Diante da alienación, sempre esperanza e ilusión Pórtico Como lle ocorría ao pobo de Israel, tamén a nós nos asusta tomar decisións, dar xiros na vida, romper a nosas inercias e rutinas, comezar de novo. Así, mesmo preferimos laiarnos do que nos pasa antes que romper con esa situación. Coñecemos como é a realidade; pero danos inseguridade non saber cómo será o que vai vir. Así que, ao final, acabamos acomodándonos ao que temos,e aplicámoslle o dito de que "máis vale malo coñecido que bo por coñecer". Conclusión: seguimos sempre co mesmo. Claro que logo non desaproveitaremos a ocasión de botarlle a culpa aos outros, namentres nós seguimos sen mover un dedo. Verdade que nos resulta familiar esta situación?. Diante disto, Deus chama a Israel, como nos chama tamén a nós, a non ter medo a abrir novas fendas, a apostar pola creatividade, a deixar atrás a comodidade que nos impide crer que outra vida, outra igrexa e outro mundo son posibles. Cando espertaremos do noso soño?. ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra