Ir al contenido principal

4 DOMINGO CORESMA 2011 A

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE

SIGNO SINXELO E EXPRESIVO

Colocamos a cuarta póla na nosa árbore da Coresma. Lembramos as frases escollidas polo noso equipo:

1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME

2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO!

3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE

4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO

5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PÓRTICO

No camiño da coresma atopamos hoxe co Evanxeo que nos invita a lavar ben os ollos e tirar de nós as lagañas que nos impiden ver con claridade e en profundidade o mundo no que estamos. Si, porque moitas veces os nosos ollos están ou pechados ou sucios, e deste xeito non podemos percibir como é o mundo do que formamos parte, correndo o perigo de deixar que outros fagan, digan ou actúen por nós; ou mesmo ser nós os que digamos cousas que responden á nosa comenencia, pero non ao que ocorre ao noso redor. Diante disto, unha vez máis, Xesús, fainos unha chamadiña de atención e dinos que sexamos adultos, que non permitamos que outros acaben pensando por nós e digan, non o que nós pensamos, senón o que queren que nós pensemos. E isto acostuma a pasarlle a aqueles que teñen a boca tan grande que non se cortan de dicir que falan no nome do pobo, da Igrexa ou de calquera outro colectivo, cando o único que fan é falar de si e por si. Non deixemos que ninguén nos quite o máis valioso que temos: a palabra, e con ela a nosa capacidade de expresarnos. Para iso é necesario ter os ollos sempre moi abertos.

Que, coma o cego, tamén nós nos acostumemos a dicir; creo, Señor, non porque nolo digan outros, senón por telo descuberto persoalmente

O PERDÓN

  • Polas veces nas que a nosa cegueira nos impide ver tantas inxustizas ao noso redor, conformándonos con deixalas pasar, SEÑOR, QUE NON CAMIÑEMOS NA TEBRA.
  • Para que rachemos as tebras de ver sempre o lado negativo das persoas e dos acontecementos coa luz da esperanza e da ilusión, CRISTO, QUE NON CAMIÑEMOS NA TEBRA.
  • Por non confiar en quen está ao noso lado e nos tende a man para facernos máis doado o noso camiño, SEÑOR,QUE NON CAMIÑEMOS NA TEBRA.

REMUÍÑO

  • Non te fixes no seu aspecto nin na súa estatura…pois Deus non olla coma os homes. Que sabia e certa é esta expresión que acabamos de escoitar na primeira lectura de hoxe!. Poren, nós, ás veces parece como que queremos levarlle a contraria ao que aquí se nos di. Seguimos empeñados en xulgar aos outros polo externo, polas aparencias, polo que vemos superficialmente; e facémolo sen preguntarnos se iso que estamos a ver define de verdade á persoa. É máis, sen preguntarnos se a nós nos gustaría que nos definisen tamén pola aparencia. Seguro que diriamos que non, que somos moito máis profundos, que temos moitos máis valores, que as nosas calidades son outras, que… e en cambio, si que nos gusta facelo cos demais. Viría aquí moi ben a conto aquel dito no que se afirma: "non fagas aos demais o que non queiras para ti". Porque Deus non mira coma os homes, podemos aprender del o xeito de actuar e de vivir ao lado dos demais: ver o corazón, e como xa sabemos este é o ámbito dos nosos afectos, desde onde tomamos as decisións importantes, porque desde el somos capaces de descubrir que as persoas non son só cartos, poder, ganancia, prestixio, títulos, avoengo… senón seres humanos. É dicir, homes e mulleres como cada un e cada unha de nós coas súas preocupacións de cada día, os seus fracasos, os seus problemas, as súas alegrías… e que pouco a pouco se van enfrontando a canto a vida lles vai pondo diante. Pois do mesmo xeito que actúa Deus, tamén nós somos invitados a non ser superficiais e mirar solo o externo –o que se ve ou quere un que se vexa– senón o interior, o profundo, o que nos engrandece e supón que unha decisión, cando se toma, é para ser seguida; e que as cousas non son agora si e despois non, ao contrario, temos criterio e mostrámolo á hora de actuar. Non somos relativistas para quen todo vale, senón homes e mulleres sempre abertos a acoller e respectar, porque: "Os homes ven a aparencia, pero Deus ve o corazón".
  • Actuar desde o corazón suponnos que non andamos dun lado para outro sen saber nin que nin como facer; é saír da tebra, ou evitar entrar nela porque Xesús, a nosa luz, vai iluminando o noso camiño, un camiño no que bondade, verdade e xustiza non se opoñen, senón que se complementan, complétanse e enriquecésense mutuamente. Desde a irrupción de Xesús na nosa vida, como nos di Paulo, pasamos de ser tebra a ser luz, non unha luz calquera, senón a luz de Xesús. E para El os demais eran importantes, e o seu paso polo mundo supuxo alento para quen o necesitaba, realismo para os que vivían nas nubes, vergoña para cantos querían facer un deus á súa maneira e posición crítica fronte aos que buscaban aproveitarse, por medido do engano, dos máis empobrecidos e desprezados. Afirmar que Xesús é a nosa luz é tomar en serio esta fe que manifestamos semanalmente de maneira comunitaria e descubrir que a presenza de Deus na nosa vida non queda pechada dentro das portas da igrexa ata o domingo seguinte.
  • A luz de Xesús fixo calar a hipocrisía dos que estaban á espreita de pillalo nun renuncio. El non ten medo de facerlles subir as cores ao denunciar o seu comportamento inmoral de querer botarlle a culpa aos demais, como se iso solucionase os problemas e dificultades. Xesús déixalle claro que o pecado non é unha herdanza nin culpa dos demais, senón froito das propias decisións e actuacións. É persoal, polo que non debemos botarlle a culpa a outros do que facemos nós. Coma o cego de nacemento, tamén hoxe Xesús quere atoparse con cada un/ha de nós e ofrecernos a luz que nos vaia cambiando a vida. O Evanxeo, unha vez máis, quere facernos caer na conta de que non son os costumes, as leis ou o que os outros fagan u digan, o que nos achega ao camiño que Xesús nos invita a percorrer, senón a convición profunda de que El camiña ao noso lado, que non imos solos e que co noso esforzo e a súa compaña, poderemos ir cambiando moitas das cousas que non nos gustan ou se afastan do camiño ao que Xesús nos invita. Coma o cego, o encontro con Cristo cámbianos. Estamos convencidos?. Un cambio do que El vai deixando pegada constantemente. Non cumpramos sen sentir, deixémonos guiar por quen nos invita a crer nel.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Porque de novo nos invitas a camiñar na luz, chamándonos a facelo de xeito comunitario, respondendo á túa invitación dicimos xunt@s:

QUE NON VEXAMOS A APARENCIA, SENÓN O CORAZÓN

  • Señor, sabemos que tod@s somos Igrexa, pero non todos descubrimos que como Igrexa temos que aprender a respectar a pluralidade de voces, estilos e vivencias, sen tratar de impoñer unha sola de xeito intolerante e autoritario, OREMOS.

QUE NON VEXAMOS A APARENCIA, SENÓN O CORAZÓN

  • Señor, camiñamos moitas veces perdid@s e sen atopar o rumbo na nosa vida. Para que nos deixemos acompañar de cant@s están dispostos a compartir o seu tempo para visitarnos, para camiñar con nós ao longo do camiño, para abrirnos vieiros de formación e coñecemento, para propoñernos proxectos cheos de esperanza que nos ilusionen e se preocupen dos que máis necesitan, OREMOS.

QUE NON VEXAMOS A APARENCIA, SENÓN O CORAZÓN

  • Señor, que non nos deixemos levar polas aparencias, e nos esforcemos por non xulgar ás persoas, senón por coñecelas, acompañalas e mostrarlles que a luz da fe vaise convertendo en nós en forza de verdadeiro amor e superación de actitudes de indiferenza e desgana, OREMOS.

QUE NON VEXAMOS A APARENCIA, SENÓN O CORAZÓN

Agradecidos por darnos de novo azos de esperanza e luz que van iluminando e clarificando as nosas dúbidas, deixamos ao pé do altar esta oración comunitaria que estamos a compartir.P.X.N.S.Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Sen telo chamado,

sen nin sequera pensar nel,

sen saber moi ben quen é,

sen ter ollos para velo....

alguén vén,

pasa xunto a nós,

fíxase e senta ao noso lado

para estar con nós, coas persoas.

Alguén vén,

e ten tantas cousas que cambiar dentro de nós e no noso contorno...

Non vén para que todo siga igual,

tampouco para facer silencio ao noso lado.

Vén porque é posible ser doutro xeito,

ter vista e vida,

erguerse e camiñar,

ser persoas novas,

deixar a cegueira

e dar testemuño do Reino acollendo as súas sementes.

Alguén vén,

diríxenos a súa palabra,

unha palabra que comprendemos porque é clara,

porque afecta ás nosas miserias,

porque sanda vellas feridas

e desfai tantos insoportables esforzos e montaxes...

Vén desde a cercanía de Deus

a atoparse con nós

e a abrirnos os ollos

para que coñezamos o seu rostro e

nunca máis teñamos medo.

Vén, e só nos pide lavarnos,

crer nel e cambiar de bando,

para ter o que máis desexamos.

Cantos

  • ENTRADA: Seguirei os teus pasos
  • LECTURAS: Na noite escura
  • OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá
  • COMUÑÓN: No colo da miña nai

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel