PÓRTICO Se nos poñemos a ver na televisión ou a escoitar na radio, na nosa forma de pensar, ou no que din os demais, descubriremos cal é o modelo de triunfad@r, o que sae mais na televisión ou nas revistas,... Sen darnos, conta nós mesmos entramos na mesma dinámica: no traballo queremos subir e ser os mellores, que o xefe nos loe, que os compañeiros digan o ben que o facemos; cos amigos buscamos destacar por ter mais. O modelo publicitario é sempre unha persoa individual, independente, sen necesidade de ninguén, que por ela mesma se sobra. A celebración de hoxe móstranos cal é a sabedoría de Xesús, que sendo o primeiro fíxose último, ensinándonos que ante todo temos que ser humildes, temos que ser persoas que fagan comunidade dende o servizo, dende o traballo ben feito. Cambiemos pois de actitude e sintamos a necesidade que todos temos dos outros e do Pai. PERDÓN · Porque cando actuamos, as máis das veces, buscamos a aprobación d@s demais, que nos dean palmadiñas...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra