O AMOR…. VELAÍ O CERNE DA CUESTIÓN CANTO GOZOSO ENTRADA: Todos xuntos (Nº 56) LECTURAS: Amigos nas penas OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) ESCOITA ACTIVA Vivimos nunha sociedade deshumanizada, na que a valía das persoas é proporcional ao rendemento que delas podemos obter. Unha sociedade de descartes, como lle gusta dicir ao papa Francisco. O resultado está á vista: non cremos no que facemos, fáltanos capacidade para a tenrura, poñemos a norma por riba das persoas, contentámonos co cumprimento, esquecemos valores e conviccións... E deste xeito ímonos baleirando por dentro, ímonos insensibilizando, e mesmo desculpamos e adoptamos comportamentos a todas luces inmorais, que escravizan ás persoas. E resulta que chega Xesús e dinos que o amor é a primeira e a única lei.... Que paradoxo, non si?. Prestemos atención á súa palabra e deixemos que vaia renovando e vitalizando a nosa vida, porque se non hai amor, para que serve a lei?... Simplemen...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra