Ir al contenido principal

5 domingo Pascua 2017


GRAZAS, SEÑOR, POR NON TERES RESERVADO O DEREITO DE ADMISIÓN!
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO

ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10)
LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15)
OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118)
COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)

ESCOITA ACTIVA

Moitas veces na nosa vida crémonos cristiáns “con denominación de orixe”, é dicir, cristiáns auténticos, con privilexios, porque desde sempre cumprimos cunhas prácticas relixiosas, aínda que as máis das veces, é certo, non comprometemos nelas a nosa vida. E desde ese sermos “cristiáns con pedriguí”, crémonos co dereito a xulgar, criticar ou condenar aos que se senten chamados por Deus máis tarde, aos que inculturan a súa mensaxe dun xeito diferente ao noso ou a aqueles que, poñendo a persoa coma orixe, centro e meta das súas accións, traen novas ideas, e abren novas fiestras para que se renove o aire.
Coma os de Emaús: Que torpes somos en comprender!!!!!!!!!!!!!!!!!!. Hoxe Xesús no evanxeo volveranos dicir que na súa casa hai un cuarto para cada persoa: máis soleados e con cheminea para os que teñen frío, máis fresquiño para os calorosos, con moito colorido para os creativos, máis sobrios para os serios, empapelados, pintados...
Só cómpre unha cousa: fiármonos del e.... amar, a tempo e a destempo, a todos e a todas. Que esta celebración pascual que agora comezamos nos axude a encamiñar a nosa vida para ir decorando o noso cuarto.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

*      Porque coa nosa boca pequena dicimos que nos fiamos completamente de Ti, pero logo seguimos poñéndolle unha candea tamén ao demo, non vaia ser o conto....; SEÑOR, ÁBRENOS A TÚA PORTA.
*      Pola nosa falta de confianza nas persoas, que nos fai insensibles e moitas veces mesmo inhumanos diante dos seus problemas, negándonos a darlle novas oportunidades; CRISTO, ÁBRENOS A TÚA PORTA.
*      Porque moitas veces dicimos que amamos aos demais, cando o certo é que só nos amamos a nós mesmos, e só buscamos o noso propio proveito, SEÑOR, ÁBRENOS A TÚA PORTA.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

E NO CENTRO, AGORA E SEMPRE, O SERVIZO E O AMOR: O Libro dos Feitos dos Apóstolos que relemos neste tempo pascual, ten que ser para cada un e cada unha de nós unha chamada a saber redefinir as nosas coordenadas de fe: onde estamos e onde queremos chegar. Porque son moitas as ocasións nas que perdemos o rumbo e afogamos a frescura dunha mensaxe liberadora nunha manchea de obrigas e de cultos baleiros e sen sentido que, as máis das veces, en vez de producirnos liberación, ledicia e serenidade, só conseguen agoniarnos e converternos en meros “monicreques“ de repetición. Así, canto tempo perdido en discusións, enfrontamentos, enfados... cando o único que nos día Xesús é: “querédevos“. Pois ben desde esa primeira lectura á que facemos referencia, hoxe descubrimos como as diferenzas (que, grazas a Deus, sempre as houbo, as hai e as haberá, pois non esquezamos que son froito do Espírito) nas primeiras comunidades van tendo resposta desde a escoita, o diálogo, o querer entenderse, nunca desde a imposición e o ordeno e mando. Ai, que tempos aqueles!!!!!!!!!. E ademais, dános outra pista moi interesante que moitas veces esquecemos: a salvación de Deus pasa pola salvación das persoas; por iso non descoidan a atención e o coidado dos máis empobrecidos e dos últimos da comunidade. Para eles a fe non é un entretemento nin tampouco algo puramente espiritual, senón que a vivencia da fe lévaos ao compromiso, ou dito doutro xeito, eran quen de mirar en abano e de traballar en rede. Podemos dicir nós o mesmo?.
UN AMOR QUE É SOLIDARIEDADE E CONFIANZA EN DEUS E NOS DEMAIS: Porque non nos enganemos: unha comunidade que só mira para dentro de si mesma e non é capaz de concretar o compromiso de servizo e entrega aos pobres, é unha comunidade inmadura e infantil. De que nos vale rezar moito e con moita pulcritude, sen que ninguén nos moleste, non vaia ser..., se despois falamos mal uns dos outros, non cumprimos responsablemente coas nosas tarefas laborais, endurecemos o corazón diante do que sufre, somos incapaces de compartir con quen non ten, nos mostramos insensibles diante de quen o está a pasar mal ou non estamos dispostos a mover nin un só dedo para axudar a quen precisa de nós?. Desenganémonos: unha comunidade que non descubre que a solidariedade é un dos cimentos da fe e da Igrexa, é unha comunidade que non pode levar con dignidade o nome de cristiá. A solidariedade ten que ser a pedra angular do noso actuar, do noso sentirnos e descubrirnos cristiáns.
E porque sabemos que paga a pena fiarnos, cómpre que escoitemos ben o que o Señor nos di: que non nos agoniemos, hai cuartos para todos.... Cuartos, que non sotos.....Ufffffffffffffffffff!. Cantos esquemas se rompen!!!!!!!!!!!!!!!!!. Algúns dos nosos pastores, si, daqueles que nos ocuparon o domingo pasado, pasan a vida asustando aos rabaños coa condenación, con sotos cheos de lume nos que arderán os “inxustos” (por suposto os que non pensan, rezan e cren coma eles)... e mesmo se cren co dereito de criticar ao papa Francisco por facer da misericordia a folla de ruta da Igrexa, na liña do que hoxe escoitamos no Evanxeo: o Señor di que el é camiño, verdade e vida e que na súa casa hai sitio para todos.....................Lo más!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. Que aprendamos del a ser persoas incluíntes, nunca excluíntes.

FRATERNIDADE ORANTE

Porque Deus nos acolle na súa casa, abríndonos a porta e invitándonos a pasar, dicímoslle:
GRAZAS POR INVITARNOS Á TÚA CASA
·      Para que a Igrexa, tal e como insiste unha e outra vez o papa Francisco, teña sempre as portas abertas a todas persoas, pois a misericordia de Deus é máis grande que as burocracias humanas, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS Á TÚA CASA
·      Para que nas nosas comunidades non nos preocupemos tanto polo pouco número que somos e poñamos máis esforzo na nosa principal tarefa: ser diante do mundo testemuñas do Deus amor, acollendo, perdoando, comprendendo... tamén a quen non pensa coma nós, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS Á TÚA CASA
·      Para que cada un e cada unha de nós, que estamos aquí celebrando a túa resurrección, poñamos toda a nosa confianza en Ti, seguros de que nos darás a forza que nos leve a converter Palabra e Pan en compañía para quen está só, voz para quen enmudece e xustiza para quen se sente maltratado e incomprendido, OREMOS.
GRAZAS POR INVITARNOS Á TÚA CASA
Grazas, Señor, por querer facer da nosa vida un camiño de humanidade no que ninguén se sinta nin excluído nin maltratado. P.X.N.S.

MIRADA ESPERANZADA

Ti ofréceslle a túa casa labrega
a toda a xente que camiña ao pairo polos camiños da vida.
Ti es amigo de acoller sen preguntar,
ofrecendo primeiro a calor da túa aperta,
a tenrura da túa amizade
e o alimento do teu amor.
Canto temos que aprender de ti!!!!!!!!!!!!.
Ti reservas un cuarto para cada persoa,
respectando o noso ser e as nosas teimas,
prezando a nosa voz e a nosa decisión,
provocando sempre a nosa responsabilidade.
Ti gardas sempre o sitio mellor,
o máis tranquilo, o que está mellor amoblado
para a persoa máis pobre e pequena,
para quen está máis marcada pola vida.
Canto temos que aprender de ti!!!!!
Ti lémbrasnos cada día
a infinidade de persoas que temos no mundo
orfas de casa e pan,
orfas de presente e de porvir,
mentres o teu soño primeiro
foi un fogar amplo, quentiño e común
no que poidamos vivir a ledicia da irmandade.
Canto temos que aprender de ti!!!!!!!!!!!!!
Ti non quedas parado.
Reclamas a nosa colaboración
para esta tarefa, sublime e elemental,
de darlle a cada persoa un cuarto
nesa casa grande, na túa casa labrega,
que é a humanidade.
Canto temos que aprender de ti!!!!!.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...