Ir al contenido principal

Domingo 25


As oportunidades non son rebaixas:grazas por lembrárnolo!
PÓRTICO
O mundo da economía vai marcando o noso tempo. Todo o valoramos desde o punto de vista da rendibilidade económica. Así, o traballo, o tempo de lecer, as relacións familiares, o tempo de meditación e reflexión, mesmo o tempo de formación van levando a impronta da economía, e rapidamente nos sae a pregunta de cánto nos custou ou cánto gastamos en cada unha destas actividades.
Porén, Xesús hoxe dinos algo que mesmo nos pode resultar novidoso, ou mellor dito, dados os tempos que corren, subversivo: para El o que menos importa é o valor económico das cousas, pode incluso que este sexa ruinoso; o que verdadeiramente vale é o valor humano: a nosa capacidade de sentir, aledarnos, acoller, perdoar, comprender...escoitar.
Que a celebración que agora comezamos nos faga caer na conta deste gran regalo que Xesús nos fai.
O PERDÓN
Porque non damos entendido que a salvación é un dereito fundamental de toda persoa, para o que non fai falla facer cola, non dan número nin piden currículo, senón que só cómpre acollela na nosa vida, SEÑOR, HUMANIZA OS NOSOS CORAZÓNS.
Porque non utilizamos o mesmo raseiro para medir ás persoas, senón que sempre pensamos que nós e os nosos estamos primeiro e somos irreprochables; mentres que os que non son dos nosos non son ninguén, CRISTO, HUMANIZA OS NOSOS CORAZÓNS.
Porque somos especialistas en botar balóns fóra, sen querer entender que o noso traballo é importante e que á construción do Reino estamos chamadas todas as persoas, sen excepción, SEÑOR, HUMANIZA OS NOSOS CORAZÓNS.

REMUÍÑO

Menos mal que Deus non pensa e non é coma nós queremos. Nós queremos un Deus xusto, que lle dea a cadaquén o seu, que lle dea máis a quen máis produce e menos a quen rende menos, que leve unha contabilidade rigurosa do que facemos para pagarnos proporcionalmente. E, como pensamos así, case tod@s, ao ler a parábola, poñémonos de parte dos que se queixan ao final, cando reciben por todo un día de traballo o mesmo que os que traballaron só un ratiño. Teñen toda a razón!!!!!!!!: se traballaron máis, se produciron máis, se… deben recibir máis.
Poderíasenos, entón aplicar, coma aos de Emaús, que somos lerdos e tardos en comprender, pois non é así como se comporta o Deus de Xesús… e, se falamos en termos contables… tampouco nos convén, porque apañados andariamos se Deus nos dese só o que merecemos e nos esixira rendemento por todo canto nos dá, se Deus castigara as nosas infidelidades cun criterio de capataz de empresa!!!!!!!!!!!!.
Os primeiros protestan …e nós tamén. Porque acaso non nos consideramos con máis dereitos diante de Deus que aqueles que non pensan e non actúan coma nós?, coma un ateo ou un agnóstico vai recibir o mesmo ca nós?, non estamos cheos de prexuízos cara ás persoas doutras relixións?. Por que nos custa tanto entender que diante de Deus non temos mérito ningún que esixir, que non merecemos nada, que é El o que nos quere e nos chama, ofrecéndonos de balde o seu amor?. Por que nos custa tanto comprender que o noso esforzo non nos autoriza a considerarnos superiores aos demais e a miralos por riba do ombreiro.
Tristemente, hai demasiados cristiáns que pensan que a relixión se reduce ao que eles lle dan a Deus. Non descubriron que a relixión consiste no que Deus fai connosco. Se non varremos do noso maxín a idea de inspectores de facenda, se esperamos a vida eterna coma unha xusta recompensa ao noso concurso de méritos, estamos pechándonos á posibilidade de asombrarnos, coma os operarios das horas tardías, diante da xenerosidade de Deus.
Os primeiros non protestan porque a súa paga fora escasa, senón porque os igualaron cos demais. Hai tanto tempo que servimos a Deus que nos cremos dignos dunha recompensa maior á daqueles que non tiveron que pasar tantos traballos: fixemos sacrificios, aburrímonos tantas veces na Misa, privámonos de tantos praceres, fixemos tantas renuncias….que temos envexa e mesmo ciumes daqueles xornaleiros de última hora para os que todo foi máis doado. Tiveron sorte: gozaron da vida e a última hora cambiaron… Pensando así demostramos que non coñecemos a vida nin a verdade de Deus, porque se as coñeceramos diríamos: que sorte tivemos descubrindo tan pronto o sentido da nosa vida, que afortunados somos por sabérmonos e sentírmonos amad@s por Deus desde sempre!!!!. E entón… tamén pediriamos que o Pai lles dese aos outros o mesmo denario que nos dá a nós para que compensase a tristura da longa separación. Xustiza?. Si, xustiza de Deus, é dicir, xenerosidade.

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Sentíndonos acollidos por un Deus que nos mostra o seu rostro máis humano, poñámonos nas súas mans para deixarnos enchoupar da súa sabedoría e digamos:
GRAZAS POR TRATARNOS COMA AMIGOS
Pola Igrexa, para que non entre na lóxica economicista, e saiba camiñar na lóxica de Xesús, a lóxica do amor e da fraternidade, sabendo acoller, perdoar e agarimar, OREMOS.

GRAZAS POR TRATARNOS COMA AMIGOS
Polas nosas comunidades, para que deixemos atrás o vello vicio de criticar e falar do negativo dos demais,e nos poñamos traballar unindo forzas en canto supoña dignificarnos como comunidade que quere ser verdadeiramente cristiá, OREMOS.

GRAZAS POR TRATARNOS COMA AMIGOS
No comezo dun novo curso escolar, queremos lembrarnos na nosa oración dun xeito especial daquelas persoas que adican a súa vida ao fermoso mundo do ensino, para que axuden a formar cidadáns libres, críticos, responsables e comprometidos co mundo que os rodea, OREMOS.

GRAZAS POR TRATARNOS COMA AMIGOS
Por cada un de nós, para que non nos fagamos escravos do reloxo que marca o tempo, senón seguidores do Deus que pide tempo para compartir cos necesitados, esperanza para ofrecer aos enfermos e ilusións para entregar as tristes, OREMOS.

GRAZAS POR TRATARNOS COMA AMIGOS
Grazas Señor por mostrarnos, unha vez máis, cal é o camiño que nos fai medrar coma persoas cheas de esperanza e buscadoras de felicidade. Por Xesucristo o noso Señor.Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Saíches, Señor, na madrugada da historia
a buscar xornaleiros para a túa viña.
E deixaches a praza baleira,
ofrecendo a todos traballo e vida.

Saíches a media mañá,
saíches ao mediodía,
saíches á primeira hora da tarde,
e tamén ao solpor…
e aos que ninguén contratara.. leváchelos á túa viña.

Á noitiña, cumpriches a túa palabra.
Décheslles a todos salario digno e xuto.
Os que menos o esperaban,
foron os primeiros en ter as súas mans cheas,
e aínda que algúns murmuraban,
non cambiaches a túa actitude.

Señor, se, coma sempre,
xusto e xeneroso,
compasivo e rico en misericordia,
inimigo de prexuízos e clases,
espléndido nos teus dons.

Grazas por darnos traballo e vida,
dignidade e xustiza…
ao teu xeito e non ao noso.

CANTOS

ENTRADA: Con ledicia vimos
LECTURAS: O pouco que Deus nos dá
OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas
COMUÑÓN: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...