SUPERANDO O EFECTO GASOSA: XESÚS CHAMA AO SEGUIMENTO, NON SE QUEDA NO EFÉMERO DA EUFORIA Pórtico Día a día vaise impondo no noso xeito de pensar e facer as cousas a idea de que todo é efémero, de que as cousas son para o aquí e agora e nada máis. E a forza de ilo repetindo e escoitando unha e outra vez, acabamos por crelo. A consecuencia deste xeito de pensar e actuar é clara: nada vale nada, aos demais sempre podemos utilizalos para os nosos intereses, non importa ter valores, principios ou horizontes na vida, para que?. Vivamos ao día, vivamos a tope, non nos preocupemos nin dos outros nin do que pasa ao noso lado. Total, para que, se todo dura nada e vale menos?. Deste xeito, o efecto gasosa –moita forza pero para pouco tempo– non só se vai impoñendo na percepción da realidade, senón que o futuro nin nos importa nin o esperamos. E tan así é a cousa que as consecuencias estámolas a vivir cada día: as persoas...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra