Domingo de Pentecoste 2017
Descarga o ficheiroFronte ao medo e as portas pechadas dos discípulos, poñamos nós confianza e capacidade de acollida
Cantos
Entrada.- Que ledicia miña ( 4 )
Lecturas.- Manda, o teu Espírito ( 126 )
Ofertorio.- Non vou so ( 60 )
Comuñón.-
Gracias, Señor ( 50 )
Escoita activa
O medo so aporta desconfianza e
inseguridade. Contra isto loitou constantemente Xesús. Por esta loita foi pola
que se celebrou aló polos anos sesenta do século pasado o Concilio Vaticano II;
contra isto, día tras día non deixa de loitar, por medio da palabra e o
testemuño persoal o papa Francisco. Non deixemos logo que o medo e a inseguridade
cubran de tristura ennegrecida a nosa experiencia de fe, o sentido comunitario
e a capacidade de achegarse e dialogar con quen pensa distinto ou ten outro
xeito de entende-la construción do mundo. Só unha cousa nos ha levar a non
colaborar: a violencia,a falta de respecto, a dúbida ante a igualdade que
compartimos e a dignidade que nos fai a tod@s humanos. A partir de aí todo é
peixe, de formas e clases distintas, que cae na rede para poder alimentarnos da
rica experiencia humana que nos complementa en reciprocidade e nos fai saír dos
noso medos e inseguridades.
Corazón misericordioso
·
Polos medos, as
inseguridades e a falta de confianza. Señor,lévanos
sempre da túa man.
·
Polos esquecementos, as
rutinas e a falta de ilusión.. Cristo,lévanos
sempre da túa man.
·
Polo individualismo e a
a negación da vida de comunidade. Señor,lévanos
sempre da túa man.
Palabra acollida
·
Unha das cousas que máis chama a atención da
primeira comunidade de cristiáns é a súa capacidade de ir xerando relación comunitaria.
De non ir cada quen por libre e ao seu
aire. Na lectura que acabamos de escoitar
hoxe mesmo, incídese sobre este feito. O que nos pode axudar a que cada
un de nós nos preguntemos se ese é o xeito que nos temos de vivir a fe e de
sentírmonos cristiáns neste século XXI. E fronte a tendencia da sociedade, cada
vez maior, de ir xerando actitudes individuais e egoístas, nós somos capaces de
poñer colaboración, capacidade comunicativa, dimensión comunitaria, compromiso
social... porque se non somos nin
actuamos de xeito comunitario, que podemos aportar ao seguimento de Xesús? El
non deixou de insistir na importancia de sentírmonos unidos e dispostos a
construír comuñón entre nós e cos demais. Por iso, neste domingo de Pentecostes,
domingo no que a forza do Espírito quere deixarse sentir entre nós, que mellor
que deixarnos guiar polo sopro renovador e esperanzado que o Espírito nos trae
para non renunciar endexamais a ser construtores do reinado de Xesús desde a
nosa experiencia comunitaria; na que o eu
integre ao tu e xuntos sexamos capaces de facer nós.O nós que sendo
plural e poliédrico, non nos enfronta senón que nos complementa. So sabendo
respectar, escoitar colaborar nesta
pluralidade seremos capaces de reflectir que a Igrexa non é unha estrutura de
pasado nin tampouco un escenario de revanchas e enfrontamentos. Iso que non
cansa de manifestar continuamente o papa Francisco cando, dirixíndose a nós, os
cristiáns afirma que non han ser as ansias de quedar ben, medrar en poder, ser
autoridade para impoñer aos demais ou grupo que fai da fe folclore e non
compromiso cos empobrecidos e descarreirados do mundo do que formamos parte. A
forza do espírito non está no poder senón no servizo. E este ha ser sempre o
camiño. Que mellor que lembralo e poñelo en practica desde a festa que hoxe
celebramos: a pluralidade dunha fe na que o seguimento de Cristo, e non outras
cousas é o que nos une e alenta.
·
E nesta plural diversidade cada un de nós temos
a misión, por medio da nosa vida, do quefacer cotián, de ir mostrando que de
verdade a palabra de Xesús é guieiro que vai marcando o camiño que percorremos.
Un vieiro ao longo do cal nos imos atopando con
xente de credos, culturas, ideas ou filosofías diferentes, pero aos que
sempre podemos achegarnos para comprender e ofrecer. Comprender o que din e
ofrecen; ofrecer o que a nós nos guía, alenta e ilusiona, que non ha ser outra
cousas máis que o seguimento de Xesús. De aí que, como Paulo dicía aos
corintios, e tamén nos di a nós hoxe: na diversidade está a riqueza, a
reciprocidade a complementariedade que nos da a coñecer uns aos outros e aparta
de nós a tentación de formarnos ideas equivocadas polo que oímos, nos dixeron
ou contaron, pero das que nós non temos sido testemuñas. Deixar de enrocarnos e
abrirnos máis alá do que temos visto e
oído sempre, é o que fai que a presenza do espírito sexa cada vez máis
necesaria e fundamental na Igrexa. Pois na diversidade, que non esparrama senón
enriquece, está El.
·
Por iso é hoxe o día
de perde-lo medo, como fixeron os apóstolos,e non quedar dentro coas portas
pechadas, senón de saír e con xeito respectuoso e ledo transmitamos coa nosa
maneira de face-las cousas que ser cristián paga a pena.Que Xesús non é unha
pantasma do pasado, senón que foi quen de non calar ante a inxustiza e tamén
nos chama a nós a facer da Igrexa unha experiencia de portas abertas onde se
acolla e nunca se exclúa. Pero para que iso poida ser, necesitamos que nós
comecemos desde xa a actuar.
Oración compartida
Porque Deus non é un Deus morto, senón que se mostra, presente e activo,
no noso actuar e na capacidade que nós teñamos de recoñecelo no rostro dos
demais, dicimos xunt@s: que acompañados do Espírito, te recoñezamos no
rostro dos irm@ns.
· Para que sexamos unha verdadeira Igrexa: comunidade, pluralidade, acompañamento, xenerosidade e
sempre disposta a acoller. Oremos. Que acompañados do Espírito, te
recoñezamos no rostro dos irm@ns.
· Para que nos nosas parroquias, nos esforcemos por romper as rutinas
poñendo os ollos, os oídos e as mans, non tanto en mirar ao pasado.No que foi;
canto no presente e no futuro: o que ten que ser e ha ser. Oremos.. Que
acompañados do Espírito, te recoñezamos no rostro dos irm@ns.
· Para que acollendo a forza do Espírito, que nos chega chamándonos a non
ter medo ,a poñer en marcha accións que nos fagan referentes de coherencia no
actuar convencido e xusto,fagamos da fe compromiso que nos leve e entendernos e
non a enfrontarnos cos que non a teñen. Oremos.
Que acompañados do Espírito, te recoñezamos no rostro dos irm@ns.
Grazas, Señor,
por este recuncho de oración comunitaria que nos fai poñer o noso pensamento e
o noso corazón na busca de canto une e achega, deixándonos guiar sempre pola
presenza do Espírito.Amén.
Mirada diferenciada
Porque Non nos das as
costas nin te afastas de nós.
Grazas pola presenza do
Espírito!
Porque
nos buscas inda que nós nos teñamos ido lonxe.
Grazas pola presenza do
Espírito!
Porque os nosos medos
superan a nosa confianza en Ti.
Grazas pola presenza do
Espírito!
Porque o afán de loita
poñémolo moitas veces por riba das ganas de reconciliarnos e pedir perdón.
Grazas pola presenza do
Espírito!
Porque inda que te
chamamos moitas veces Pai, non sabemos comportarnos coma fillos.
Grazas pola presenza do
Espírito!
Porque namentres Ti nos
abres as portas, nós estamos empeñados en pechalas e practica-la exclusión cos
irm@ns.
Grazas pola presenza do
Espírito!
Porque
nos queres, inda que nós no acabemos de saber por que.
Grazas pola presenza do
Espírito!
Comentarios