Ir al contenido principal

Domingo 6 TO 2009

DIANTE DA MARXINACIÓN.... XUSTIZA E COMPAIXÓN!
PÓRTICO
Na nosa sociedade son demasiadas as persoas que se atopan marxinadas e discriminadas: os anciáns e as anciás, que despois de dalo todo, constitúen un atranco e un estorbo para a familia; @s parad@s, sen posibilidade de ter unha vida digna mentres outras persoas nadan na abundancia; @s enferm@s, moitas veces abandonad@s pola súa familia nos centros hospitalarios e sen pinga de cariño; persoas ás que se lles negan os seus dereitos fundamentais polo seu xénero, pola súa ideoloxía, pola cor da súa pel, por rezar a un deus diferente....
Pois a todas esas persoas hoxe Xesús dilles: Quero limparte. Que nós sexamos os seus voceiros, as súas mans e o seu corazón.

O PERDÓN
  • Polas veces en que excluímos ás persoas só pola súa aparencia externa e non miramos no interior. SEÑOR, LÍMPANOS.
  • Porque a nosa comodidade e a nosa pasividade fan que non esteamos dispost@s a “perder o noso tempo” para adicarllo aos irmáns e ás irmás, CRISTO, LÍMPANOS.
  • Porque privatizamos a nosa vida cortando as relacións co mundo dos que sofren, illándonos nos nosos problemas, facéndonos cada vez máis insensibles á dor allea, SEÑOR, LÍMPANOS.

REMUÍÑO
Moito se gañou durante estes años en dereitos cidadáns e podemos dicir que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e obrigas. Pero día a día vemos que estes dereitos non se teñen en conta: guerras (Congo, Ruanda…); exclusión;.. Pero mais cerca, no noso pobo ou cidade, tamén se da esta exclusión, por enfermidade, por estética. Temos que facer o esforzo para fixarnos, para non deixarnos levar, ser conscientes do que vivimos e onde vivimos. Así, podemos descubrir os impuros dos que nos fala a primeira lectura, eses que nomeamos nos como impuros: Enfermos (SIDA); anciáns abandonados en residencias porque son un estorbo e xa non son útiles; sen teito aos que retiramos das calles, porque esteticamente non queda ben; prostitutas que vagan dun lado a outro das cidades; e xa nos digamos os emigrantes que cargamos con delitos e con causas de roubo de traballo.
E nos os cristiáns ante esta realidade que facemos? Somos c´mplices ou denunciámolas con forza? Quizás sexamos cómplices co noso silencio, coa nosa apatía e non caemos na conta de que os estamos declarando impuros e apartados da sociedade. Que lonxe estamos da predilección que sentía Xesús por eles, de cómo se achegaba, os escoitaba e os curaba, no evanxeo vemos un exemplo hoxe, devolvíalles a dignidade que as persas les quitaran. Acaso nos os cristiáns, non podemos unir as nosas mans para descubrir, denunciar e tratar na medida do posible por dignificar a estes colectivos? Pero gústanos ter as calles limpas, que ninguén durma nas calles, que diante dun escaparate dunhas grandes tendas, alguén o desfigure coa súa presenza. Xesús quere curar todas estas situacións, axudémoslle a facelo, a facer posible este cambio de mentalidade e actitudes.
Como nos di San Paulo o importante é que unamos esforzos, que tratemos de poñernos na situación de tantas persoas que queren de nós unha resposta, un xeito de actuar, unha esperanza que os faga recuperar o optimismo e que lles abra un horizonte mais amplo que o que os medios nos din. Un horizonte de alegría, de esforzo, de superación, de igualdade, de amor. Que a celebración de hoxe nos faga sr mais conscientes de tanta indiferenza que temos no corazón.

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Señor, ti sempre nos valoras como somos e queres, que entre nós, todos teñamos a mesma dignidade, por iso xuntos dicimos:
Que traballemos pola inclusión
  • Pola Igrexa, por cada un e cada unha de nós, para que vaiamos polo mundo cos brazos abertos, acollendo, comprendendo, compartindo, integrando, dando vida e amando, como fixo Xesús, OREMOS.
  • Polas nosas comunidades, para que nos comprometamos a levar a Boa Nova de liberación a todos os que camiñan, traballan, rezan, loitan... connosco por un mundo mellor, OREMOS.
  • Por todos nós para que dende o noso compromiso cotiá: familia, traballo, pobo, amigos,… sexamos quen de acoller a todas as persoas e busquemos o que dignifica: acollida, o diálogo, o respecto, a escoita, o apoio, a comprensión a solidariedade,.. OREMOS:
Señor, ti creáchesnos a todos iguais en dignidade, non deixes de nolo lembrar día a día. PXNS

PARA A REFLEXIÓN
Pon as túas mans sobre min, Xesús,
as túas mans humanas, curtidas.
Comunícame a túa forza e a túa enerxía,
o teu anhelo e a túa tenrura,
a túa capacidade de servizo e de entrega.
Líbrame do medo e da tristura,
da mediocridade e da preguiza.
Pon as túas mans sobre as miñas, Xesús,
aínda que se resistan,
ata que saiban dar e gastarse
e facerse reflexo claro das túas.
Déixame poñer as miñas mans nas túas
e sentir que somos irmáns,
con feridas e chagas vivas
mans libres, fortes e tenras,
mans que abrazan e curan.

Cantos
Entrada: Unha xuntanza
Lecturas: A túa palabra
Ofertorio: Eu soñei
Comuñón: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...