O ESPÍRITO VAI CONNOSCO
PÓRTICO
Vivimos nunha sociedade na que á mentira se lle chama diplomacia; á explotación, negocio; á irresponsabilidade, tolerancia; á inxustiza, orde establecida; á arbitrariedade, liberdade; á falla de respecto, sinceridade.
E nós, pola nosa banda, que nos dicimos homes e mulleres cristiáns e cristiás, como nos posicionamos?. Canto tempo perdido en discusións, enfrontamentos, enfados… cando o único que nos di Xesús é: amádevos.
Hoxe a Palabra, unha vez máis, descúbrenos que a fe non é un entretenemento, senón un compromiso que nos ha levar a traballar pola salvación que nos trae Deus desde a proximidade ás persoas. Non lle pechemos os nosos oídos e o noso corazón.
RENUNCIAS
Renuncias a deixarte levar por unha vivencia da fe que che impide ser palabra alentadora para quen o necesita, para acoller o mandado do amor de Xesús, que significa perdoar, comprender e axudar?. SI, RENUNCIO.
Renuncias a non deixarte levar dese pesimismo que nos impide , en demasiadas ocasións, ser testemuñas do que celebramos dentro dos templos cando saímos ás rúas?. SI, RENUNCIO.
Renuncias a vivir baixo mínimos, descoidando a oración como fonte de compromiso, e pensando que coas túas forzas e cualidades serás capaz de transformarte e de ser unha verdadeira testemuña. SÍ, RENUNCIO.
REMUÍÑO
A CIDADE ENCHEUSE DE ALEGRÍA: Unha das características daqueles primeiros crentes en Xesús, e que se nos vai mostrando ao longo dos textos que proclamamos durante a pascua, é a súa alegría. Si, a pesares das moitas dificultades e incomprensións ás que se vían sometidos, eles non perdían nunca a alegría. Con alegría celebran e comparten o que os une, desde a alegría son capaces de ir desenmarañando as dificultades; é esa mesma alegría a que os move a perder os seus medos e a estar en diálogo co mundo no que viven, sen buscar enfrontamentos nin situándose en oposición a el, senón tratando de tender pontes nos que poidan atoparse e achegarse uns a outros, buscando sempre que os entendan. E nisto non van sos, o Espírito vai con eles, senten a súa presenza e a súa forza. Por que a nós nos custa tanto!
ESTADE SEMPRE DISPOSTOS A RESPONDER A TODO AQUEL QUE VOS PIDA RAZÓN DA ESPERANZA QUE LEVADES DENTRO. PERO RESPONDEDE CON BO XEITO E CON RESPECTO: Somente quen está verdadeiramente convencido de que non camiña soo, é capaz de conseguir retos, por moi difíciles que estes sexan. E o primeiro deles é saber dar razón da esperanza que anima as nosas vidas, saber que a resurrección de Xesús non é algo nin do pasado nin unha invención para alimentar a vida diante dos fracasos e frustracións.Non, a esperanza cristiá é acoller, de xeito verdadeiramente convencido, que Cristo ábrenos un camiño novo, diferente, distinto no que nos invita a camiñar, no que nos vai tendendo a man, no que o letreiro nos indica que ao final El tamén vai estar para recibirnos e abrirnos a porta. E desde esa esperanza a vida ímola vendo de xeito diferente, e nesa diferenza aprendemos –temos que ser testemuñas- a dar razón do que cremos, do que celebramos do que e por que facemos as cousas; que ao mellor non se diferenzan no xeito de levalas a cabo daqueles que non teñen nin as nosas conviccións nin o nosos proxecto de vida. Pero si que somos capaces de descubrir quen é o que as motiva, o que nos move e empurra a facer esas cousas e a estar alí onde outros, por comodidades, ou por refuxiarse dentro dos templos, onde todo é máis doado, non quixeron estar. E todo isto sempre somos invitados a facelo con respecto e de bo xeito. Facémolo así?. Canto teríamos que aprender tod@s na Igrexa desta Palabra que hoxe se nos proclama. Mesmo aqueles que dentro da Igrexa teñen/mos a misión de servila: Papa, Bispos, Curas...!
NON VOS DEIXAREI ORFOS: Neste camiño ao que se nos invita na Palabra de hoxe, a Salvación que Cristo nos trae e que nos pide anunciala coa nosa vida no medio do mundo, é un camiño no que non nos imos atopar sos. El non quere deixarnos orfos, desamparados, ao pairo; ao contrario, vai facer o camiño ao noso carón, porque sabe da dificultade da tarefa. O Espírito vai connosco, danos vida e fortalece a nosa oración para que non sexa desencarnada. Para que deixe de lado a palabrería e escoite a voz do Señor, facéndoa vida. Deixemos que vaia e sexa o noso compañeiro de viaxe, abrámonos ao vento da súa presenza, escoitemos o zoar da súa acción!. Non lle pechemos nin os ollos nin os oídos. El está e fálanos. Hoxe, sexto domingo de pascua, no que celebramos a xornada do enfermo, preséntasenos unha boa oportunidade para facer do amor a razón que nos mova a estar preto dos que dun xeito ou de outro sofren a enfermidade.
CREDO PASCUAL
Creo no Resucitado,
no Señor da Vida, en Xesús de Nazaré,
carpinteiro sinxelo, home do pobo,
predicador itinerante, compañeiro de camiño.
Creo no Resucitado,
o fillo de María,
quen fixo vida as súas palabras do Magnificat,
porque levou a Boa Nova aos pobres e aos excluídos.
Creo no Resucitado,
Señor da comunidade,
quen para ensinar o amor de Deus
chamou a discípulos para compartir a súa vida.
Creo no Resucitado,
no que camiñou polas vilas de Palestina,
no que andou polas ribeiras do lago,
no que se mesturou coa xente do pobo
para mostrar coa súa vida
que Deus non se esquece das persoas,
senón que coñece o sufrimento
e quere a liberación e a xustiza.
Creo no Resucitado,
no que se ocupou dos que sofren,
no que se compadeceu dos enfermos,
no que se achegou aos marxinados,
para ensinarnos que o Deus da Vida
nace entre os pobres deste mundo.
Creo no Resucitado,
no que se animou a presentar a un Deus Vivo,
no que denunciou os ritos baleiros e as leis hipócritas,
no que falou con palabras sinxelas
para ensinarnos que o importante é vivir o que Deus nos propón.
Creo no Resucitado,
no que entregou a vida,
no que cargou coa cruz,
no que viviu o conflito, a incomprensión
e a persecución por ser fiel,
no que nos ensinou que a Deus
coñecémolo se facemos a súa vontade.
Creo en Xesús,
no que viviu como Deus quere que vivamos todas as persoas.
Creo no Resucitado,
que nos chama a seguir os seus pasos
para facer da nosa vida
unha Pascua para os demais,
un paso do Señor para todas as persoas,
un signo de que a vida é sempre máis forte
que toda a morte que a nosa sociedade xera.
Creo en Xesús
porque quero vivir coma El.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Na festa da comunidade viva e vivificadora, e sentindo a presenza do Espírito animando a nosa vida, nas dificultades e tamén nas ledicias, poñemos a carón do Señor canto nos fai sentir verdadeiramente seguidores seus, e dicímoslle:
QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN
Pola Igrexa, para que seguindo os vieiros de Xesús saiba abrir as súas portas a todas as persoas, propondo e non impondo; presentando e non obrigando; testemuñando e non afastando; e tendo sempre como cinguidor do seu ser e do seu actuar o amor e o respecto, OREMOS.
QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN
Para que nas nosas comunidades nos deixemos levar polo sopro do Espírito e non teñamos nunca medo a colaborar en todo canto supoña poder levar paz, felicidade, tenrura, agarimo, sorriso, esperanza, ánimo e confianza, a aquelas persoas que se senten en especiais dificultades, OREMOS.
QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN
Hoxe recordamos dun xeito especial a todos os que sofren calquera tipo de enfermidade e a aquelas persoas que dun xeito ou doutro os acompañan: familiares, médic@s, enfermeir@s, celador@s, capeláns….para que nunca perdan a ilusión, a responsabilidade e o compromiso que lles leva a poñer cara e corazón a cada paciente, OREMOS.
QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN
Por nós mesmos, para que non teñamos medo ao que o Señor nos pide e sexamos quen de amor sen condicións, sen buscar compensacións e ante todo, mostremos o amor de Xesús as persoas, OREMOS.
QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN
Grazas por non deixar que o desalento, o individualismo nin o fanatismo aniñen no nosos corazóns. PXNS. Amén.
REFLEXIÓN
ESPÍRITO QUE RENOVAS A IGREXA
Señor, axúdanos a comprender que o Espírito Santo
é a novidade que opera no mundo.
Sen Él, Deus é lonxano; Cristo queda no pasado;
o Evanxeo é unha letra morta; a Igrexa unha simple organización,
a autoridade, unha dominación; a misión, pura propaganda,
o culto, un arcaísmo; e o obrar cristiá un obrar de escravos.
Pero co Espírito Santo,
o cosmos está axitado e xeme no parto do Reino,
Cristo Resucitado faise presente,
o Evanxeo faise potencia e vida,
a Igrexa realiza a Comuñón Trinitaria,
a autoridade transfórmase en servizo,
a liturxia en memoria e anticipación,
e o actuar das persoas ven divinizado.
Amén.
CANTOS
Entrada.- Bendito , Xesús resucitado
Gloria.- Gloria a Deus, gloria ao Pai...
Lecturas.- Cantádelle ao Señor, unha cantiga nova
Ofertorio.- Acharte presente
Comuñón.- O amor é o meirande.

Comentarios