Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2025

2 advento 2025 A

  ii domingo de advento ADVENTO, TEMPO DE ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Camiñando pola vida (Nº 9) o     LECTURAS:  A túa palabra (Nº 25) o     OFERTORIO:  Benaventurados (Nº 118) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 119) ESCOITA ACTIVA                  A pasada semana comezabamos este tempo de Advento, un camiño para facer realidade o soño de Deus: unha humanidade de irmáns e de irmás no Fillo. Mais moitas veces deixámonos ir e non traballamos para facer realidade esa amizade social á que tantas veces nos chamaba Francisco. Xulgamos por aparencias, por faladurías, polo que escoitamos ou polas historias que nos montamos na nosa cabeciña e que moitas veces non se corresponden coa realidade. E despois de emitir sentencia, canto nos custa recoñecer que podiamos estar equivocados, canto nos custa dar oportunidades se...