Ir al contenido principal

DOMINGO 26 TO

Que os ciumes non afoguen a forza do Espírito

PÓRTICO

Cómo nos gusta ser espectadores, observadores, valorar as situacións desde fóra... e cánto nos custa implicarnos, responsabilizarnos e comprometernos. E non só iso, senón que somos especialistas en falar de todo e de tod@s, en opinar daquilo e disto, en xulgar sen coñecer... Nunha palabra, queremos nadar e gardar a roupa.

    Pois ben, iso mesmo pásanos tamén na Igrexa. Moitas veces esquecemos que a Igrexa non son só o papa, os bispos, os curas e @s relixios@s, senón que a Igrexa constituímola tod@s @s bautizad@s. E co bautismo adquirimos uns compromisos (que os nosos pais e nais fixeron por cada un e cada unha de nós nun primeiro momento e que logo nós asumimos e personalizamos) que nos levan a ser actores na Igrexa, non só espectadores.

Basta xa de botar balóns fóra, cómpre mollarse, poñéndose a construír comunidade, parroquia, sociedade... Reino. Estamos chamad@s a ser xente con sal.

Que a celebración de hoxe nos poña no camiño de pensalo, rezalo e vivilo así.

O PERDÓN

Remuíño


 

ORACIÓN DA COMUNIDADE

En demasiadas ocasións, o noso corazón vólvese de pedra e é incapaz de sentir o sufrimento de tantas persoas infelices. Porque queremos traballar para que nos axudes a cambiar de actitude, dicímosche:

QUE LLE FAGAMOS A VIDA AGRADABLE AOS DEMAIS

QUE LLE FAGAMOS A VIDA AGRADABLE AOS DEMAIS

QUE LLE FAGAMOS A VIDA AGRADABLE AOS DEMAIS

QUE LLE FAGAMOS A VIDA AGRADABLE AOS DEMAIS

Señor, axúdanos a esforzarnos cada día por facerlle a vida máis feliz a cantos comparten con nós a inquedanza por un mundo mellor, no que ninguén sexa excluído. PXNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Señor, son moitas as persoas que deixaron pegada en min,

moitas as que me axudaron a descubrirme,

a espertar , a cambiar e a enriquecerme.

Aquela persoa que, inesperada e oportuna, soubo escoitarme con comprensión.

Aquela que, aínda estando lonxe, sentín preto.

Aquela que, coa súa bondade, fíxome ser sinxelo.

Aquela que, corrixíndome con agarimo, esixiume camiñar.

Aquela que, experimentando a súa debilidade, fixo que me sentira pobre.

Aquela que, coa súa experiencia de gratuidade, abriume un mundo de relacións fraternais.

Aquela que, coa súa vida incansable, invitoume a loitar.

Aquela que, coa súa necesidade de min, fixo que me sentira único.

Aquela que se atreveu a dicirme: quérote.

Aquela que anunciou en min a boa nova de que Ti me queres.

Son o que son grazas a moitas persoas, pequenas e grandes, amigas e anónimas.

Déixame darche as grazas por elas, que me marcaron para sempre coa súa vida e frescura.

Déixame darche as grazas, cantarche e louvarte por todas elas, fillas túas, irmás miñas.

CANTOS

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...