A Ascensión do Señor Non é o mesmo mirar ao ceo que pasmar co ceo Cantos • . Entrada.- Que ledicia miña ( 4 ) • . Lecturas.- Canta o sol ( 22 ) • . Ofertorio.- Grazas, Señor, graciñas ( 50 ) • . Comuñón.- Señor Xesús, bendito sexas ( 52) PÓRTICO Neste domingo da Ascensión remata a semana da Laudato Si, a encíclica de Francisco sobre o coidado da Casa común. Unha semana para ter sempre presente que somos do mundo e estamos no mundo; unha semana para reafirmar a noso compromiso por coidar e curar as feridas do mundo e das persoas que nel vivimos. E non se pode coidar e curar a esta Casa común e a quen nela vive, se non temos os ollos ben abertos e os pés ben asentados no chan. Estes dous aspectos da vida cristiá son fundamentais para poder descubrir o verdadeiro sentido da fe no medio do noso mundo hoxe. Seguir a Xesús non é algo abstracto, teórico ou para celebrar dentro das igrexas. Todo o contrario, a fe úrxenos a saber estar no...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra