Ir al contenido principal

4 Domingo Pascua 2018 B

A ledicia do servizo pasa pola capacidade de testemuñar de xeito esperanzado
Descarga o ficheiro


CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Amigos nas penas
  • ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125)
  • LECTURAS: Sede o sal, sede a luz
  • OFERTORIO: Señor da mañá e da tarde (Nº 131)
  • COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 50)

PARA NON PERDER O PASO
        Ser pastores no mundo de hoxe significa ter unha permanente actitude de servizo e dispoñibilidade. Non poñer nin o interese persoal nin carteira por diante do servizo e da actitude de acollida. Xesús dinos no Evanxeo que escoitaremos logo que o pastor é quen de poñer a vida ao servizo do seu rabaño. Francisco no cansa de insistir nesta idea con imaxes e metáforas suxestivas e estimulantes. Que falla entón? A capacidade de acoller esta mensaxe por parte de aqueles que comprometeron a súa vida ao servizo das comunidades, facendo do “full time“ –tempo completo– o sentido da súa vida. Por iso esta mañá queremos rezar como comunidade polos pastores das comunidades cristiás, para que non antepoñan nunca nin a súa comodidade, nin os cartos, tampouco o seu pouco respecto cara ás persoas que traballan, colaboran e participan na vida das comunidades, ao servizo e á dispoñibilidade, onde non medien cartos, das persoas ás que han servir e querer.
CO CORAZÓN FERIDO
(Dentro deste momento do perdón, se así nos parece ben, podemos asperxer á comunidade; expresando con este xesto que a resurrección de Xesús confórmanos co noso bautismo e renóvanos permanentemente).

  • Pola nosa falta de esperanza no día a día da vida; SEÑOR, QUE RESUCITEMOS CONTIGO.
  • Pola perda da alegría que experimentamos na nosa vida; CRISTO, QUE RESUCITEMOS CONTIGO.
  • Polo pouco testemuño convencido que damos da fe que cremos; SEÑOR, QUE RESUCITEMOS CONTIGO.

UNHA PALABRA QUE AGROMA
ü  Testemuño, esperanza e alegría son as tres palabras que mellor expresan e definen o que os seguidores de Xesús entendemos por Pascua. Nelas condénsase toda a riqueza que ao longo destes cincuenta días imos vivindo, compartindo e celebrando. Non son xa que logo, tres palabras recurso ou baleiras de contido; ao contrario, son tres iconas que nos mostran toda a riqueza da pascua cristiá.

Testemuño é o que dan e mostran aqueles seguidores da primeira hora. Os que estiveron á beira e compaña de Xesús. Pero o seu non é un testemuño retórico ou de fórmulas e frases feitas, senón que é o testemuño da vida. Mostran coa súa maneira de comportarse e facer as cousas que, de verdade, a proposta de Xesús, que viran, experimentaran e compartiran callara neles. Non é o seu un cristianismo líquido ou posmoderno que vai adecuando á súa comenencia o Evanxeo, senón que a súa coherencia e seu non querer facer da fe en Xesús puro utilitarismo interesado, lévaos a sufrir incomprensión, persecución e mesmo burla por parte dos que non compartían a súa maneira de ver e entender o sentido da vida. Por iso dan testemuño, sen sentir medo ni ao que dirán ni ao que lles puidera pasar, da resurrección de Xesús. que para eles non era un construto ideolóxico, senón una experiencia que tiñan necesidade de compartir dándoa a coñecer.

Esperanza é a segunda experiencia que os apóstolos viven e senten respecto ao proxecto de Xesús. Esperanza foi o que El lles transmitiu no día a día da súa relación ao longo dos tres anos de vida pública. Pero esperanza era tamén o que guiaba o proxecto do Deus salvador que acolle, acompaña, alenta, perdoa e opta polos desherdados do mundo. Era o cumio, a plenitude que daba razón de ser a todo canto facían e ao xeito de mirar o mundo. Nesa esperanza, desde esa esperanza, que é vida e permanentemente proxecto –a desesperación non debera entrar no proxecto vital dun seguidor de Xesús– está a razón pola que nós hoxe estamos aquí, non só escoitando o que eu agora estou a dicir, senón facendo memoria actualizada da vida de cada un e cada unha de nós para preguntarnos se de verdade é a esperanza a que está sendo motor do noso día a día. Quen non a ten asume o derrotismo, a incapacidade e o fracaso. Se quixeramos equiparar o que supuxo -e ha supor tamén hoxe para nós- a esperanza para os primeiros cristiáns, teriámolo que facer co que hoxe chamamos empoderamento. Os apóstolos empoderaron, foron quen, non se deixaron dominar polo medo nin a ameaza, seguiron para adiante. Fagámolo nós tamén, para que a beleza e fondura do proxecto de Xesús non morra pola nosa falta de ilusión por transmitilo.

Alegría vén sendo a actitude que fai posible e visible as outras dúas. Como escoitamos permanentemente, Francisco, non deixa de antepoñer a alegría a calquera outra actitude para definir a un cristián. Chámanos a non ter cara de vinagre, tampouco de funeral, a non ser burócratas de oficina... persoas, nunha palabra, faltas de alegría. As súas propostas pastorais en forma de documentos escritos por el levan como título a “a alegría do Evanxeo”, “a alegría do amor” e a última, que acaba de saír do prelo, volve insistir nisto ao titulala, “aledádevos e rebulide”. Como vemos logo, a insistencia do papa é a de volver ao espírito da pascua que levou aos apóstolos a perder o medo e a vergoña, para saír e anunciar. Como fixo Xesús e como os enviou a eles. Hoxe ese envío recae sobre nós. Fagámolo testemuñando a alegre esperanza de resurrección!
DESDE A ORACIÓN COMPARTIDA
Poñemos en Deus o noso corazón para rezar xunt@s dicindo:
GRAZAS POR INVITARNOS A DAR TESTEMUÑO
Pola Igrexa, para que non caia na tentación da condena, o malhumor, a tristura e a falta de esperanza ao propoñer a mensaxe de Xesús, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS A DAR TESTEMUÑO
Polas nosas comunidades para que non se deixen vencer pola rutina, e se esforcen por ser alegres, solidarias e con capacidade de perdoar, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS A DAR TESTEMUÑO
Por nós, para que deixemos que no noso corazón latexe a ledicia esperanzada dunha fe que ademais de vivir persoalmente queremos transmitila desde o servizo, a escoita, a acollida e a dispoñibilidade cara aos demais, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS A DAR TESTEMUÑO
Grazas, Señor, por alentar canto hoxe poñemos baixo a forza da túa presenza en nós. P.X.N.S. Amén.
PARA QUE TODOS SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO
Pai, hoxe queremos dar grazas desde a alegría e a esperanza por ter compartido comunitariamente a celebración do día do bo Pastor, Xesús, o teu Fillo.
Grazas por darnos azos para non abandonar ante as dificultades e problemas que cada día imos atopando.
Grazas pola forza coa que nos alentas para non deixar que agromen en nós actitudes de tristeza, desilusión ou desesperanza.
Grazas porque segues a mostrarte ante nós coma o Pai que pon ao noso lado ao Pastor bo que ofrece vida, amor e solidariedade.
Grazas porque a pesares das moitas voces coas que cada día nos atopamos, non deixas que a túa se apague no noso corazón.
Grazas, Pai, porque nas encrucilladas da vida, cando temos que elixir e decidir, sempre estás preto para, acertemos ou non, non deixarnos solos.
Grazas, porque desde a entrega xenerosa da vida convertida en testemuño, móstrasnos ao papa Francisco como referencia desde a que vivir o evanxeo como a ledicia do amor. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...