Ir al contenido principal

Pentecoste 2018 B

POR AGASALLARNOS CUNHA IGREXA POLIÉDRICA.... 
GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!!!!!
Descarga o ficheiro
O modelo está no poliedro,  
que reflicte a confluencia de todas as parcialidades,  
que nel conservan a súa orixinalidade (EG 236) 

CANTO GOZOSO 

  • ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) 
  • ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) 
  • LECTURAS: Manda o teu Espírito(Nº 126) 
  • OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)  
  • COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) 

PARA NON PERDER O PASO

Moitas veces cústanos entender –e xa non digamos aceptar- que non todo o mundo pensa e actúa coma nós; sen decatarnos de que se todas as persoas foramos do mesmo equipo de fútbol, da mesma asociación, do mesmo partido político ou do mesmo sindicato, non teríamos variedade e seriamos monocromáticas.  
Este fenómeno tamén se pon de manifesto na nosa vida de fe: non nos afacemos á pluralidade, pensamos que só hai unha linguaxe para falarmos de Deus. Porén, a festa que hoxe celebramos fálanos de moitas melodías, dun poliedro que, como di Francisco, recolle a confluencia de todas as parcialidades que nel conservan a súa orixinalidade e no que nada se disolve, nada se destrúe, nada se domina, todo se integra. 
A través do don do Espírito lémbrasenos que Deus fai posible o milagre de entendérmonos non só “malia a”, senón “grazas” ás diferenzas. Que esta celebración que agora comezamos nos faga caer na conta de que é o Espírito quen anima a nosa vida e fai posible esta pluralidade dentro da unidade. 

CO CORAZÓN FERIDO 

(Dentro deste momento do perdón, se así nos parece ben, podemos asperxer á comunidade; expresando con este xesto que a resurrección de Xesús confórmanos co noso bautismo e renóvanos permanentemente). 

    • Porque non acabamos de entender que a pluralidade dentro da Igrexa é un agasallo do Espírito e unha riqueza, SEÑOR, MANDA O TEU ESPÍRITO. 
    • Porque aínda que tod@s nós fomos bautizad@s nun mesmo Espírito, ás máis das veces estamos ben lonxe de formarmos un só corpo, deixándonos levar polas divisións, CRISTO, MANDA O TEU ESPÍRITO. 
    • Porque lle prestamos pouca atención ao Espírito, que segue a mandarnos mensaxes de esperanza, invitándonos a superar a nosa estreiteza de miras, SEÑOR, MANDA O TEU ESPÍRITO. 

UNHA PALABRA QUE AGROMA 

  • ESPÍRITO QUE ALENTA A NOSA VIDA: Cantas veces temos escoitado ou mesmo dito esta afirmación... Porén, qué lonxe estamos de crela de verdade, de ser conscientes disto. A chegada do Espírito prometido, cincuenta días despois da Pascua, significou para os discípulos a fin do medo, do temor, e mesmo das dúbidas... comezaron a falar. Para uns estaban bébedos; para outros, loucos; seguro que os ben pensantes pensarían que buscaban desestabilizar e crear enfrontamento e división. O de sempre. Malia iso... abríronse as portas. Hoxe nós, coma daquela os discípulos, tamén precisamos que alguén nos sacuda, que nos espabilen, porque quedamos parad@s polo medo ou o, o que ás veces é peor, polo pasotismo e pola apatía; sen deixar que este Espírito que temos recibido no bautismo cuestione a nosa vida, abrindo fiestras e portas para deixar que entre aire novo e nos refresque do noso adormecemento. Temos que deixar que varra os nosos medos: medo porque somos pouc@s, medo porque perdemos influenza na sociedade, medo porque nos agonía o futuro, medo porque non vemos o camiño claro, medo....Veña, xa está ben!!!!: Tomemos conciencia da nosa misión, superemos dificultades, deixemos atrás diferenzas, rememos na mesma dirección.... Déusenos a forza do Espírito, que se note!!!. 

  • ESPÍRITO QUE NOS FAI PLURAIS NA UNIDADE: Porque o Espírito distribúe os seus dons con abundancia e xenerosidade, e estes dons non son iguais, pero compleméntanse. “Cadaquén escoitaba falar na súa lingua nai das marabillas de Deus”, dísenos hoxe na lectura do libro dos Feitos. A máis linguas non veu máis confusión, como acontecera noutro tempo en Babel, cando o home quixo ser coma Deus. En Pentecostes Deus facía posible o entendemento nas diferenzas. Pentecostes simboliza un mundo plural pero acorde, unha comunidade na que cadaquén temos unha función diferente, pero igual de importante para o ben común. Canto camiño nos queda por andar!. Porque claro, é tan tentador ser actor, non mover nin un dedo, botarlle a culpa aos demais das cousas que non se fan ou que se fan mal.... que non nos decatamos de que na Igrexa, nas nosas comunidades, tod@s estamos chamad@s a participar, ofrecendo ideas, facendo propostas e colaborando para que sexan máis vivas, abertas e renovadoras. Só respectándonos e axudándonos, como membros dun mesmo corpo, descubrirémonos complementarios e valiosos nas diferenzas. A que esperamos?. 

  • ESPÍRITO QUE NOS MOVE A DAR TESTEMUÑO: E ese Espírito que quere ser para nós alento, forza, novidade... móvenos a dar testemuño. Porque se a semana pasada a pregunta que se nos plantexaba era que facedes aí parad@s?, hoxe dásenos a resposta. “Coma o Pai me mandou a min, así vos mando eu a vós”. O Espírito fai que sexamos apóstolos, testemuñas, enviad@s do Resucitado. Converte a nosa vida nun canto de acción de grazas a Deus por ternos escollido para sermos os seus instrumentos, para, coas nosas palabras e os nosos feitos, ilusionar, contaxiar, apostar porque outro mundo é posible, que hai esperanza, que o presente tamén é tempo de salvación. Non pechemos a fiestra do noso corazón e deixemos que a súa brisa esperte a nosa vida para rachar cadeas. 

DESDE A ORACIÓN COMPARTIDA 

Abríndonos á forza do Espírito, poñemos a nosa vida nas mans de Deus para que a alente e acompañe, dicindo: 
DANOS O TEU ESPÍRITO DE AMOR 
  • Pola Igrexa, que como ben nos lembra Paulo, formamos tod@s @s bautizad@s, para que non deixemos que ninguén tome decisións por nós, senón que, axudad@s polo Espírito, sexamos autónomos, coherentes e adultos, OREMOS. 
DANOS O TEU ESPÍRITO DE AMOR 
  • Polas nosas comunidades, para que nunca rexeitemos a quen pensa, actúa ou fala distinto, senón que valoremos estas diferenzas como agasallo do Espírito, OREMOS. 
DANOS O TEU ESPÍRITO DE AMOR 
  • Por cada un e cada unha de nós, para que a nosa linguaxe sexa a da palabra, a do testemuño, a da coherencia, a da comprensión e o achegamento, a do respecto... que nos permiten comprender a todas as persoas, OREMOS. 
DANOS O TEU ESPÍRITO DE AMOR 
Grazas, Señor, por ternos dado o teu Espírito, que está sempre pronto para alentar e acompañar a nosa vida. P.X.N.S. 

PARA QUE TODOS SINTAMOS A LEDICIA DO COMUNITARIO 

Saiamos dos nosos templos 
para ser as súas testemuñas no medio do mundo!. 
Sexamos a  expresión viva da amabilidade de Deus: 
amabilidade nas nosas caras, 
amabilidade nos nosos ollos, 
amabilidade no noso sorriso, 
amabilidade na nosa tarefa cotiá e na nosa loita. 
Nós somos as súas mans para construír un mundo novo, 
onde haxa máis fraternidade e xustiza. 
Nós somos os seus beizos para anunciar aos pobres 
a boa nova da liberdade. 
Nós somos os seus pés para acudir ao lado  
de tantos moz@s e nen@s, homes e mulleres, 
que necesitan palabras e xestos de ánimo. 
Saiamos dos nosos templos! 
Vaiamos máis lonxe, 
levando a tenrura no noso actuar 
e a ledicia de canto temos celebrado. 
E fagámolo convencid@s de que o Espírito vai con nós!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...