QUÉDATE, SEÑOR, CONNOSCO CANTO GOZOSO ENTRADA: Que o Señor para sempre che abra as portas do paraíso LECTURAS: Pai, Pai, póñome nas túas mans OFERTORIO: Ergo os meus ollos (Nº 112) COMUÑÓN: Se o Señor resucitou (Nº 85B) ESCOITA ACTIVA Lembramos e encomendamos hoxe aos nosos familiares, amigos e veciños que xa non están fisicamente ao noso lado. Non están fisicamente; pero seguro que seguen a estar no noso pensamento, no noso corazón, e nas miradas que tantas veces facemos das persoas e cousas que a eles nos uniron. A súa lembranza está presente porque foron deixando pegada na nosa vida, por iso non queremos esquecel@s. É esta a razón que tamén nos trae ata a igrexa este día: seguir compartindo a súa presenza por medio e a través da oración. Unha oración que queremos que sexa comunitaria e compartida desde a fe e a esperanza que a tod@s nos une en Cristo. Abramos logo o corazón para celebrar, compartir e participar xunt@s desta exper...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra