ESQUEMA FÓRA DO TEMPLO SAÚDO PROCLAMACIÓN DA PALABRA (Mc 11, 1-10) BENDICIÓN DOS RAMOS CANTO PROCESIONAL: Ti es camiño e verdade (Nº 57) DENTRO DO TEMPLO ORACION COLECTA ACOLLAMOS A SÚA PALABRA PASANDO A PALABRA POLA NOSA VIDA CREDO AGRADECENDO O CAMIÑAR COMPARTIDOOFERTORIO: Xurdirá (Nº 128) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) AGRADECENDO A FE COMPARTIDA BENDICIÓN Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos. SAÚDO DE QUEN DIRIXE A CELEBRACIÓN O amor de Deus sempre é xeneroso e sen fronteiras. Para achegarnos a El non precisamos nin pasaporte nin carné de identidade, porque as súas mans están sempre abertas e dispostas a acoller e a deixarse sentir con tenrura e agarimo. Desde este amor e esta acollida estamos hoxe aquí fóra para comezar a camiñar cara á Pascua de resurrección. Unha camiñada na que atoparemos dificultades e atrancos; pero tamén alento e compaña a través da presen...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra