Unha viña con uvas a rebordar Pórtico Na viña do Señor, na Igrexa, hai moitas clases de uvas: grandes, pequenas, doces, agreas, de boa e de mala calidade. Nestas uvas estamos representados cada un e cada unha de nós. Que a anada sexa boa ou mala depende de moitas cousas: tipo de terra, clima, tratamento...pero cando un planta a viña o que busca é que dea o mellor froito. Iso mesmo quere Deus de nós. Sabe que somos distintos, que cada un ten o seu xeito, a súa maneira, o seu proceso...pero o importante é que día a día vaiamos preparando a terra para dar bo froito, e froito en abundancia: as nosas boas obras. Que a celebración de hoxe nos faga caer na conta da necesidade de formarnos máis e mellor para que o noso froito sexa abundante. O PERDÓN Porque nos sobra crítica e fáltannos traballo e compromiso, SEÑOR, QUE DEIXEMOS ATRÁS A DESGANA. Porque nos sobran prexuízos e clasismos e fáltanos coherencia entre o que dicimos e rezamos e o que facemos, CRISTO, QUE DEIXEMOS ATRÁS A DESGANA. Por...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra