Ir al contenido principal

2 domingo Nadal 2020

IIº Domingo despois de Nadal

5 de Xaneiro 2020
Grazas por seguir querendo  ser coma nós

Cantos

Entrada.- Non vou só
Lecturas.- Douvos un mandato novo
Ofertorio.- Pan do ceo
Comuñón.- O amor é o meirande 

Mirando as beiras

No camiño da historia de amor de Deus para con nós, imos dando pasos que fan posible que nos encontremos con persoas de distintas experiencias persoais, culturas, realidades sociais, linguas... das que nos separan moitas cousas, pero coas que compartimos unha mesma identidade: a filiación e polo tanto, a fraternidade. Todas e todos somos fillas e fillos de Deus. Que non é un algo afastado e que está lonxe, senón o Alguén que camiña e se nos vai mostrando neste noso camiñar.
    O Evanxeo de hoxe volve mostrarnos esta idea de que a Palabra fíxose coma nós; asumiu a nosa condición de xeito que tamén nós poidamos asumir a súa condición. Neste camiño de reciprocidade na nosa relación  co Deus amor, dispoñámonos a compartir a súa presenza e a agradecer o poder participar plenamente da súa Maternidade – Paternidade ofrecidas e compartidas.

Corazón misericordioso

•    Porque os nosos esquecementos fan que nos vaiamos apartando entre nós.  Señor, renova en nós a fraternidade .
•    Porque a nosa preguiza fainos  persoas cómodas e despreocupadas. Cristo, renova en nós a fraternidade.
•    Porque a diferenza de Ti, cústanos manter a coherencia das nosas conviccións no actuar cotián. Señor, renova en nós a fraternidade.

Palabra encarnada

•    Deus entra na vida de Israel non coma un súper heroe, senón coa sinxeleza de quen quere acompañar procesos e alentar proxectos. Por iso  acompaña ao pobo de Israel na súa andaina de buscar identidade e espazos nos que ser e desenvolverse. Do mesmo xeito, tamén hoxe, continúa nesta mesma tarefa. Pero desta volta non é Israel, somos nós, a comunidade cristiá, sempre en camiño, a que se sente acompañada nos nosos pasos pola súa presenza. Non unha presenza conceptual e  baleira de contido, senón a presenza viva, alegre, esperanzada e verdadeiramente humana: vai no medio de nós, non se afasta. Como acabamos de escoitar, El pon a súa tenda onda a nosa. A súa existencia desenvólvea entre nós,como vimos celebrando nestes días do tempo de Nadal. Non é un Deus de distancias, tampouco dos que se pon de canto para non vernos. El é o Deus que se implica, que non escapada dos problemas e dificultades. El é o Deus que nos treitos da vida faise tamén camiñante ao noso lado, de xeito que nós poidamos tamén camiñar con outras persoas que vemos que non poden avanzar solas. Fíxose d@s nos@s, para que nós nos fixeramos d@s  Del. E nesta frase podemos resumir a grandeza do canto queremos celebrar en Nadal; e desde el, cada día da nosa vida. Porque, nin nós debemos camiñar sos nin tampouco permitamos que o faga quen necesite compaña. Solidariedade, entrega, xustiza, coherencia, tenrura... han ser sempre os nosos pasos.
•    No seu camiñar vainos agarimando coa súa bendición. Para El ninguén lle resulta indiferente nin invisible, ao contrario: tod@s temos nome, identidade, rostro... somos suxeitos e non obxectos a “cousificar”. Desde El, chámasenos, úrxenos, para que tamén poñamos en practica o recoñecemento das persoas como suxeitos; suxeitos que aman, sofren, rin, choran, necesítannos, necesitámolos, téndennos a man, tendémoslla... pero nunca lles damos as costas. Acollamos esta bendición que nos ofrece, sintámonos elixidos , non para ser elite que se aparta e fai da invisibilidade tarefa, senón para ser pobo, persoas, comunidade que asume a vida coma un proceso de cambio e transformación a vivir  todo o humano e de xeito máis humano.
•    Nesta elección polo visible como elemento de identidade do ser cristiáns hoxe no mundo, estamos chamad@s a ser semente de presenza; semente de froito abondoso; semente que enriquece e aporta, que une e acompaña, que denuncia e non cala ante as inxustizas e a desconsideración das persoas; semente de boa colleita solidaria e con capacidade para non deixar  que o xoio do rancor, a violencia, a desigualdade, o abuso... crezan nin nas nosas comunidades cristiás nin na sociedade que , entre tod@s, imos conformando. Sementemos, entón!

Pés no chan e confianza en Deus

    Invítasnos, Señor, a ser semente en cada unha das nosas accións, co agradecemento por confiar en nós, dicimos: Que sementemos encontro e non división.
•    Que a Igrexa, Señor, sexa campo preparado para acoller a túa semente, que nos fai iguais e sen prexuízos, e dar así os mellores froitos .Oremos. Que sementemos encontro e non división.
•    Para que sexamos capaces de facer das nosas comunidades campos nos que sementemos e recollamos os mellores froitos da túa colleita: as persoas e canto as fan felices. Oremos. Que sementemos encontro e non división.
•    Que saibamos acoller, bendicir e acompañar as persoas que no seu proceso da vida, necesitan mans que as axuden a descubrir que Ti non buscas someternos, senón querernos e facernos felices. Oremos. Que sementemos encontro e non división.
Na confianza de que a nosa oración non vai caer en asco roto, dámosche grazas, Señor, por acompañarnos nos noso camiños da vida. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Latexando tenrura no corazón

Grazas por ensinarnos
a vivir coma irmáns.
Grazas por ensinarnos a perdoar
e coidar ás persoas que temos ao redor.
Grazas por ensinarnos como querer,
e darnos o exemplo do amor meirande.
Grazas pola nai que nos deches,
que nos coida e nos acompaña sempre.
Grazas pola túa Palabra
tan clara, tan sinxela e tan chea de vida.
Grazas por invitarnos a seguirte
construíndo un mundo mellor , Casa Común.
Grazas por confiar en nós
e convidarnos a colaborar co teu gran traballo.
Grazas por ensinarnos a sementar
Desde o comunitario e o que busca o ben común.
Grazas, Señor.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...