Ir al contenido principal

DOMUND 2009

REMOL DOMINGO XXIX

A PALABRA, LUZ PARA OS POBOS

Pórtico

Aínda que digan que a época das clases xa pasou, a realidade móstranos que aínda hoxe o mundo está dividido entre os opulentos, que o temos todo e que sempre aspiramos a ter máis, e os que non teñen nada, que aínda por riba son pisoteados polo noso egoísmo, polo noso afán de ter a calquera prezo e. E todo isto, no só a nivel de países, que nos pode quedar lonxe, senón a nivel do máis cotiá: así, no traballo queremos o mellor posto; nos repartos, queremos sempre a mellor parte....

Porén, a celebración deste domino no que celebramos a xornada do DOMUND, reforza a mirada universal que temos que ter na igrexa. Cristo faise presente en todos os pobos, sobre todo nos máis desfavorecidos. Que non o esquezamos.

Perdón

  • Polas veces en que non temos compaixón polo que sofre e somos incapaces de poñernos no seu lugar, SEÑOR, DANOS UN CORAZÓN DE CARNE.
  • Porque a meirande parte das veces aspiramos aos primeiros postos, a destacar sobre os demais con afán de dominio, CRISTO, DANOS UN CORAZÓN DE CARNE.
  • Porque as máis das veces o noso trato cos demais é por puro interese, rexeitando a aqueles que non nos poden corresponder, ou dar, SEÑOR, DANOS UN CORAZÓN DE CARNE.

Remuíño

  • O noso mundo, caracterízase por non ter sentimento de culpa. Os países ricos non queren saber nada daqueles que explotan. O empresario que gaña menos, xa fai un plan de viabilidade, unha ERE, sen ter en conta aos empregados. Nas familias, entre amigos, entre os veciños cústanos pedir perdón, asumir a parte de culpa que temos todos nas relacións rotas e nas enemizades. e non só non asumimos a nosa culpa, senón que botamos balóns fóra e facemos cargar a moitos coas nosas culpas. E nós tan cómodos vendo pasar a vida detrás da barreira, sen que me molesten. Total, mentres non me chegue a min....non hai por que preocuparse.
  • Porén os cristiáns estamos chamados a romper con esas situacións, a asumir a parte de culpa que temos todos no sufrimento de tantas persoas silenciadas no noso mundo. Pero o noso deber non queda nunha mera asunción de culpa, debemos dar un paso máis e denuncialo xa que non vale estar no noso recuncho. Ao igual que Xesús, temos que compadecernos do sufrimento. Non coma un paternalismo barato, senón como a parte de culpa que termos nesas situacións. Como cristiáns que somos, non só de nome, senón cos nosos xestos, coas nosas palabras, co noso compromiso. E todo isto facémolo sen aspiracións de que nos gaben, sen buscar nada a cambio, só por servir. Porque xa temos o exemplo no evanxeo. Que fácil é caer na tentación de situarnos, de buscar os primeiros postos, a loanza fácil, o dominio sobre os demais, empregar as persoas para os nosos fins. Pero é o Espírito o que vai colocando a cadaquén no seu sitio e sempre para a misión de servir e non de ser servidos.
  • Hoxe esta Palabra resoa se cadra con máis forza no día do DOMUND, no que se pon diante dos nosos ollos o compromiso que, no nome da Igrexa, realizan tant@s misioneir@s para mellorar as condicións de vida das persoas e dos pobos que viven na pobreza. Porque a Palabra de Deus chámanos constantemente a amarnos coma irmáns e a traballar por erradicar toda desigualdade inxusta, toda discriminación.
  • Que esta celebración nos abra os ollos para descubrir a novidade do servizo na nosa vida e no noso compromiso como cristiáns, pois tod@s nós formamos parte dunha igrexa que, por definición, debe ser misioneira.


 

Oración da comunidade

Señor, presentámosche a nosa oración. É a necesidade que temos de que Ti nos acompañes e de que fagas da nosa vida un servizo desinteresado para os demais. Por iso, dicimos confiados:

ACOMPAÑA, SEÑOR, O NOSO CAMIÑAR

  • Pola Igrexa, para que sexa a primeira en servir ás persoas, buscando a súa esencia no compromiso cos mais desfavorecidos e marxinados da nosa sociedade, OREMOS.

ACOMPAÑA, SEÑOR, O NOSO CAMIÑAR

  • Pol@s misioneir@s, para que atopen na Palabra de Deus a luz para evanxelizar a todos os pobos e o alento para traballar por erradicar tantas situacións inxustas e inhumanas, OREMOS.

ACOMPAÑA, SEÑOR, O NOSO CAMIÑAR

  • Polas nosas comunidades, para que sexan valentes á hora de denunciar situacións inxustas, na que se xogan a dignidade e os dereitos fundamentais das persoas, sen importar crenzas ou ideoloxías,OREMOS.

ACOMPAÑA, SEÑOR, O NOSO CAMIÑAR

  • Por todos nós para que interioricemos a importancia da celebración comunitaria como expresión da nosa fe, como encontro coa comunidade e como apoio, alimento e expresión da nosa fe, OREMOS.

ACOMPAÑA, SEÑOR, O NOSO CAMIÑAR

Grazas, Señor, porque día a día sentimos a túa presenza protectora. Segue acompañando o noso camiñar. PXNS.

PARA A REFLEXIÓN

Ti, Señor, dixeches:

"Quen queira gardar a súa vida, perderaa;

e quen a gaste e a dea por min, recobraraa".

Pero nós, a pesares de todo, temos medo

a gastar a vida e a entregala sen reservas.


 

Gastar a vida é traballar polos demais,

aínda que non nos paguen;

é facer un favor a quen non pode darnos nada a cambio;

e arriscarse, mesmo ao fracaso, sen falsas prudencias;

é queimar as nosas naves polo ben común.

Gastar a vida non é algo que se faga

con xestos extravagantes e con falsa teatralidade.

A vida entrégase sinxelamente, sen publicidade.


 

Ensínanos, Señor, a dar a nosa vida polo Reino,

sabedores de que Ti estás esperándonos na noite

con mis ollos humanos que nos desfan en bágoas.

CANTOS

  • ENTRADA: Vinde axiña
  • LECTURAS: O Señor é o meu pastor
  • OFERTORIO: Misioneiro
  • COMUÑÓN: Eu soñei

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...