MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) o OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra