BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE ESCOITAN E CUMPREN A PALABRA DE DEUS CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25) OFERTORIO: Ti es camiño e verdade (Nº 57) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) OLLOS ABERTOS Hoxe celebramos, por vez primeira en toda a Igrexa, o Domingo da Palabra de Deus. Esta xornada, instituída polo Papa Francisco o pasado mes de setembro, lémbranos que o Resucitado segue camiñando no medio da súa comunidade, explicando as Escrituras coa súa vida e coa súa palabra, e convidándonos a todas e a todos nós a implicarnos na tarefa de anunciar o Evanxeo e construír Reino. Do mesmo xeito que Xesús se trasladou cara ás fronteiras de Galilea para converterse en luz e alegría, do mesmo xeito que Paulo foi máis alá dos límites do xudaísmo, tamén nós somos convidadas e convidados a saír das nosas zonas de conforto e camiñar cara ás periferias existenciais para levar a Boa Nova a todas as persoas. E iso só poderemos facelo se somos...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra