Ir al contenido principal

4 domingo TO B 2017


NUNHA SOCIEDADE NA QUE DÍA A DÍA MEDRA A IGNORANCIA POLO ENSALZAMENTO DO MEDIATO E AS PRÉSAS, FAGAMOS DA EDUCACIÓN PROXECTO DE REFLEXIÓN E MADUREZ QUE NOS DEA CRITERIOS DE IGUALDADE E HUMANIZACIÓN
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO

ö ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11)
ö LECTURAS: Escoita ti (Nº 26)
ö OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 53)
ö COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49)

PARA NON PERDER O PASO

Nunca tanto coma hoxe escoitamos que temos que esforzarnos para que o noso corazón sexa sensible á dor dos demais; pero tamén nunca tanto coma hoxe houbo tantas persoas cada vez máis solas, tristes e esquecidas. Algo está a fallar cando se dá esta contradición. Non pode ser que teñamos unha mensaxe tan clara e ilusionante namentres a nosa vida vai por camiños distintos, cando non contrarios. Algo estaremos a facer mal para que isto sexa así. Pero nunca é tarde, como non cansa de dicirnos constantemente Xesús. Para Deus as segundas, terceiras... oportunidades seguen a ser momentos para volver abrirnos os brazos e acollernos, porque o seu é camiñar no amor. Isto convérteo nun Deus xusto, non xusticieiro. Traballemos para facer desta pedagoxía guieiro no noso camiñar cotián.

CO CORAZÓN FERIDO

û  Porque caemos moitas veces na contradición e non poñemos en práctica o que cremos; SEÑOR, QUE SEXAMOS XUSTOS, NON XUSTICIEIROS.
û  Porque non somos capaces de seguir a pedagoxía de Deus e negámoslle aos demais segundas oportunidades de perdón e misericordia; CRISTO, QUE SEXAMOS XUSTOS, NON XUSTICIEIROS.
û  Porque a dureza do corazón impídenos ter unha mirada fraterna, respectuosa e igualitaria das persoas; SEÑOR, QUE SEXAMOS XUSTOS, NON XUSTICIEIROS.

UNHA PALABRA QUE AGROMA

o   A Palabra de Deus que acabamos de escoitar hoxe reitera unha afirmación que moitas veces esquecemos: somos humanos, iguais, coa mesma dignidade! Si, inda que nos custe crelo e velo, a realidade é así. E esta afirmación que nos iguala a tod@s, ten como consecuencia que, como cristiáns, non podemos tomar actitudes que levan a crer que algunhas persoas son mellores, superiores e mesmo con capacidade de darlle leccións aos demais, cando non tamén a Deus. Uf, como nos imos afastando do que verdadeiramente nos conforma como crentes e seguidores de Xesús. Si, del, porque a súa non é unha ideoloxía, tampouco unha imposición nin unha lei, senón unha proposta á que se invita, pero non se impón. Unha invitación á que se ha responder con liberdade e alegría; con esperanza e esforzo. El ofrece, logo teremos que ser nós quen respondamos ou non.
o   Deus pon no espello da vida persoas cuxa razón do seu actuar non está nin na carteira, por moi avultada polos cartos que estea, nin tampouco no engano, senón simplemente no amor. Sen máis. Persoas que a través dos seus xestos de xenerosidade, da súa vida posta no servizo aos outros, das súas capacidades desenvolvidas, non en beneficio propio, senón no servizo a canto fai posible o comunitario, o traballo conxunto, a unión no que fai posible sandar corazóns magoados e cambiar miradas tristes. Por iso insiste sempre que non caiamos na tentación de endurecer e insensibilizar o corazón. E hoxe, miremos a onde miremos, no nome de Deus e sen selo tamén, hai tanto corazón insensible!
o   A liberdade coa que Xesús falaba contra quen permanecía co corazón endurecido, é a que levaba a cantos o escoitaran a que abraiaran polo que dicía e facía. Non se corta ante os "importantes", non ten medo a que o malinterpreten, non se deixa engaiolar pola dobre moral dos poderosos. Para El non era a letra da lei o que tiña que marcar o camiño desde onde actuar, senón o espírito polo que foi elaborada esa letra. Seguindo este camiño que comeza Xesús, Francisco non deixa de insistir neste aspecto, fronte aos empeñados en quedar estancados na letra que non evolúe nin serve ás persoas ás que esa letra vai dirixida. Na súa ultima viaxe a Chile e Perú, insistiu permanentemente en que por moita letra que haxa, se esta o que serve é para que a corrupción sega a crecer, a economía o inunde todo e se poña por riba das persoas, e os recursos non se distribúan con igualdade, o que supón non ter como primeiros aos máis empobrecidos, para que queremos non saírnos do guión da letra, se as que van quedando abandonadas son as persoas? O mal hoxe, como no tempo de Xesús, tamén se disfraza –e agora que imos cara ao entroido, entendemos ben esta imaxe– para aparentar o que non é, e para enganar a quen non vai pola vida con segundas intencións. Amparados nunha suposta "bondade", faise inxenuamente a pregunta, que tamén o mal daquel tempo lle facía a Xesús: seica viñeches acabar connosco? Pero nin naquel tempo nin hoxe, quen busca o ben e se esforza por traballar pola xustiza e fai da solidariedade non anuncio publicitario senón esforzo real e concreto, non busca acabar con ninguén senón servir aos máis esquecid@s.

DESDE A ORACIÓN COMUNITARIA

Compartamos agora a nosa oración comunitaria desde os vieiros da igualdades e a sensibilidade dun corazón posto nas persoas e non noutros intereses. E digamos xunt@s.
QUE ACTUEMOS BUSCANDO A XUSTIZA QUE PON ÁS PERSOAS NO CENTRO
ö Para que a Igrexa, a pesares das tentacións dun mundo que a chama a facelo dando as costas ao evanxeo, non renuncie a facerse voz dos sen voz do noso tempo; OREMOS.
QUE ACTUEMOS BUSCANDO A XUSTIZA QUE PON ÁS PERSOAS NO CENTRO
ö Para que nas comunidades cristiás superemos a tentación de facer distinción entre uns e outros, creando grupos que só se senten ben non buscando a xustiza no trato, senón a beneficencia que os fai sentir redentores e non irmáns; OREMOS.
QUE ACTUEMOS BUSCANDO A XUSTIZA QUE PON ÁS PERSOAS NO CENTRO
ö Para que eduquemos, e nos eduquemos, no esforzo, no traballo ben feito, na responsabilidade das accións que realizamos... superando a tentación de vivir na mediocridade do que nos estanca, pero nunca supón saír das zonas de conforto; Oremos.
QUE ACTUEMOS BUSCANDO A XUSTIZA QUE PON ÁS PERSOAS NO CENTRO
Ante Ti e contigo, compartimos, Señor, a nosa oración comunitaria. Remóenos por dentro para que non sintamos nunca vergoña por ser crentes no mundo de hoxe. P.X.N.S. Amén

MIRADA DE ESPERANZA

Quero acoller a quen ven de cerca ou de lonxe,
sexa branco ou negro, que iso nunca me importe.
Quero estar disposto a tender a miña man
a toda a persoa que a necesite.
Quero ser o teu irmán, Señor.
Quero ser realmente irmán de todas as persoas.
Pero eu so non podo.
Axúdame, Señor, dáme o amor que necesito

para poder amar aos demais como ti os amas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...