Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

3 Coresma 2026 A

  Escoitar e xaxuar. Coresma, tempo de conversión SINAL DE CORESMA Colocamos a terceira pedra por riba do altar. CANTO GOZOSO ENTRADA: Na noite escura (Nº 104) LECTURAS: A auga do Señor (Nº 125) OFERTORIO: Oh, Señor, escólleme (Nº 62) COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) ESPERTANDO Á RÚAH De portas vai hoxe a Palabra de Deus. Portas que se nos invita a atravesar; portas que van poñendo límites e respecto no trato ás persoas; portas que, unha vez atravesadas, fan posible o diálogo, a escoita, a conversa, o recoñecemento do meu e da miña interlocutora como igual. No diálogo de Xesús coa muller samaritana escoitarémolo. El rompe barreiras e supera os medos ao que dirán, porque para El o importante é o que a muller saia do sempre foi así no enfrontamento entre xudeus e samaritanos. Xesús quere, e consegue, traspasar esa porta á beira do pozo, e acaba conseguindo que a muller tamén o faga. Porque aos ollos de Deus non hai diferenzas entre unhas e outras persoas; as diferenzas ímolas ...