DESCUBRILO NO COTIÁN: AÍ ESTÁ O MILAGRE PÓRTICO No noso mundo estamos faltos de profetas, de persoas que coa súa vida e coa súa palabra, nos saquen do noso aburrimento, do noso tedio e da nosa mediocridade; profetas cheos de ilusión, de alegría de esperanza, que contaxien optimismo, que contaxien crenza na persoa, nas súas potencialidades, no valioso de cada quen; profetas que busquen unir e construír entre todos un mundo mellor. Os cristiáns estamos chamados, por un lado, a escoitar e descubrir a eses profetas; pero tamén a ser nós profetas, a levar a voz do Señor a tod@s. Que esta celebración nos faga conscientes desta gran tarefa que temos nas nosas mans. O PERDÓN Porque moitas veces dicimos e non facemos, embarcamos aos outros e nós quedamos en terra, SEÑOR, PERDOA POR ENDURECER O NOSO CORAZÓN. Polas veces nas que queremos ter sempre a razón e non escatimamos medios para conseguir os nosos obxectivos, aínda que sexa a costa dos demais, CRISTO, PERDOA POR ENDURECER O NOSO CORAZÓN. ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra