Nin os cantos de serea dos redentores da nada, nin as traxedias dos profetas de calamidades. Deus quéntanos o corazón pasando por "un de tantos" Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) OFERTORIO: Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 33) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA Ao noso redor -quizais tamén a nós nos pasa o mesmo- hai moita xente chea de medos. Algúns destes medos responden a situacións reais, pero moitos outros son puras suxestións e imaxinacións. Isto fai que as persoas se volvan inseguras e desconfiadas, porque o medo, como o falar, non ten cancelas. Avanza, a cada vez máis, levando por diante todo canto topa: a estabilidade familiar, a fidelidade da parella, a solidariedade dos compañeiros de traballo, a colaboración cos veciños... e tamén as conviccións relixiosas. Si, porque cando o medo se instala na vida dunha persoa, nada hai, nin sequera Deus, qu...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra