Ir al contenido principal

Domingo 24

A GRANDEZA DE SABER PEDIR PERDÓN E DE SABER PERDOAR

Pórtico

A nosa sociedade caracterízase polas alianzas políticas, polos tratos de favor, polas contraprestacións…Tratamos de sacar o maior rédito económico e social de toto… tamén das relacións persoais. Moitas veces temos privilexios e non somos parciais nas nosa relacións, especialmente á hora de esixir e incluso de perdoar e ser perdoados.
A celebración de hoxe móstranos que o mellor camiño é o do perdón e o do amor, un perdón e un amor que non levan contas, senon que son xenerosos e sempre buscan o ben da persoa.
Que esta celebración nos faga sentir a tod@s @s que nos xuntamos para celebrar a nosa fe a urxencia de sentir o perdón como algo fondamente enraizado nela.

Perdón


Porque moitas veces somos vingativos nas nosas relación e levamos conta de todo o que nos fan, SEÑOR, TEN PACIENCIA CONNOSCO.
Polas veces nas que só pensamos en nós mesmos, no noso propio lucro, en que os demais se fixen en nós, CRISTO, TEN PACIENCIA CONNOSCO.
Por que non medimos igual a todas as persoas senón que temos favoritismos cos que nos caen ben, cos que nos resultan máis simpáticos, SEÑOR, TEN PACIENCIA CONNOSCO.

REFLEXIÓN

Non é cousa doada perdoar… e tampouco é doado pedir perdón; pero se nos dicimos seguidores de Xesús e do seu camiño, o camiño do amor, debemos estar dispost@s a abrir o noso corazón a perdoar e a pedir perdón. A experiencia de perdón é tan fundamental que a persoa que non coñece a ledicia de ser perdoada corre o risco de non medrar coma persoa. A parábola de Xesús lémbranos hoxe que quen non se sentiu nunca comprendido por Deus, non sabe comprender aos demais; quen non sentiu nunca o seu perdón, vivirá sen entrañas, coma o servo da parábola, endurecendo cada vez máis as súas esixencias e demandas e negándolle a todas as perdoas a tenrura e o perdón.
Por iso o Evanxeo que vimos de escoitar supón, coma sempre, unha boa nova: o perdón de Deus é un feito real… e así debe ser o noso perdón cara aqueles que nos ofenderon… sen levar contas de cantas veces perdoamos (pois Deus tampouco leva conta das veces nas que nos perdoa a cada un de nós). Temos que aprender a esquecer as veces que nos ofenderon e as veces que perdoamos.
Porque nós, cando nos toca perdoar, adoitamos tomar fundamentalmente dúas actitudes. Algúns din: perdoo, pero non esquezo. Loxicamente non é esta unha actitude cristiá. A Palabra non fala nunca de lembrar ofensas e a dor que producen. Outros din: eu perdóolle, pero non quero volver falar con esa persoa. Esta actitude tampouco é a axeitada, pois máis que perdón parece ser unha vinganza que lle retira o corazón e a fala a quen nos ofende.
Ás veces, claro que non resulta fácil escoitar a chamada de Xesús ao perdón, nin sacar todas as implicacións que pode ter o feito de aceptar que unha persoa é máis humana cando perdoa que cando se vinga. Porque perdoar non significa ignorar as inxustizas cometidas, nin tampouco aceptalas de xeito pasivo e indiferente. Ao contrario, perdoamos para destruír a espiral do mal, tentando superar o mal co ben. O perdón é un xeito que cambia cualitativamente as relacións interpersoais e obriga a plantexar a convivencia futura dun xeito novo; pois todo aquilo que pedimos, esiximos ou consideramos que nos corresponde a nós, tamén cómpre concederllo, esixilo e pedilo para os demais, pois só así entenderemos o que significa perdoar sempre.

Oración da comunidade

Sabendo que Ti sempre nos escoitas e queres o mellor para nós, presentámosche a nosa oración confiada e dicimos:

PON MISERICORDIA NO NOSO CORAZÓN

Pola Igrexa, para que amose a compaixón e a misericordia de Deus, perdoando e acollendo a tantas persoas, que dentro ou fóra dela cometen equivocacións, sabendo que ela mesma é a primeira que se equivoca moitas veces, OREMOS
PON MISERICORDIA NO NOSO CORAZÓN

Polas nosas comunidades, para que non busquen privilexios na sociedade, senón que se mostren como unha forza de cambio máis para renovala, dende unha actitude de unión, acollida e solidariedade, OREMOS
PON MISERICORDIA NO NOSO CORAZÓN

Por nós mesmos, para que sexamos xenerosos e solidarios nas nosas relacións, tendo en conta que só dende o perdón, a reconciliación e a unión, seremos quen de facer unha humanidade renovada, que camiña xunta, OREMOS.
PON MISERICORDIA NO NOSO CORAZÓN

Grazas Señor, porque sempre nos escoitas e non levas conta dos nosos desamores. Ensínanos o verdadeiro camiño da felicidade xa que en Ti poñemos a nosa esperanza. PXNS.

Para a reflexión

De cando en vez
hai que facer un alto no camiño
e contemplarse a si mesmo,
sen as presas do día a día,
examinando o pasado,
etapa por etapa,
baldosa por baldosa,
e non chorarse as mentiras
senón cantarse as verdades.
(M.Benedetti)

Cantos

Entrada: Todos xuntos
Lecturas: Canta o sol
Ofertorio: Velaquí
Comuñón: Sede o sal sede a luz

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...