Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

2 Pascua 2026 A

  CANDO A FERIDA SE VOLVE LUZ CANTO GOZOSO · ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) · ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 124) · LECTURAS: Xesús é Señor (Nº 16) · OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) · COMUÑÓN: Pan do Ceo (Nº 53) MIRADA AGRADECIDA Ao longo de toda a cincuentena pascual leremos fragmentos do libro dos Feitos dos Apóstolos, que Lucas escribe como continuación do seu evanxeo. Nesta Palabra proclamada iremos descubrindo e refrescando as actitudes e os comportamentos que caracterizaban a aquelas primeiras persoas seguidoras de Xesús. Se cadra é un bo momento e un bo espello para mirarnos nós, comunidades herdeiras e custodias dunha mensaxe, para reflexionar ao respecto de que temos perdido co paso do tempo, con que nos temos contaminado e que é o que temos que mudar para ser máis fieis á mensaxe e ao camiño que Cristo Resucitado nos abriu e nos abre. Neste segundo domingo da Pascua, fálasenos de fraternidade e de solidariedade. Ámbalas dúas son chagas do mundo de ...