Ir al contenido principal

SANTIAGO APÓSTOLO 2009

Unha terra, un pobo, unha fala...alentadas por un Deus Pai e irmán

Pórtico

    Novamente somos convocados á mesa do Señor para compartir, celebrar, agradecer e gozar da presenza do Deus da comunidade e do amor. O Deus que enviou ao seu Fillo para que pasara facendo o ben, e nos deixara o seu recendo de solidariedade.

    Que neste día de Santiago, o que non renegou diante da chamada do Mestre, e da nosa terra de Galicia, que tampouco nós reneguemos nin do seguimento de Xesús nin do compromiso de traballar por unha Galicia solidaria, xusta, libre e agradecida de posuír unha lingua para expresar a súa vida, os seus sentimentos e a súa fe.

Perdón

  • Polas veces nas que diante da invitación que nos fas a seguirte, poñemos desculpas, deixámonos levar dos medos ou buscamos o noso interese, SEÑOR, QUE A FALA NOS ACHEGUE MÁIS A TI.
  • Porque moitas veces danos vergoña dirixirnos a Ti na nosa lingua, CRISTO, QUE A FALA NOS ACHEGUE MÁIS A TI.
  • Porque diante da túa chamada, fáltanos convicción e ilusión para seguirte, SEÑOR, QUE A FALA NOS ACHEGUE MÁIS A TI.

Remuíño

  • Neste mundo cheo da cálices que rebordan de sangue por mor da violencia, da perda de sensibilidade humana, da ausencia de empatía... Xesús convídanos a coller o seu cáliz e facer del un verdadeiro testamento de amor: o amor da súa presenza, o amor do seu seguimento; o amor da súa liberación. Hoxe, no día da festa da nosa terra, e tendo a Santiago Apóstolo como referente de saber facer dos cálices do mundo pingueiras da túa presenza de amor, queremos tamén nós dicirlle si ao seguimento que El nos ofrece; e facémolo sabendo converter o amor á terra e á linga, non nun xeito nin de enfrontarnos ni de excluír aos que non pensen coma nós, senón nun xeito de pór de manifesto de que, "por riba das nosas distancias hai unha fe". Unha fe que respecta e camiña na pluralidade, unha fe que escoita e entende a diferenza, unha fe que non impón, senón que propón; unha fe que se converte a través do noso testemuño en verdadeira fonte de acollida e integración, para que tod@s poidamos estar, e ninguén se sinta nin perseguido, nin afastado nin minusvalorado por ser como é e pensar como pensa.
  • Que a celebración que agora estamos a compartir, e os textos que vimos de proclamar, nos leven a poñer un pouco de reflexión no noso xeito de facer as cousas, sabendo descubrir nel a invitación daquel que só nos pide participar do seu cáliz e do seu pan desde a solidariedade e o amor á terra na que estamos e coa xente coa que convivimos, sabendo sempre: acoller a quen vén.

Oración da comunidade

    Agradecid@s porque segues chamando por nós, inda que moitas das veces poñemos desculpas na nosa resposta, dicimos:

QUE SEXAMOS SAL E LUZ NO MEDIO DO MUNDO

  • Hoxe a Igrexa universal celebra a festa de Santiago Apóstolo. Unha festa que para nós os galegos está chea da forza que nos dá sabernos ser Igrexa universal desde a fidelidade á nosa terra, á nosa xente e á nosa fala, Oremos.

QUE SEXAMOS SAL E LUZ NO MEDIO DO MUNDO

  • Que saibamos, sen excluír a ninguén, sentir que a nosa fe debe levar a acoller a quen vén de fóra, sen desatender aos que están cerca de nós: nas nosas familias, nas nosas parroquias, nos nosos traballos… e que necesitan tamén ver en nós seguidores alegres e comprometidos de Xesús, Oremos.

QUE SEXAMOS SAL E LUZ NO MEDIO DO MUNDO

  • Por cada un e cada unha de nós, para que sen sentirnos nin superiores nin inferiores a ninguén, saibamos expresar con gozo e alegría, na lingua dos nosos pais e veciños, a nosa fe en Cristo, que nos invita a beber do seu cáliz e a comer o seu pan, Oremos.

QUE SEXAMOS SAL E LUZ NO MEDIO DO MUNDO

    Grazas, Señor, por invitarnos a construír entre tod@s os teus seguidores, a nova Pentecostes que posibilita o entendemento e afasta calquera forma de enfrontamento e exclusión. P.X.N.S.Amén.

Reflexión

Señor, fuches bo coa nosa terra:

déchesnos unha fala,un pobo e unha fe.

Unha linga para entendernos,

un pobo no para vivir e poder compartir ledicias e dificultades,

unha fe para agradecer e celebrar que non estamos solos.

Ti es un Deus Amigo,

un Deus que nos pon a vida diante

para vivila e disfrutala.

Para compartila cos irmáns,

para agradecela e dignificala,

para ofrecela acollendo a quen vén de fóra,

para agradecela, sempre en comunidade.

Que saibamos estar sempre atentos,

ao quen os dis e ofreces.

Que nos convertamos nos teus anunciadores de paz,

no medio do noso pobo e dos nosos amigos. Amén.

Cantos

Entrada: Xurdirá

        Lecturas: Seguirei os pasos

        Ofertorio: Na nosa terra

        Comuñón: Ti es camiño e verdade


 


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Pascua 2025

  CANTO GOZOSO Ao prender o lume: Lumiño de lúa clara (Nº 123) Na procesión cara ao templo : A Cristo cantamos (Nº 110) Lecturas 1ª Manda o teu Espírito (Nº 125) 2ª Cantádelle ao Señor (Nº 33) 3ª As túas palabras, Señor, son Espírito e vida (Nº 113) 3ª Dános un corazón 4ª Aleluia, aleluia; aleluia, aleluia (Bis) Aspersión: A auga do Señor (Nº 124) Ofertorio : Sementar, sementarei Santo: Santo es Ti, Señor da vida (Nº 39) Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43) Paz : Que veña a paz (Nº 45) Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)  Canto final á Virxe: Nosa Señora da Luz SINAL No momento das ofrendas achegamos ao altar o sinal de coresma, a flor de follas murchas. E alí mesmo, poñemos o primeiro dos pétalos ao que, ao longo do tempo de Pascua, se irán unindo ata completar unha nova flor chea da savia nova da resurrección. COA CHEGADA DA PASCUA, AS NOSAS SEDES SON SACIADAS. CRISTO CONVÉRTESE EN FONTE DE AUGA FRESCA E SEMPRE VIVA Porque o evanxeo é Boa Nova, vinde e achegádevos...