Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2008

Deus acolle

Do puño pechado á man aberta. Deus acolle, non enfronta PÓRTICO Nunha sociedade cada vez máis laica, o que é bo, como é a nosa, onde Deus acaba sendo, cando o é, que non o é sempre, un convidado de pedra ao que non se lle ten en conta ni se lle espera, resulta moi difícil entender canto nos fala de gratuidade; de facer as cousas de balde, de ser capaz de dedicar tempo, medios e tamén vida aos demais sen que por iso se nos teña que dar nada a cambio. Porén para o Profeta e tamén para Xesús, é a gratuidade a característica que máis e mellor nos axuda a entender qué se esconde tras da palabra Deus. Para El todo se entende desde a capacidade de darse, entregarse, pórse a disposición e ao servizo de Deus. Que lonxe esta a nosa sociedade de entendelo!, pero aínda máis, que lonxe estamos os cristiáns de entendelo!. Deixemos xa de dicir como son os outros e poñámonos nós a actuar segundo a invitación de Xesús e a coherencia da fe que dicimos ter. O PERDÓN Polas moitas veces nas que os ...

O Tesouro

Por que nos empeñamos en crer que os tesouros só son materiais? Pórtico Sempre que se escoita a palabra tesouro rapidamente a asociamos con algo de moito valor material; como se non houbese outros moitos tesouros dos que poidamos disfrutar e enriquecernos humanamente. Por que estamos sempre tan apegados ás cousas que dan rendibilidade puramente material?. Poren, a Palabra de Deus hoxe fálanos doutro/s tesouro/s: os tesouro/s que dan sentido a unha vida, que nos levan a valorar o cotián, o pequeno, a disfrutar de todo aquilo que ao mellor non nos fai ricos en cartos, pero si nos enriquece en amigos, realización persoal ou sentido da vida. Abrámonos a esta Palabra que nos fala para a nosa vida de cada día. Perdón Porque non valoramos tódolos tesouros que pos no noso camiño: familia, amigos,educación, posibilidade de formarnos e pensar por nós mesmos...SEÑOR, SE SEMPRE O NOSO TESOURO. Porque son moitos os tesouros que desperdiciamos cada día ao non loitar e traballar por eles: dereitos,...

Domingo 16 TO

E NÓS QUE SOMOS, XOIO OU SEMENTE BOA? Pórtico Xuntámonos como comunidade crente para celebrar o día do Señor, e traemos a nosa vida para que El a acolla e a enforteza. Alentados pola palabra que escoitaremos e polo pan que se nos partirá como alimento, descubramos a súa presenza e abramos o noso corazón ao vento do Espírito. Perdón * Porque moitas veces somos xoio que causa división, que provoca malos entendidos, que medra por riba dos demais, SEÑOR, FAI DA NOSA VIDA BOA SEMENTE. * Polas veces en que nos convertemos en xuíces dos demais e somos incapaces de comprender situacións e motivacións, CRISTO, FAI DA NOSA VIDA BOA SEMENTE. * Porque pensamos que os bos somos nós, os cristiáns, e tod@s os que pensen ou actúen diferente son os malos, SEÑOR, FAI DA NOSA VIDA BOA SEMENTE. Remuíño * O FERMENTO QUE FAI LEVEDAR TODA A MASA: O domingo pasado Xesús falábanos do gran que cae na terra e hoxe faino do poder transformador que ten o Reino de Deus. Pero este...

Domingo 15

Para que dea froito, a Palabra ha ser ben sementada Por que preparamos tan mal a terra? PÓRTICO Como nos gusta falar de todo, saibamos ou non.... e pola contra, que difícil nos resulta saber escoitar; a pesares de que a escoita é unha condición importantísima, decisiva, para a convivencia, para poder axudarnos uns a outros. Saber escoitar aos outros con interese, con atención, con respecto, con agarimo.... E nas nosas celebracións, a Palabra que escoitamos quere ser unha choiva que enchoupa a nosa vida para poder dar froito. Por iso é importante que sexa proclamada correctamente e interiorizada na nosa vida. Abrámonos, pois, a ela. O PERDÓN Señor, por tódalas veces nas que non prestamos atención á Palabra que proclamamos nas celebración, non escoitando a quen precisa de nós: aos nosos fillos, ás persoas maiores, aos enfermos, aos marxinados, ESPÉRTANOS DO NOSO SONO. Cristo, por tódalas veces nas que as presas nos fan que proclamemos a Palabra sen querer descubrir que ela é a forza da n...