Ir al contenido principal

Domund 2017


A IDENTIDADE COMEZAMOS A CONSTRUÍLA DESDE A ESCOLLA DO NOME QUE ELIXIRON PARA NÓS: UNHA FAMILIA, UNHA COMUNIDADE, UN PROXECTO DE VIDA... UNHA IDENTIDADE: O SEGUIMENTO DE XESÚS, SEN FRONTEIRAS NIN PASAPORTES
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO


ö ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10)

ö LECTURAS: Non vou so (Nº 60)

ö OFERTORIO: Misioneiro (Nº 115)

ö COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)

ESCOITA ACTIVA


O nome de cada un e cada unha de nós é un elemento de identidade. Por el saben quen e de quen somos; por el sabemos nós de quen vimos; desde el somos capaces de coñecer de onde procede a persoa que o leva... O nome  é fundamental para ir tomando conciencia de nós mesmos e dos demais. Por iso é tan importante escoller ben o nome que lle queremos poñer a un/unha neno/a; por iso é tan fundamental para nós, os crentes, o momento do bautismo. Nel a imposición do nome elixido por pais e padriños supón que a partires dese momento se vai desenvolvendo un proceso de identificación da persoa con ese nome, e tamén da persoa coas súas conviccións, os seus valores, o seu proxecto de vida. Escoller un nome non é entón unha cuestión secundaria, ao contrario.

Para os crentes hai un nome que nos ofrece todo canto acabamos de dicir: cristiáns e cristiás.Ese nome danos identidade, pero tamén nos ofrece un proxecto, ao estilo do Mestre, que temos que ir coñecendo e desenvolvendo ao longo da vida. E ese Mestre é o que hoxe, no seu nome, nos convoca aquí para que celebremos e compartamos a fe de xeito comunitario, esperanzado e gozoso.

Esta actitude e disposición é a que nos vai ensinado e mostrando que a identidade da fe non se pecha nas lindes dun territorio, senón que se expande de xeito universal, por iso podemos celebrar, desde esta universalidade, que a Igrexa non ten fronteiras, senón que se abre á fraternidade universal. Desde esta fraternidade celebramos hoxe a xornada mundial das misións, o día do Domund. Ninguén ha ser para nós máis nin menos, senón que tod@s temos que esforzarnos en ser e tratarnos coma iguais. Aquí está a nosa verdadeira identidade. Traballemos para afastar de nós crernos únicos, mellores e diferentes. Hoxe Deus volve dicirnos que superemos fronteiras e acheguemos persoas.

CORAZÓN MISERICORDIOSO


*        Por todas as fronteiras que imos construíndo na vida, e que nos van separando e diferenciando dos demais; SEÑOR, QUE VIVAMOS A IDENTIDADE DESDE A IGUALDADE.

*        Por todas as actitudes que nos fan crer que somos mellores e máis importantes ca os máis pobres e débiles; CRISTO, QUE VIVAMOS A IDENTIDADE DESDE A IGUALDADE.

*        Por todas as veces nas que as nosas palabras feriron facendo de menos ou ignorando a quen estaba ao noso lado; SEÑOR, QUE VIVAMOS A IDENTIDADE DESDE A IGUALDADE.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN


·        Deus vainos levando da man; cóllenola e deixa que sintamos a forza da súa presenza ao noso lado. Non marca separación con nós, non crea muros que diferencien e prescindan dos demais. Así o pon de manifesto a primeira lectura do profeta Isaías que vimos de escoitar. E se Deus, Aquel a quen lle rezamos, no que confiamos, e a quen lle imos contando canto nos aleda ou entristece, non pon límites, por que nós seguimos empeñados en ilos poñendo? Por que non acabamos de entrar/comprender de verdade que levar o nome de cristiáns fainos cidadáns do mundo e solidarios coa loita contra todas aquelas causas onde as persoas non son tratadas con respecto nin igualdade? Por que seguimos empeñados en construír fronteiras no canto de derrubar todo canto obstáculo nos afaste a uns dos outros ou nos diferencie entre ricos e pobres, brancos ou negros, crentes ou non crentes? A nosa causa non pode ser outra que a causa da humanidade. Inda que non deixemos de escoitar a uns e outros dicir que hai que poñer separación, marcar límites ou crear división; o que nos identifica, recalquémolo ben, é que somos irmáns, e polo tanto chamados a vivir na fraternidade universal. Unha fraternidade froito da paternidade común e da filiación compartida. Desde esta afirmación descubrimos o amor de Deus e o amor dos demais; construímos desde o amor de Deus e desde o amor dos e aos irmáns.

·        E esta proposta que Deus nos fai lévanos a saber ser agradecid@s; a non pecharnos nin illarnos en nós mesmos; a non practicar a exclusión que diferenza e discrimina. Por iso facemos memoria agradecida das persoas que pasan pola nosa vida e deixan pegada; pero non unha pegada calquera, senón a pegada que supón entendemento, colaboración, participación, traballo en común, aprezo polo que outros fan, agradecemento... todo canto dignifica e fai posible que as persoas, e non as cousas nin os intereses individuais, estean no centro. E isto non poden ser palabras, senón que ha de desenvolverse e converterse en feitos e comportamentos que nos relacionen e nos fagan sentir a ledicia da fe compartida e celebrada.

·         E a diferenza dos fariseos, que sempre buscaban poñer a proba a Xesús coas súas preguntas, nós non perdemos o tempo en preguntas retóricas nin en poñer cangas sobre os ombreiros das persoas, senón que nos esforzamos por superar diferenzas e camiñar xunt@s, potenciando o que nos une, e tentando non facer conflito do que nos diferenza. E iso, ao estilo de Xesús, é o que fixeron e seguen a facer tantos homes e mulleres, misoneir@s, que poñen a súa vida ao servizo da causa das persoas, que non pode ser outra que a causa de Xesús. Por iso hoxe celebramos a Xornada mundial das misións, coa que queremos agradecer, coa oración e a nosa colaboración económica, que siga a haber persoas capaces de poñer vida, corazón e esforzo para que os máis pobres, os que non teñen voz, os que nunca aparecen nos medios de comunicación, máis que cando hai catástrofes naturais, sexan queridos polo Deus que nos irmanda e nos fai sentir Fillos no Fillo. Pensemos desde esta chamada da palabra hoxe, en como nós imos respondendo a esta invitación de, sen perder a identidade da terra onde vivimos, ser capaces de abrirnos á universalidade da fe que non fai das fronteiras a súa razón de ser. Non somos do César nin de Deus, somos Fillos de Deus e irmáns e irmás.

FRATERNIDADE ORANTE


Para que, sentindo a forza da fe compartida, recemos xunt@s ao Deus que nos iguala e nunca nos diferenza, digamos:

GRAZAS POR FACERNOS IGUAIS EN DIGNIDADE E RESPECTO

ü Para que toda Igrexa sinta a ledicia de poder compartir hoxe a solidariedade, desde a oración e a axuda económica, con odas as persoas empobrecidas e minusvaloradas do mundo, OREMOS.

GRAZAS POR FACERNOS IGUAIS EN DIGNIDADE E RESPECTO

ü Para que nos esforcemos por afastar de nós a tentación da rutina, e vivamos esta xornada como unha experiencia de encontro, achega e compromiso coas persoas que máis sofren e ás que menos atención se lles presta; OREMOS.

GRAZAS POR FACERNOS IGUAIS EN DIGNIDADE E RESPECTO

ü Para que o Señor siga a mover corazóns dispostos a deixalo todo para ir servir, máis alá das fronteiras e culturas, ás persoas máis empobrecidas e necesitadas; OREMOS.

GRAZAS POR FACERNOS IGUAIS EN DIGNIDADE E RESPECTO

ü Para que nós non sexamos dos que creemos fronteiras nas familias, cos veciños, cos compañeiros de traballo... que nos afastan e nos incapacitan para entendernos; OREMOS.

GRAZAS POR FACERNOS IGUAIS EN DIGNIDADE E RESPECTO

Grazas, Señor, por suscitar nos nosos corazóns a capacidade de saber agradecer o compromiso de tantas persoas que loitan por unir e non por separar; por traballar cos excluídos e non por explotar e invisibilizar ás persoas, sen ter en conta nin a lingua, o país ou os medios económicos dos que dispoñen. Grazas por querernos sempre solidarios. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA


As Obras Misionais Pontificias son un instrumento precioso para suscitar en cada comunidade cristiá o desexo de saír” (n. 9). É toda esa fantástica tarefa de animación misioneira que imos facendo, e que é tan importante para a vida da Igrexa. E xunto á animación, a colaboración: “A Xornada Mundial das Misións, promovida pola Obra da Propagación da Fe, é unha ocasión favorable para que o corazón misioneiro das comunidades cristiás participe, a través da oración, do testemuño de vida e da comuñón de bens na resposta ás graves e vastas necesidades da evanxelización” (Francisco).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...