O TEU COMPROMISO MELLORA O MUNDO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa da Eucaristía que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Cristo faise presente para dicirnos que, do mesmo xeito que El se doa, tamén nós estamos chamadas e chamados a doarnos na entrega xenerosa cara aos demais. É entón festa incluínte que nos iguala a todas as persoas ao redor dun sinal sinxelo, á vez que claro: o pan enchoupado da miga da nosa entrega e xenerosidade para facer que o mundo sexa casa común onde a mesa sexa de tod@s e ninguén sexa excluído. Un sinal que está en total contradición co xeito que teñen de actuar e facer as cousas os nosos gobernantes. Namentres eles buscan o enfront...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra