposta non sexa igual para tod@s. E iso non nos da dereito a queixarnos, porque cada situación, cada persoa, cada experiencia de vida é distinta. Aprendamos a respectarnos. Admitamos as diferenzas e deixemos que a riqueza da pluralidade anime a vida das nosas comunidades e nos enriqueza persoalmente a nós. Non teñamos envexa do que os outros fan, e esforcémonos por facer o noso.

PÉS NO CHAN E CONFIANZA EN DEUS

O Deus que nos creou libres e distintos, puxo en nós a mesma dignidade que esixe respecto e igualdade no trato entre as persoas, digamos entón comunitariamente:
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DA LIBERDADE
  • Para que traballemos comunitariamente por unha Igrexa respectuosa, plural e creativa, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DA LIBERDADE
  • Para que as nosas comunidades saiban acoller a riqueza de quen pensa e actúa de xeito diferente e creativo; OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DA LIBERDADE
  • Para que non nos deixemos invadir pola envexa de quen non é capaz de alegrarse do ben dos demais, da súa alegría e da súa capacidade de compartir e ofrecer o froito do seu bo facer, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POLO DON DA LIBERDADE
Acolle, Señor, a oración comunitaria que che achegamos coa alegría do compartir o ben dos demais. P.X.N.S. Amén.

LATEXANDO TENRURA NO CORAZÓN

Grazas, Señor, pola terra na que nacemos:
limpa, chea de luz e disposta a facer boa sementeira.
Grazas, Señor, pola súa xente:
sinxela, acolledora e sempre coa man tendida.
Grazas, Señor, porque segues acompañándonos,
e en cada un dos nosos pasos van deixando o recendo da túa presenza.
Grazas, Señor, por querernos como somos,
e por invitarnos a querernos do mesmo xeito entre nós.
Que non estraguemos este agasallo tan fermoso
que puxeches nas nosas mans. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...