Escoitar e xaxuar. Coresma, tempo de conversión SINAL DE CORESMA Colocamos a segunda peza da nosa estrutura. Como non podemos comezar a casa polo tellado, senón polos cimentos, esta semana colocamos a peza que pon “somos”. CANTO GOZOSO o ENTRADA: Na noite escura (Nº 104) o LECTURAS: Eu soñei (58) o OFERTORIO: Camiñar sen Xesús (Nº 58) o COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESPERTANDO Á RÚAH Escoitaremos na primeira lectura a invitación que Deus lle fai a Abram a saír da súa terra, a poñerse en camiño cara á terra prometida. El é o primeiro migrante da historia; e o Señor di algo que nos ten que facer reflexionar, e máis nos tempos que corren: “ bendicirei a quen te bendiga e maldicirei a quen te maldiga ”. Toda unha declaración de intencións para que hoxe reflexionemos ao respecto de como é o noso trato cara ás persoas migrantes, se as acollemos ou se seguimos tendo medos ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra