REBÉLATE: AFORRA EGOÍSMO, COMPARTE O PAN CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53) OLLOS ABERTOS Estamos tan acostumados a vivir coa calculadora na man que ata medimos o amor e a compaixón polo que nos sobra. Cando vemos a xente pasar dificultades, a nosa primeira reacción é a mesma que a dos discípulos: "Que cadaquén se busque a vida e que se arranxe como poida". Poñemos mil escusas para non complicarnos, para mirar para outro lado e seguir a nosa vida con tranquilidade, pensando que os problemas dos demais non van con nós. Pero Xesús rompe os nosos esquemas egoístas cunha frase que nos deixa sen defensa: " Non fai falla que marchen; dádelles vós mesmos de comer ". Non nos pide imposibles, pídennos que deixemos de agochar e acaparar o pouco que temos. O problema non é que falten recursos na terra, senón que sobra avaricia ...
“EU NUNCA ME ESQUECEREI DE TI” (VI XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS AVOAS E MAIORES) CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15) OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34) COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) OLLOS ABERTOS Hoxe celebramos a VI Xornada Mundial das Persoas Avoas e Maiores facendo nosa a promesa que Deus nos lembra hoxe: 'Eu nunca me esquecerei de ti'. A Palabra fálanos esta mañá de atopar tesouros de valor incalculable. A nosa comunidade proclama hoxe que ese tesouro, moitas veces agochado na fraxilidade, ten rostro: o rostro de quen nos precede, gardián da nosa memoria e mestre da nosa vida. Hoxe non queremos que ninguén —especialmente quen se sente lonxe, quen está nunha residencia ou vive na soidade dunha habitación— se sinta esquecido. Hoxe, a nosa Igrexa quere ser, máis que nunca, esa man que agarima e ese corazón que se fai samaritanía. CORAZÓN MISERICORDIOSO Por vivir a nosa fe na superficie e non descubri...