Ir al contenido principal

Pentecoste 2019 C

https://parroquiavirgendelluc.archimadrid.es/wp-content/uploads/2018/05/pentecostes.jpg

Da mocidade á madurez. Tempo de autonomía responsable

Cantos
   Entrada.- Camiñando pola vida  ( 9 )
    Lecturas.- Manda o teu Espírito   ( 126 )
    Ofertorio.- Eiqui están, Señor  ( 32  )
    Comuñón.-   Quédate, Señor, connosco    ( 63 )

ABRINDO OS OLLOS E MIRANDO AOS LADOS
    Pentecostes é para as persoas crentes a chegada á “maioría de idade”, o tempo de voar por conta propia sen ter ao lado tutelas que digan, marquen, impoñan ou controlen. É o tempo do discernimento e madurez. Pero neste proceso non nos sentimos perdidos, ao pairo; ao noso lado sentimos a forza da presenza do Espírito Santo que está sen deixarse ver. Respondamos entón a esta confianza que Deus depositou en nós para seguir sendo testemuñas da súa proposta de caridade e xustiza xunto cos homes e mulleres do noso tempo.

CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Por deixarnos ir na comodidade dunha fe infantil e inmatura; SEÑOR, QUE NON SEXAMOS CRISTI@S INMADUR@S.
  • Por non querer poñer en relación o Evanxeo coa vida; CRISTO, QUE NON SEXAMOS CRISTI@S INMADUR@S.
  • Por caer na tentación de facer da Igrexa gueto e non comunidade plural e aberta; SEÑOR, QUE NON SEXAMOS CRISTI@S INMADUR@S.
PALABRA ENCARNADA
  • Remata hoxe o tempo de Pascua, cincuenta días de invitación ao testemuño e á perda dos nosos medos. Esta invitación chéganos a través da experiencia dos primeiros cristiáns, aquel grupo de homes e mulleres que non se deixaron vencer nin levar pola desesperación e o desencanto. Poderían dicir hoxe o mesmo de nós? Somos dos seguidores de Xesús que, rompendo con costumes e tradicións moitas veces baleiras, non temos medo a dar razón da nosa esperanza pola coherencia no noso obrar e o compromiso no defender as causas que hoxe optan pola dignidade dos empobrecid@s e a igualdade de quen non quere ser gregari@ nin facer o quen fan tod@s? Estariamos con azos suficientes para non sentir vergoña, máis ben todo o contrario, nun ambiente no que mentar a Deus, a Xesús ao á Igrexa supón enfrontarse á desconsideración e ao riso? Aquel grupiño pequeno que estaba en Xerusalén non dubidou: saíu e manifestou, coa súa palabra e os seus feitos, que había que ser distintos e facer as cousas doutro xeito. Non tiveron medo, non se deixaron manipular, non calaron, ao contrario, dixeron algo que naquel momento, tamén hoxe, era revolucionario: Somos iguais, somos irm@s. O que lles custou non poucos sobresaltos e mesmo a vida. Pero a confianza en Xesús e a esperanza de que valía a pena foi a súa motivación. Tamén o é para nós?
  • A pluralidade coa que saíron a comprometerse aqueles primeiros cristi@s de Xerusalén, segue a mostrárnola Paulo cando lle di aos corintios que é desde a diferencia, non desde a uniformidade, como debemos ir construíndo e facendo chegar o compromiso da Igrexa ao noso mundo. Un compromiso que ten unha dobre referencia: o proxecto e persoa de Xesús e o diálogo como canle desde a que poder escoitarnos, entendernos e traballar en común, crentes e non crentes, neste mundo global, Casa Común, que entre tod@s temos que coidar e legar a quen ven detrás. É logo o noso un tempo de discernimento para construír, non tempo de condena para desfacer e excluír; é tempo de achegar e acoller, non tempo de impoñer e separar; é o tempo do Espírito que se mostra na pluralidade de ideas e razóns que poñen ás persoas, non as institucións nin ás prebendas no centro de seu actuar. Aprendamos entón a non vivir a fe con piloto automático, senón poñendo a nosa mirada nas ledicias e tristuras das nosas xentes, para con elas dar pasos que nos unan e nos mostren o importante que é camiñar xunt@s. En Pentecostes a Igrexa descubriuse sinodal, non piramidal.
  • Todo canto vimos dicindo supón que xa non é tempo de portas pechadas e desconfianzas, senón tempo de mostrar e mostrarse como somos, coas pobrezas e riquezas de quen, con sinxeleza, fai da fraternidade –palabra que non quere ser retrouso senón realidade- recoñecemento de quen é persoa distinta no externo: cor, lingua, cultura, xénero, traballo ... pero igual no fundamental: a dignidade que nos iguala. Fagamos entón desta festa de Pentecostes unha experiencia de recoñecemento das persoas que senten, viven falan e rezan na pluralidade de sabernos irm@s.

PÉS NO CHAN E CONFIANZA EN DEUS

Deus non nos deixa sos. Ser comunidade recoñécenos como iguais e irm@s. Unamos entón as nosas voces para dicir con agradecemento: GRAZAS POLO DON DA FRATERNIDADE
  • Para que sexamos unha Igrexa que forma aos seus membros para ser maiores de idade e con capacidade de decidir sabendo o que fan e din. Oremos. GRAZAS POLO DON DA FRATERNIDADE.
  • Para que nos esforcemos por conformar comunidades cristiás nas que traballemos fomentando a fraternidade que sabe respectar a quen pensa distinto ou se sente diferente. Oremos GRAZAS POLO DON DA FRATERNIDADE.
    Para que sexamos crentes no medio das realidades da nosa sociedade, tratando de levar co noso actuar, os valores da solidariedade, o diálogo, a denuncia da inxustiza, a busca do ben común e a participación ao estilo de Xesús. Oremos. GRAZAS POLO DON DA FRATERNIDADE.
Con agradecemento e quentura de corazón, poñemos na túa man a nosa oración comunitaria desde a esperanza e coherencia á que Ti nos invitas. P.X.N.S. Amén.

AQUECENDO O CORAZÓN

Quero estar ledo, Señor,
Vivir ledo e contaxiar ledicia.
No mundo hai moitos rostros
que pasean unha infinita tristeza
e que restan enerxía
aos que vivimos preto.

Eu quero ser ledicia
para os demais.
Para compañeir@s e amig@s
que as veces precisan
un sorriso que acougue
os seus nervios e os seus medos.

Ledicia para as nosas familias,
que, preocupadas en tantas cousas,
van perdendo a capacidade de sentar,
escoitar, falar e compartir.

Quero ser, Señor, ledicia da boa.
Non sorriso fácil e baleiro,
senón gozo profundo
que contaxia ganas de vivir,
ilusión e esperanza.

Quero ser, Señor, ledicia de fraternidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...