TRABALLANDO CON E COMO MARÍA POR UNHA PAZ DESARMADA E DESARMANTE CANTO GOZOSO PANXOLIÑAS OLLOS ABERTOS A moitas persoas estas datas parécenlle tristes; a outras, canseiras; a moitas outras, aburridas e baleiras de contido. Tamén hai aquelas quen as viven como un castigo, porque non soportan á familia e estas son datas de reencontros. Hai tamén quen vive o Nadal con ilusión, coma se fose unha crianza. E nós? Para cada unha e cada un de nós, que significan estas celebracións cristiás? Non podemos esquecer que o que celebramos e que Deus nace grazas ao si valente de María, porta da nova humanidade inaugurada no Neno que vén de nacer. Alá polo século IV, Gregorio de Nisa falaba de ir “de comezo en comezo mediante comezos que non teñen fin”. As persoas e polo tanto a Igrexa, precisamos sempre, en cada momento e en cada etapa, emprender novos camiños. Hoxe é un día singular, no que nos abrimos a un comezo e por iso vimos aquí para celebrar, aledarnos, agradecer e poñer este ano qu...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra