Ir al contenido principal

Podemos cambialo - domingo VI do Tempo Común

XORNADA DE MANS UNIDAS

http://www.manosunidas.org/

PÓRTICO

Baixo o lema “Ti sabes ler, el@s non”, Celebramos hoxe a Xornada de Mans Unidas. Responde a un dos oitos obxectivos do milenio que as Nacións Unidas propoñen para erradicar a pobreza do mundo.

Todas as persoas desexamos ser felices. É algo instintivo. Deus creounos para selo pero ¿onde está a felicidade?, ¿como conseguila?. Diante das diversas formas que se nos propoñen, a Igrexa exponnos este domingo as benaventuranzas de Xesús como fórmula de felicidade.

Que a celebración que agora comezamos nos axude a esperar do soño do egoísmo e do noso materialismo para entrar na dinámica da xustiza, do compartir e da austeridade.

O PERDÓN

Ti que proclamaches ditosos aos pobres, perdoa o noso apego ás riquezas, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN.

Ti, que declaraches felices aos fament@s de xustiza, perdoa todas as nosas inxustizas, CRISTO, TÉNDENOS A TÚA MAN

Ti, que chamas benaventurados aos que choran, perdoa a nosa insensibilidade diante das miserias d@s nos@s irmáns, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN

REMUÍÑO

http://www.conferenciaepiscopal.es/pastoral/turismo/MISAS/C/gallego/Ordinario06.pdf
Ser felices constitúe a nosa constante aspiración; pero o problema complícasenos cando nos preguntamos qué facer para acadar esta felicidade. Porque esta non está directamente relacionada con ter moito, senón que se atopa máis no ser. A sociedade da abundancia produce benestar, pero non felicidade. Nos países ricos non morremos de paludismo ou malaria; pero si de baleiro, de estres ou de desencanto. Hoxe Xesús defínenos o programa do Reino con catro benaventuranzas:

  • Felices @s pobres, porque voso é o Reino dos Ceos”. A pobreza, a escaseza dos bens necesarios para a vida non e boa, nin causa felicidade. A pobreza evanxélica é filla do amor, e produce liberdade. A pobreza sociolóxica normalmente é filla da inxustiza, e produce subdesenvolvemento, enfermidade e morte. E Deus non quere a morte, é Deus de viv@s e quere a vida. Xesús bendí aos pobres porque son sinxelos en confían nel; está con eles e enche os seus baleiros, porque é o seu consolo e a súa forza. O Reino de Deus perténcelles. Porén serán infelices os que son ricos a costa dos pobres, os que non reparten con xustiza, os que non distribúen con amor, os que non respectan a dimensión social da riqueza, os que se apoian en ter cada día máis a calquera prezo, os avaros, os que seguen a máxima de “os cartos non dan a felicidade, pero axudan a comprala”.
  • “Felices @s que agora tedes fame, porque quedaredes fart@s”: Parece un sarcasmo chamar felices aos fament@s de pan e sedent@s de auga, pois son necesidades vitais que cómpre ter cubertas. Diante da realidade da fame, Xesús non fala contra dos que teñen o suficiente para satisfacer as súas necesidades, senón que chama infelices aos que nadan na abundancia mentres outros morren de inanición, os que desperdician a comida que podería alimentar a outros, os que se rodean de cousas e cousas que poderían cubrir as necesidades doutros, os que no fan nada para que diminúan as inxustizas.
  • Felices os que agora chorades, porque riredes”: Xesús bendí as bágoas da compaixón polos que choran diante do peso da limitación; as bágoas daqueles que lamentan os males físicos que azoutan aos demais, as bágoas dos que choran os propios erros e os males morais da humanidade. Xesús promete a felicidade a tod@s @s que son solidari@s cos agoniad@s da terra. E pola contra, Xesús chama infelices aos que rin sobre as bágoas dos demais, aos que trafican con armas ou con drogas para matar, aos que se rin das desgracia alleas, aos que se inhiben diante das miserias do mundo.
  • “Felices vós, cando vos rexeiten e vos exclúan por causa do Fillo do Home”: Xesús non vai contra os que merecen a aprobación dos demais polas súas capacidades: entrega, xenerosidade, bondade, altruísmo, servizo, xustiza.... Xesús vai contra os adulados por cartos ou servilismo, contra os que vende a súa imaxe como positiva, sendo as súas obras ou intencións negativas; os que ser preocupan de ter unha boa presenza exterior sen ter contido interior.

A mensaxe de Xesús rompe cos esquemas de felicidade do noso primeiro mundo, e poida que en pleno século XXI sexa un tanto estraño, porque estamos afeitos , tamén os cristiáns, a vivir nunha sociedade que estivo e que está de parte dos poderosos e dos que basean a súa felicidade na economía materialista. Así é imposible entender a mensaxe de Xesús e o seu programa de vida; pero o Espírito sopra na nosa historia, invitándonos a espertar para tomar en serio a conciencia social do Evanxeo. ¡Que nos deixemos guiar por el!.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Gozos@s e confiad@s na salvación de Deus, con espírito de pobres, recemos xunt@s dicindo:

Camiñamos contigo para que veña o teu Reino

  • Pola Igrexa, para que sexa sempre un exemplo de sinxeleza, de desprendemento de todo afán de riquezas e poder, camiñando polo vieiro das Benaventuranzas, OREMOS.

Camiñamos contigo para que veña o teu Reino

  • Por todas as persoas que se atopan en situación de sufrimento, polos enfermos, polos máis desherdados da terra, por todos os que viven con fame e sede, para que o noso compromiso solidario os faga saír da súa pobreza, OREMOS.

Camiñamos contigo para que veña o teu Reino

  • Por tod@s @s que traballan en e con Mans Unidas e con outras ONG, para que o seu exemplo sexa chamada e convocatoria que atraia a outras persoas, OREMOS.

Camiñamos contigo para que veña o teu Reino

  • Por todos os que nos reunimos para celebrarmos xuntos a nosa fe, para que a través do noso compromiso e do noso xeito de vida contribuamos a que se fagan realidade os obxectivos do milenio, OREMOS.

Camiñamos contigo para que veña o teu Reino

Escoita, Pai de bondade, a nosa oración, e fainos ser constructores dunha terra nova xusta e humana. P.X.N.S.

REFLEXIÓN

Non quero, Señor...
Non quero que se sigan a pagar os bicos,
non quero que o sangue se venda
nin que se compre o vento,
nin que se alugue o alento.

Non quero que o trigo se queime,
e que o pan se escatime,
non quero que vaia frío nas casas,
que haxa medo nas rúas,
e rancor nas miradas.

Non quero que a terra se parta en porcións,
que no mar se establezan dominios,
que no aire se axiten bandeiras,
que nos traxes se poñan galóns.

E non quero, Señor,
non quero que me calen a boca
cando digo non quero.

E... non quero, Señor....,
porque sei que Ti tampouco o queres.


CANTOS

ENTRADA: O amor é o meirande
LECTURAS: Camiñar
OFERTORIO:Todo o mundo unha familia
COMUÑÓN: Benaventurados

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...