Ir al contenido principal

IV DOMINGO DA PASCUA

XESÚS É O BO PASTOR….

POIS FALEMOS DOS PASTORES!!!!!!

PÓRTICO

A sociedade tende a converterse e a converternos nunha masa cada vez máis anónima, deixándonos profundamente insatisfeit@s: non somos amad@s por nós mesmos, somos unha simple cifra na clase, no traballo, na seguridade social…Non existe relación humana.

Porén, a Igrexa, a comunidade cristiá, non é unha masa de xente anónima, manexada por un líder lonxano; senón que é un pobo, unha familia, na que as relacións con Deus e duns cos outros teñen que ser persoais para que sexan verdadeiras.

Xesús valóranos, ámanos e libéranos a cada un e a cada unha de nós da nosa soidade e do noso individualismo. Que a celebración que agora comezamos nos axude a poñernos en disposición de escoitar a voz do que nos chama polo noso nome.

O PERDÓN

Renuncias a vivir dos demais, utilizándoos, menosprezándoos, aproveitándote deles e pisoteando a súa dignidade de persoas?. SI, RENUNCIO.

Renuncias a ser borrego, deixándote levar polo que di, pensa ou fai a maioría, para converterte en persoa adulta, libre, crítica e coherente?. SI, RENUNCIO.

Renuncias a pechar os teus oídos e o teu corazón á Palabra do Señor, que te chama polo teu nome?.SI, RENUNCIO.

REMUÍÑO

O cuarto domingo da Pascua é tradicionalmente coñecido coma o do Bo Pastor, xa que a liturxia de hoxe preséntanos a Cristo coma Aquel que coñece e recoñece ao seu rabaño. Tradicionalmente tamén este domingo acordámonos daquelas persoas que dentro da nosa Igrexa foron escollidos, como representantes de Cristo, no medio das comunidades. Inevitablemente tamén, falar de pastores condúcenos a falar da escaseza de vocacións.

É un feito innegable que cada vez hai menos pastores, alomenos daqueles curtidos polo frío e polo sol, en harmonía coa natureza e as súas cousas, hábiles para ler os sinais dos tempos, para rastrear os mellores pastos… Pastores sempre coidadores fieis do rabaño, preocupados polas súas ovellas, vixiantes ante calquera perigo, defensores das súas vidas, sensibles ao que nace, ao que moitos dan por perdid@, ao que está a piques de morrer. En definitiva, cada vez hai menos pastores que entenden que o seu ministerio só se define mediante unha sinxela palabra. SERVIZO.

Se botamos unha ollada ao noso redor, aos que na actualidade na nosa Igrexa exercen o ministerio de pastores, decatarémonos que hai perfís de pastores que non responden ao que os textos da Palabra nos presentan hoxe. Para algúns deles, cuestións de ortodoxia, ritualismos, fidelidades á letra…. Son moito máis importantes que a dispoñibilidade, entrega, capacidade de acollida, escoita... Convertéronse moitas veces en estraños.O que leva a que diante da voz dos estraños a xente fuxa, pois non recoñece neles aos pastores dos que nos fala o Evanxeo de hoxe.

Claro que, tamén, ao lado do perfil anterior, hai outros pastores, mesmo Bispos, que gozan súa misión de servizo, que saben acompañar as ledicias e tristuras dos membros das comunidades nas que serven; verdadeiros guías que animan e conducen ao pobo cara aos pastos que son de Cristo, como non.

Por iso é certo, fan falla pastores. Urxentemente. Pastores que busquen e coiden aos perdidos, sos, angustiados, desorientados…. non para condenalos, senón para manifestarlles que son os preferidos do Deus Amor; pastores que loiten contra os lobos e voitres poderosos (que ao mellor son pseudopastores) que se aproveitan dos máis febles no nome de Deus; pastores que griten e denuncien, sen acomodarse; pastores xenerosos e entregados e non funcionarios a soldo da fe; pastores que amen ás persoas das súas comunidades, que as coñezan e se preocupen polas súas tristuras e ledicias; pastores que non se refuxien na seguridade dos templos, senón que traballen solidaria e comprometidamente nos ámbitos no que o relixioso estea ausente ou non sexa ben recibido; pastores que non vexan nos seus fregues@s borreguiñ@s, senón que valoren e propicien a corresponsabilidade da que nos falou o único Pastor. Nunha palabra, precisamos pastores que vivindo humanamente o seu ministerio, saiban transmitir esa humanidade aos demais. Pero para iso, porque tamén se senten febles, necesitan da nosa oración, da nosa cercanía e alento. Non llelo neguemos.

CREDO PASCUAL

Creo no Resucitado,

no Señor da Vida, en Xesús de Nazaré,

carpinteiro sinxelo, home do pobo,

predicador itinerante, compañeiro de camiño.

Creo no Resucitado,

o fillo de María,

quen fixo vida as súas palabras do Magnificat,

porque levou a Boa Nova aos pobres e aos excluídos.

Creo no Resucitado,

Señor da comunidade,

quen para ensinar o amor de Deus

chamou a discípulos para compartir a súa vida.

Creo no Resucitado,

no que camiñou polas vilas de Palestina,

no que andou polas ribeiras do lago,

no que se mesturou coa xente do pobo

para mostrar coa súa vida

que Deus non se esquece das persoas,

senón que coñece o sufrimento

e quere a liberación e a xustiza.

Creo no Resucitado,

no que se ocupou dos que sofren,

no que se compadeceu dos enfermos,

no que se achegou aos marxinados,

para ensinarnos que o Deus da Vida

nace entre os pobres deste mundo.

Creo no Resucitado,

no que se animou a presentar a un Deus Vivo,

no que denunciou os ritos baleiros e as leis hipócritas,

no que falou con palabras sinxelas

para ensinarnos que o importante é vivir o que Deus nos propón.

Creo no Resucitado,

no que entregou a vida,

no que cargou coa cruz,

no que viviu o conflito, a incomprensión

e a persecución por ser fiel,

no que nos ensinou que a Deus

coñecémolo se facemos a súa vontade.

Creo en Xesús,

no que viviu como Deus quere que vivamos todas as persoas.

Creo no Resucitado,

que nos chama a seguir os seus pasos

para facer da nosa vida

unha Pascua para os demais,

un paso do Señor para todas as persoas,

un signo de que a vida é sempre máis forte

que toda a morte que a nosa sociedade xera.

Creo en Xesús

porque quero vivir coma El.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Diante de Cristo, único Pastor, presentamos agora a nosa oración comunitaria dicindo xunt@s:

QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN

Pola Igrexa, especialmente polos que nela exercen o ministerio de pastores, para que ilusionen, animen e estimulen o traballo de tanta e tanta xente que dentro das comunidades traballa para facer presente o Reino de Deus na nosa sociedade, OREMOS.

QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN

Polas nosas comunidades, para que sentíndonos e sabéndonos chamad@s polo Señor, sexamos conscientes de que na Igrexa tod@s somos protagonistas e corresponsables, cada un desde a nosa vocación, OREMOS.

QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN

Por cada un e cada unha de nós, para que atopemos na nosa fe o motor das nosas actuacións, sabendo acariñar e acubillar a aqueles que máis sofren: @s nen@s utilizad@s, @s vell@s, @s enferm@, @ inmigrantes, @s parad@s.... OREMOS.

QUE VIVAMOS NA ESPERANZA A RESURRECCIÓN

Guía a nosa vida coa túa voz para que camiñemos como pobo no servizo común e no amor aos máis necesitad@s. PXNS. Amén.

REFLEXIÓN

O Señor é o meu pastor: nada me falta.

Os pastos verdescentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

CANTOS

Entrada.- Bendito , Xesús resucitado

Gloria.- Gloria a Deus, gloria ao Pai...

Lecturas.- Cantádelle ao Señor, unha cantiga nova

Ofertorio.- Acharte presente

Comuñón.- O amor é o meirande.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...