Mansos e humildes, pero non domesticados “ Hai que facer discípulos, non prosélitos... non basta que deas o Evanxeo, has de abrir coa túa vida a paixón por comelo” (P. Casaldáliga) Pórtico Estamos nunha sociedade cada vez máis tecnificada, chea de electrodomésticos e de aparellos electrónicos, na época do móbil, de internet, do ordenador... Pero tamén é a sociedade da soidade, do individualismo. O comunitario, a colaboración, o traballo de todos decaeu e tamén o diálogo sereno e pausado. Só falamos o imprescindible, o xusto,... canta soidade xeramos, canta frustración... Por iso, un novo domingo somos alentad@s a dispor o corazón para acoller a Palabra proclamada e levala á nosa vida. Fagámolo con humildade e mansedume, vivámola coa alegría da comuñón esperanzada. Perdón Por non confiar en Ti para poder aprender da túa gratuidade, SEÑOR, ALENTA O NOSO CAMIÑAR. Por non ser capaz de levar a forza da túa bendición a quen se sente angustiado e sen esperanza, CRISTO, ALENTA ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra