ACOLLER E AMAR: DÚAS ACTITUDES QUE MOSTRAN A PRESENZA DO ROSTRO DE XESÚS ENTRE NÓS EN TEMPOS DE INCERTEZA E DESAMOR PÓRTICO O amor fainos sentir iguais, preto, preocupados, dispostos e sempre solidarios para cos demais. Entendemos entón por que para Xesús o amor é fonte e cumio da súa vida e da dos que o seguen. Moitas veces cantamos nas celebracións que na tardiña baixa da nosa vida, o único exame que imos pasar é o do amor; nel mostraremos se verdadeiramente temos tomado en serio a invitación de Xesús de amarnos uns aos outros. Desde este amor, sen límite e sempre comprensivo e misericordioso, invítasenos hoxe a achegarnos á mesa do altar para compartir a celebración na que Xesús se nos mostra na Palabra proclamada e no pan e viño da mesa da fraternidade. Que poñamos como guieiro e tarefa da nosa vida o amor, que unha vez acadada nos mostra o rostro de quen amou ata ser capaz de dar a vida en totalidade. O PERDÓN · Porque nos...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra