Ir al contenido principal

DAS GRANDES TRIBUNAS PÚBLICAS…

DAS GRANDES TRIBUNAS PÚBLICAS…, AFÁSTANOS, SEÑOR.

PÓRTICO

Como nos gusta, aínda que coa boca pequena digamos que non, estar no centro das cousas!. Como nos gusta ser perexil para poder ir con tódalas salsas!. As veces, parece que se non estamos en tódolos peteiros pensamos que as cousas xa non van ir ben, que non sairán, que se farán mal... e o peor de todo, é que isto vai a máis; como se non aprenderamos nada do bacío que este xeito de facer as cousas foi deixando en tantas e tantas persoas. Para moit@s o importante é aparecer nos papeis, na televisión, falar pola radio, inda que o que del se diga ou o que el diga sexa pouco edificante. Que máis da o que digan, o importante é que falen de nós!.

Que mágoa pensar e actuar así!. Xesús quere darnos unha clave distinta de ver e facer as cousas, unha clave que pasa polo traballo calado, sinxelo e sincero. Non importa tanto que falen de nós, canto que nós fagamos as cousas por e para os outr@s. Só así entenderemos que significa ser os primeiros en servir, inda que sexamos os últimos en que nolo recoñezan.

Abramos o corazón a participar desta invitación que Xesús nos fai.

PERDÓN

  • Porque nos falta ilusión para tomar en serio a túa invitación ao servizo dos irmáns e das irmás, SEÑOR, AFÁSTANOS DA SOBERBIA.
  • Porque nos esquecemos que seguir e vivir o Evanxeo é unha invitación a non crernos superiores aos demais, CRISTO, AFÁSTANOS DA SOBERBIA.
  • Porque aspiramos máis a ser primeiros, inda que non teñamos nada que ofrecer ou aportar, que a ser últimos cheos de entrega e compromiso aos demais, SEÑOR, AFÁSTANOS DA SOBERBIA.

REMUIÑO

  • Eu chego para xuntar tódolos pobos e linguas: Diante de tantas persoas que hoxe se pechan para evitar que a pluralidade se viva, se celebre e se comparta na Igrexa, a profecía de Isaías fainos unha chamada de atención para que, desde unha reflexión pausada e sincera, nos abramos á universalidade dunha fe que é proposta de salvación para tod@s. O que nos leva a caer na conta que non é a tentación do eurocentrismo eclesial –pensar que só a Igrexa europeo-romana, é a que ten resposta única e para tod@s as cuestións relacionadas coa construción do Reino- a que debemos adoptar. Así, xa o Concilio soubo concretar a afirmación do texto do profeta cando na Constitución sobre a Liturxia nos invitaba a achegarnos a Deus desde as culturas e linguas propias de cada país, zona ou lugar. Contra esta tentación do eurocentrismo fálannos os textos da celebración de hoxe. Cando agora volven atronar con forza as voces do neoconservadurismo que nos quere facer volver ao uso –inda que digan que serán excepcións e para casos moi determinados– do latín, lingua morta e hoxe en día pouco transmisora de vida e esperanza, non está de máis abrirnos ao vento fresco do Espírito que en voz do profeta nos fala de xuntar a tódolos pobos e linguas, un xuntarse desde o respecto e a igualdade, pero nunca a imposición.
  • Loade o Señor tódalas xentes: Porque queremos e sabemos respectar a pluralidade no eido eclesial, podemos loar a Deus con alegría e che@s de esperanza, como nos invita a facer o salmo que proclamamos entre unha e outra lectura. Un loar que se ten que ir mostrando no noso actuar, no noso quefacer cotián: no campo, no mar, na cidade, no pequeno ou no grande; na familia ou no traballo; nunha palabra: alí onde esteamos, somos chamad@s a loar a Deus coa nosa palabra, cos nosos feitos, cos nosos xestos, coa nosa alegría. E que mellor que facelo tendendo mans e abrindo corazóns, sen impoñer nada, e sabendo respectar a tod@s.
  • Arredade de min os que practicáde-la inxustiza: Porque sabemos respectar a diferenza, porque ese respecto nos leva a abrirnos á loanza a Deus; o camiño para achegarnos a El, non pode ser entón, outro que o de practicar a xustiza. O que nos supón comezar a vivir na fraternidade; unha fraternidade que nos fai irmáns e irmás, que nos recoñece coma iguais, e que nos leva a superar a tentación de pensar que hai algúns, que por ter nacido nun lugar determinado, por posuír máis medios materiais, culturais ou mesmo técnicos ca outros xa son superiores, ou se outorgan a capacidade de situarse por riba dos demais. Se miramos, unha vez máis cara o Evanxeo, darémonos conta de que iso non é así. Para Xesús, so aquel/s que practican a xustiza e viven na liberdade, responden ao seu mandado de amarnos e respectarnos uns a outros. A que esperamos!... Porque @s inxust@s non teñen cabida no proxecto de Deus.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Poñamos a vida nas mans de Deus, e digámoslle con sinxeleza:

QUE SAIBAMOS SER VERDADEIROS SERVIDORES DOS IRMÁNS

  • Pola Igrexa, para que os seus dous mil anos de historia, non lle fagan esquecer que o que o Mestre quería era unha presenza solidaria, xusta e verdadeiramente libre, que non busca ser servida, senón servir. OREMOS.

QUE SAIBAMOS SER VERDADEIROS SERVIDORES DOS IRMÁNS

  • Polas nosas comunidades cristiás, para que aprendamos a mirarnos na mensaxe do Evanxeo que nos fala de esforzarnos por superar actitudes de superioridade, discriminación ou fachenda, para aprender a camiñar no perdón, a participación e o comunitario. OREMOS.

QUE SAIBAMOS SER VERDADEIROS SERVIDORES DOS IRMÁNS

  • Por tod@s e cada un dos que hoxe nos reunimos no nome do Señor para compartir a fe; para que saibamos escoitar a Palabra e levala a nosa vida de cada día., pois só así entenderemos que ser últimos non é unha deshonra, senón o mellor camiño de realización persoal e crecemento comunitario. OREMOS.

QUE SAIBAMOS SER VERDADEIROS SERVIDORES DOS IRMÁNS

Grazas, Señor, por invitarnos a vivir na dispoñibilidade e no servizo solidario e fraterno cos irm@s. P.X.N.S..AMÉN.

REFLEXIÓN

Felices os que dan a vida polos demais,

os que traballan duro pola desexada xustiza,

os que constrúen o Reino desde lugares afastados,

os que, anónimos e sen primeiras planas,

entregan a súa vida para que outros vivan máis e mellor,

os que co seu sacrificio de cada día

abren pegadas de humanidade nova

nun mundo cheo de egoísmo neoliberal do deus – mercado”.

Felices os que aman ao irmán concreto,

os que non se van en palabras,

senón que mostran o seu amor verdadeiro

en obras de vida, de compañía e de entrega sincera.

Felices os que ensinan,

os que intentan que tod@s aprendan,

sen distincións de cor, pel ou diñeiro.

Felices os que comparten os seus bens

don-regalo do bo Deus

para vivir coma irmáns,

demostrando na práctica que non gardan con egoísmo,

senón que brindan e comparten. Amén.

CANTOS

  • ENTRADA: Vinde axiña
  • LECTURAS: Xesús é Señor
  • OFERTORIO: Na nosa terra
  • COMUÑÓN: Señor Xesús, bendito sexas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...