Ir al contenido principal

O que custa é baixar (Coresma 2007)

2º Domingo de Coresma 2007
Signo
Taboleiro no que se irán colocando algunhas das novas negativas da semana. Debaixo unha frase que nos vai situando no camiño da pascua:
“A morte non é o final. El abriunos o camiño”
Pórtico
Se algunha vez subimos unha montaña, sabemos do esforzo físico que isto supón... e tamén do atractivo que leva consigo: o de irnos vendo cada vez máis arriba... como dominando a situación e a satisfacción de chegar ao cumio. Pero a pesares das dificultades... o que máis custa non é subir, senón baixar.
Pois ben... aos amigos de Xesús pasoulles o mesmo cá nós. Estamos mellor na montaña, no espectacular, no distinto, na novidade... mellor que no día a día, verdade?. Valoramos moitos máis calquera novidade que o sinxelo da xente pequena, que nos parece sempre igual. E é que a vida ten tanto de gris e de amargura que nos quedan poucas ganas de baixar, de pisar terra, de facerlle fronte á dura realidade... Pero Deus non está arriba, senón na vida, no chan, cóbado con cóbado, solidario coas persoas.
Que esta celebración nos axude a baixar da montaña... e a aterrar na realidade.

Perdón
  • Polas veces en que pedimos signos a Deus para o noso interés, para facernos mais felices a nos sen pensar nos demais. Señor, lévanos da túa man.
  • Por que non aceptamos o sufrimento na nosa vida, non somos quen de prepararnos para el, para o cambio, para ser mellores. Cristo, lévanos da túa man.
  • Porque estamos tan aburguesad@s, instalad@s e acomodad@s nas nosas montañas da nosa vida, das nosas cousas, dos nosos egoísmos... e “estamos tan ben aquí” que non queremos volvernos a Ti, presente nos irmáns e nas irmás. Señor, lévanos da túa man.
Remol
CIDADÁNS DO CEO...: Paulo dinos que os cristiáns somos cidadáns do ceo. Segundo interpretemos esta afirmación, teremos un tipo ou outro de cristiáns e cristiás. Para algúns, ser cidadáns do ceo é “estar nas nubes”, pasar das cousas da terra, ser anxelista, ser espirituais, vivir desarraigad@ do momento e da circunstancia na que se vive, sen compromisos concretos, sen preocupacións polas cousas e polas persoas. Son persoas de sancristía, de rezo que non se preocupan polo que acontece ao seu redor, que non son quen de descubrir “os sinais dos tempos” (e moito menos de lelos) e que se laian de que calquera tempo pasado foi mellor.
Porén, seguramente Paulo cando lles di aos filipenses que debían ser cidadáns do ceo, estivese pensando en persoas que proxectan a súa vida desde os valores de Deus , en persoas que están presentes no seu entorno con toda intensidade para poñer en cada acontecemento, por pequeno que sexa, un sentido sobrenatural, en persoas que viven con estilo transcendente e que xusto por iso non escapan das responsabilidades que teñen como membros da sociedade. Nun mundo plural, os cristiáns estamos chamad@s a demostrar, sen vaidades pero tamén sen vergoña, que somos cidadáns do ceo.

...QUE DEIXAN PEGADA NA TERRA: Un pouco disto foi o que lles pasou aos discípulos de Xesús no monte Tabor. Tabor e Calvario son dous montes que enmarcan a vida pública de Xesús. Tabor e Calvario compleméntanse e enmarcan o discurso da existencia cristiá. Hai que subir ao Tabor desde a rutina da vida para ver, para coller folgos e esperanza no camiño; pero non hai que perder de vista a terra, non sexa que o resplandor e os destellos do Tabor se convertan en fogos artificiais, e a esperanza se desvaneza en ilusións. Tabor e Calvario son tamén dous xeitos de posicionarse na vida e fronte a vida. Nós, que estamos no Tabor da sociedade do benestar, miramos o mundo coma o reino da liberdade, cheo da luz dos Dereitos Humanos, lanzado cara ao progreso, o desenvolvemento, o crecemento... Pero fronte desta visión, moit@s irmáns nos@s viven no Calvario, é a sociedade doente d@s que agonizan na cruz do subdesenvolvemento, da pobreza inxusta, da fame innecesaria, do salario e da pensión discriminada.
Por iso non é de recibo que digamos “que ben se está aquí” e que fagamos oídos xordos aos berros de tantas e tantas persoas que piden xustiza. Hai que baixar da montaña máxica, do falso Tabor no que poñen as súas tendas os poderosos, porque os cristiáns e cristiás temos a obriga de mostrarlles a estas persoas que Deus está con eles.
Oración da comunidade
Grazas, porque a pesares das nosas canseiras e da nosa pouca ilusión, segues a plantearnos retos anovadores e estimulantes para facer a nosa vida experiencia de gratuidade e transformación. Por iso che dicimos:
So a Deus daremos culto
  • Alenta o quefacer da túa Igrexa para que neste tempo de graza que é a Coresma saiba ir máis alá de xaxúns, penitencias artificiais e da fría letra, para vivila co gozo e a ledicia de sabérmonos implicad@s no proceso de cambio ao que Deus nos chama, coa seguridade de que na terra está o Deus da Vida. Oremos.
So a Deus daremos culto
  • Anima ás nosas comunidades, para que se vaian transformando permanentemente, sen medo a cambiar, sen medo ao que Xesús lles pida, buscando o ben das persoas que as formamos e as das que se achegan a nos buscando alento e ánimo. Oremos.
So a Deus daremos culto
  • Acompaña a nosa vida para que no medio de tanto rebumbio de tanto estres da nosa vida, busquemos tempiños de intimidade contigo para repousar e escoitar no noso corazón a túa Palabra. Oremos.
So a Deus daremos culto
Acolle Pai a nosa oración, ti que lle deches forzas ao teu fillo para superalas tentacións, dánolas a nos para día a día ir converténdonos á túa vontade. Por Cristo o teu fillo o noso irmán. Amén.

Para a reflexión
E a palabra do Pai foise impoñendo.
Non ao poder, senón ao servizo.
Non á gloria, senón á humillación.
Non á violencia, senón á pacificación.
Non á vinganza, senón ao perdón.
Non á imposición, senón á liberdade.
Non á forza, senón á debilidade,
Non á obriga, senón, á sedución.
Non ao castigo, senón á promesa.
Non aos sacrificios, senón á misericordia.
Non á lei, senón ao amor.
Cantos
Entrada.- arrepentido
Lecturas.- Amóstrame, Señor, os camiños da vida
Comuñón.- Acharte presente na vida

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...