Ir al contenido principal

DOMINGO XII DO TEMPO ORDINARIO

O ordinario, o de tódolos días, tamén é tempo de salvación

PÓRTICO

Vai rematando o curso e xa nos imos preparando para as vacacións. Pero resulta que a liturxia márcaos outro ritmo e dinos que hai que continuar, que a vida non ten tempo de vacacións, que o cotián, o de sempre, o de tódolos días, tamén é tempo de salvación. Por iso a esperanza e o traballo solidario e xusto non vai nin de permiso nin de vacacións, non libran nunca.

Que cantos nos sentimos acompañados da forza da fe, saibamos vivir o noso tempo como presenza continua de Deus.

O PERDÓN

  • Por ter esquecido que puxeches a terra nas nosas mans para que a conservemos e a coidemos, e non para que a levemos á destrución, SEÑOR, QUE DEIXEMOS O PASOTISMO E SEXAMOS VALENTES.
  • Por ter renunciado a ver, escoitar e atender ao que a natureza nos vai dicindo, CRISTO, QUE DEIXEMOS O PASOTISMO E SEXAMOS VALENTES.
  • Por non ser capaces de ver o mundo cos teus ollos de novidade, esperanza e estímulo, botando fóra de nós medos e rutinas, SEÑOR, QUE DEIXEMOS O PASOTISMO E SEXAMOS VALENTES.

REMUÍÑO

Cantas veces, ante determinadas circunstancias e acontecementos nos preguntamos onde está Deus?. Acaso é un Deus ausente, que deixa que todo suceda?. Ou é un Deus caprichoso que castiga ás persoas porque estas non se axeitan o que el quere?. Dinos o evanxeo que Xesús durmía na barca mentres un trebón estaba a piques de afundila. Acaso non é normal o medo dos apóstolos?. Recorrían a quen os podía salvar.
Pero a reflexión que facemos de onde está Deus, tamén a podemos facer de onde están as persoas. Cantas veces dicimos que isto ou aquilo non vai connosco porque non lle sacamos rendemento?. Cantas veces ignoramos ou incluso imos contra as persoas porque non pensan como nós?. Temos medo a que a barca do noso pensamento, do que nos interesa, do xeito de vivir ou da nosa comodidade se cambalee. Non somos conscientes de que necesitamos que a barca abalee, de que sexa cuestionada, de que nos saque da nosa rutina e comodidade. Xesús non está alleo á nosa vida pero espera de nós que asumamos outras formas de entender o mundo, as persoas, outros xeitos de actuar. Ao igual que os apóstolo,s temos medo a perder, temos medo a asumir novos prantexamentos que nos quiten protagonismo. Fáltanos a fe para camiñar xuntos, para entender que outros barcos poidan navegar ao noso carón, no mesmo lago.
Xesús asume as nosas limitacións, pero chámanos a traballar en común, a ir camiñando no diálogo, a ir construíndo un mundo e unha Igrexa que non teña medo a perder, a mirar o futuro con ilusión. Xob non entendía a súa situación, non entendía como el que era xusto puidese pasar por iso, como era posible que Deus o castigase?. Só descubrindo a Deus que camiña ao seu carón, que asume o seu sufrimento, que o anima na dor, é capaz el de sentir a cercanía dun Deus que non castiga, que non leva contas do que facemos, e sobre todo que é misericordioso.
Ante feitos que suceden no noso mundo, a celebración de hoxe invítanos a descubrir a Deus que está a carón dos que sofren, sumándonos a todos para unir forzas e esforzos para que este noso mundo estea cheo de esperanza ante un futuro aberto.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Poñemos a nosa vida nas túas mans, Señor, para que a acompañes, pois sabemos que o teu amor aprémanos. Por iso dicimos xuntos:

QUE O TEU AMOR O FAGAMOS FRATERNIDADE

  • Pola Igrexa, para que busque sempre novos xeitos de presentar a mensaxe do reino, e non caia na tentación de perderse en si mesma faixo formas de imposición e exclusividade, Oremos.

QUE O TEU AMOR O FAGAMOS FRATERNIDADE

  • Para que as nosas comunidades sexan verdadeiras testemuñas de amor entregado e solidario, Oremos.

QUE O TEU AMOR O FAGAMOS FRATERNIDADE

  • Que cada un de nós, saibamos poñerlle corazón, ollos, mans e oído ao amor, para así saber descubrilo en cantos o necesitan, Oremos.

QUE O TEU AMOR O FAGAMOS FRATERNIDADE

En ti confiamos sempre, a pesares de que moitas veces esvaramos no camiño, se ti a man que nos axude a erguernos. P.X.N.S. Amén.

Reflexión

Señor Xesús,

Ti mírasme con cariño.

e disme: "sígueme".

Eu quero escoitarte a fondo,

camiñar contigo,

vivir como fillo /a de Deus e na irmandade de tod@s.

Dáme a túa confianza e a túa xenerosidade. Amén.

CANTOS

  • ENTRADA: Temos unha festa
  • LECTURAS: Douvos un mandato novo
  • OFETORIO: O Señor é o meu pastor
  • COMUÑÓN: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...