PORQUE A MORTE FOI VENCIDA, TEMOS QUE VIVIR NA ESPERANZA CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ö LECTURAS: Canta aleluia (Nº 21) ö OFERTORIO: Acolle, Señor, esta vida (Nº 80) ö COMUÑÓN: Se o Señor resucitou (Nº 85B) SITUÁNDONOS Xuntámonos hoxe como comunidade crente para lembrar a tantas persoas, familiares e amigas, que nos deixaron e agora viven xa no colo agarimoso de Deus. E facémolo non desde a tristura nin desde a desesperanza, senón confiadas e confiados na misericordia dun Deus Pai-Nai que nos crea por amor, un amor que nin a morte é quen de destruír. Que este momento de oración compartida que agora comezamos sexa para nós esperanza e alento nun recordo agradecido e agarimoso polos nosos seres queridos que gozan xa dunha vida plena con Deus. CO CORAZÓN MAGOADO · Porque nos custa entender que Ti es Deus de Vida;...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra