UN ANO DE PERDONANZA Ao comezar un novo ano damos grazas por todo o que recibimos de ti, Xesús. Primeiramente agradecemos o amor e apoio da familia, a vida compartida coas persoas que nos queren e axudan, a saúde, polo cariño e amor que recibimos, polos días cheos de proxectos e esperanzas e tamén por eses días tristes e difíciles que tamén aparecen na nosa vida, polos amigos, polo traballo, por todo o que de ti imos recibindo. Agradecemos canto temos vivido ao longo do ano que onte rematou, no que rimos e sufrimos, traballamos e descansamos, onde puidemos construír momentos bonitos e solidarios; grazas porque foron aparecendo no noso camiño persoas que nos fixeron felices ao cruzarse nós: os amigos, os compañeiros de traballo, os veciños, as persoas que amamos, as que están lonxe, os que nos botaron unha man, aos que puidemos axudar, AS QUE SE NOS FORON E DEIXARON EN NÓS LEMBRANZA IMBORRABLE. E neste ano Xubilar que como Igrexa celebraremos a forza da túa misericordia, pedímosc...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra