Ir al contenido principal

Ascensión 2019 C


O paradoxo da fe: dor e esperanza; morte e vida; voume pero estarei...
Cantos
Entrada.- Camiñando pola vida ( 9  )
Lecturas.- Señor Xesús, bendito sexas ( 52  )
Ofertorio.- Acharte presenta na vida ( 51)
Comuñón.- Ide e pregoade ( 55)

Oídos atentos
         O mundo vaise construíndo desde os contrarios: luz e tebra; acerto e erro; alegría e tristura; paz e violencia; acollida e rexeitamento... o importante en todo este proceso é non esquecer que nada, por moi implicados que nos sintamos, é para sempre. Que somos pés en permanente camiño, que os nosos logros non deixan de ser pequenas achegas de continuidade que outr@s nos deixaron para que tamén nós volvamos deixar. Por iso non paga a pena gastar nin tempo nin esforzo e enerxías en enfrontarnos uns aos outros, porque estamos de paso. Un paso que, se somos capaces de dalo sen torcernos, vai deixando pegada de salvación e sentido que fai que non nos perdamos. Celebremos entón a presenza de Deus de Xesús neste día da Ascensión sabendo que non somos imprescindibles, senón compañeir@s da viaxe que da sentido a nosa vida e na que tod@s nos necesitamos. E non é esta unha viaxe ao chou, pois nela sempre está a pegada de Xesús. Non se foi, segue a estar.
Corazón misericordioso
·       Cantas veces ,Señor, te temos enganado co noso ir sen ir. Señor, sé luz no noso camiño.
·       Cantas veces, Señor, miramos para outro lado por mesquindade e covardía. Cristo, sé luz no noso camiño.
·       Cantas veces, Señor, as nosas présas esquecen que necesitamos pensar antes de facer e ferir. Señor, sé luz no noso camiño.
 
Palabras para remoer

·      Elevouse á vista deles. Estas palabras da primeira lectura fai resoar en nós a razón e o sentido  desde o que unha persoa crente se achega á vida: o testemuño. Non escapa, está, inda que pareza que non. Non se mostra como se estivera nun escaparate, senón que se fai presente desde o actuar afincado nos valores que que nos chegan do recendo que deixa a vida e persoa de Xesús. Estaban xunt@s, sabíanse necesitados uns dos outros; foran vencendo medos e dúbidas, e cando no momento importante necesitaron de dar nome  e sentido a aquela experiencia que estaban a vivir, percibírono: non temos que agacharnos, senón saír e anunciar que Xesús non quedou nin na cruz nin no sepulcro. El vive entre e con nós, e temos que contárllelo aos demais. Isto é o importante que eles percibiron ante a dor, a tristura e a dureza do que viviran naquelas semanas: non se deixaron abater nin derrotar polo pesimismo desesperanzado que naquel tempo, e tamén hoxe non deixa de tentarnos.

·      As aclamacións entre as que Deus sobre non son as efémeras de quen  só vive de  e para as emocións. Non, o Deus que sobre entre aclamacións é quen de sentir e acompañar a ledicia de tantas persoas que pasan achegándose cando sabe aos demais necesitad@s; das persoas que comparten as bágoas da tristura sen perde-la esperanza; das persoas que non escapan nin dan as costas, inda que a tentación para facelo sexa moi forte, ante o sinsentido da morte inesperada ou nin os proxectos frustrados ou lastrados polo fracaso varias veces comezados. Deus vive entre as aclamacións da coherencia, honestidade e trato humanizador dos que nos chamamos os seus seguidores. Non uns seguidores a modo dos “ hooligans” do fútbol, senón dos que poñen a vida ao dispor de canto faga sentir aos demais a calor da presenza e do amor de Deus. Non é entón  o aplauso algo ritual e sen corazón, senón o bater palmas ledo desde a vida vivida no compartir gozos e esperanzas.


·      A soberanía deste Deus Pai/Nai móstrase cada día desde o envío, que para nós se convérte en tarefa permanente, de ir e  anunciar. Una nuncio sen complexos nin mesquindades, un anuncio de vida e coa vida, porque El vai estando connosco cada día. Celebramos entón hoxe non que se fóra, tampouco a súa ausencia, ao contrario, o sétimo domingo de pascua non quere máis que lembrarnos que non estamos nin sos nin desasistidos .Non estamos ao pairo a pesares  da dureza e dificultades da vida. Percibir isto, entendelo e vivilo é o noso reto permanente. Por iso estamos chamados a seren testemuñas non da ausencia nin do baleiro, senón da presenza repetible e permanente que non se deixa levar do tedio da decadencia, senón que se vai erguendo desde a radicalidade de quen pon, porque o sabe e o vive, ás persoas por riba de todo, todo o demais. Por iso temos unha responsabilidade, non pequena, a de achegarlle aos demais a presenza de Deus, porque El está aquí.


Confianza desde onde compartir
Porque Deus está aquí e camiña ao noso lado, invitámolo a compartir a oración comunitaria e dicímoslle: grazas, compañeiro nesta viaxe!
·       Porque sabemos que o noso testemuño é presenza e  máis alento para quen non o ten. Oremos. Grazas, compañeiro nesta viaxe!

·       Porque non nos deixamos desfalecer ante as situacións de dor e desconcerto que tantas veces, e de xeito inesperado, chegan a nosa vida. Oremos. Grazas, compañeiro nesta viaxe!
·       Porque sentimos a forza da túa presenza cando nos achegamos a quen non ve máis ca tristura e desespero e lles facemos sentir a achega do teu amor. Oremos. Grazas, compañeiro nesta viaxe!
Grazas, Xesús, Fillo de Deus que camiñas ao noso lado dándonos azos e alento cantos nos sentimos abatid@s e cheos de tristura. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Reflexión para construír
Non, eu non deixo a terra;
Eu non esquezo ás persoas.
Aquí eu deixei a guerra;
Enriba están os vosos nomes.
Que facedes a mirar para o ceo,
Xentes sen alegría?
O que agora parece voo,
Xa é volta e cercanía.
O gozo é a miña testemuña;
A paz, a miña presenza viva,
que ao irme, vaise comigo
a catividade cativa;
 o ceo xa comezou;
vós sodes a iña colleita...
comezade coa aurora...
comeza a voda tarefa. ( José Luis Blanco Vega)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...