Ir al contenido principal

3 Coresma 2010

Eu son o que son

... na gratuidade

SIGNO:
Colocamos unha terceira cuncha de cartolina. A frase que destacamos é "CHAMAD@S A DAR FROITO".

PÓRTICO

"Castigo de Deus" é unha expresión que adoitamos escoitar cando sucede algunha traxedia. Pronunciar esta frase produce consolo aos que consideran que Deus é un xuíz severo que, con frialdade, examina a vida e as obras dos seus fieis, ditando sentencia condenatoria para os culpables. "Deus premia aos bos e castiga aos malos", dixéronnos desde pequen@s. Porén, esta afirmación non se corresponde cun Deus que parece calar as máis das veces diante da inxustiza, da dor e da opresión humana. Para algúns Deus non intervén sempre, senón que manda un recado de cando en vez, a modo de escarmento, para que esteamos á espreita. Deus pode cansar, díxosenos, ten paciencia ata un certo límite.

Pero ¿é este o rostro do Deus de Xesús?. A resposta é que non, que Deus non é partidario de escarmentos, senón que ten unha paciencia infinita. Ninguén debe utilizar a traxedia humana como mecanismo de xustificación propia.

Que esta celebración que agora comezamos, neste tempo de Coresma, nos axude a non tomar o nome de Deus en vano.

O PERDÓN

  • Porque moitas veces o noso corazón é insensible e de pedra, e non escoita a tantos irmáns e irmás nosos que berran pedindo xustiza, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN.
    • Porque son demasiadas as ocasións nas que culpabilizamos a Deus do que en realidade é froito da noso egoísmo e da nosa incoherencia, CRISTO, TÉNDENOS A TÚA MAN.
    • Por non esforzarnos en tender pontes de achegamento e colaboración aos que pensan distinto, pero senten paixón pola dignidade do ser humano, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN.


 

REMUÍÑO

  • Se a sociedade é inxusta, se na comunidade eclesial hai moito que corrixir, iso non lle afecta só aos políticos ou á xerarquía. A situación presente e o futuro dos grupos é responsabilidade de todas as persoas que os compoñen. É moi doado botar balóns fóra, autoenganarnos ou tranquilizar a nosa conciencia diluíndo a responsabilidade de cadaquén na masa. Un cristián ou unha cristiá nunca pode ser unha persoa resignada. Pero tan afeit@s estamos a escoitar frases como "se ocorre tal cousa será porque Deus o quixo así", "Deus está probando a súa fe", "o sufrimento é un castigo de Deus"... que non reparamos nas barbaridades (mesmo nas blasfemias) que encerran. O Deus que nos revelou Xesús de Nazaret non é un garda de tráfico que estea á espreita tratando de cazar infraccións para poñer despois un castigo, senón que ten máis que ver coa imaxe dunha persoa paciente que volve ano tras ano para ver se a figueira deu froito. A imaxe de Deus está retratada máis ben naquel pai bo que cada tarde se asomaba á fiestra esperando que, por fin, o fillo volvese, pero non para castigalo, senón para abrazalo e facer unha festa. O Deus de Israel sabe o que sucede e sente a dor dos homes e das mulleres de todos os tempos, de toda a historia, coma se fose propia. ¡Que lonxe está esta imaxe de Deus que nos achegan os textos bíblicos da que nós, coma Igrexa, segrares, relixios@s e sobre todo xerarquía, transmitimos ao noso redor.


 

  • Por iso cómpre converterse e cambiar, dar froito; pero non desde o medo, o temor ou o castigo, senón desde o agradecemento de sabérmonos salvad@s e agarimad@s por un Deus que camiña ao noso lado e que mesmo no leva no seu colo. Converterse é cambiar, pasar dun xeito de vivir a outro. Non é botar un pouco de maquillaxe, senón que é un cambio radical, unha nova vida. Cando non nos convertemos, no noso mundo hai morte física pola violencia de xénero, polo fanatismo relixioso, pola supremacía da lei do máis forte... e tamén hai morte moral, porque os valores que imperan (o máis forte, o máis guapo, o máis rico, o máis fraco...) non nos fan nin máis humanos nin máis felices, senón que nos escravizan. Pero si somos capaces de converternos, de ser persoas adultas e coherente, todo será distinto, mellor, máis doado, máis positivo... e comezaremos a disfrutar antes da ledicia da vida, da fraternidade, da xustiza... ¿A que esperamos?. Poñámonos en camiño.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Con sinceridade de corazón, queremos, Señor, compartir as nosas preocupacións e ledicias, e facémolo dicindo:

GRAZAS POR COIDAR DE NÓS E POR QUERERNOS

  • Pola Igrexa, para que non caia na tentación fácil de crer que ten ela toda a verdade, de que é perfecta, de que fóra dela non hai felicidade e así pouco a pouco se volva intransixente e tirana, OREMOS.

    GRAZAS POR COIDAR DE NÓS E POR QUERERNOS

  • Que @s que formamos parte das comunidades cristiás non nos deixemos levar da tentación de etiquetar ás persoas, separando entre boas -@s nos@s- e mal@s -@s outr@s-, senón que atendendo á Palabra de Xesús nos esforcemos cada día en unir, agarimar e escoitar a tod@s, sen facer distincións que separan e afastan,OREMOS.

    GRAZAS POR COIDAR DE NÓS E POR QUERERNOS

  • Por nós, que todas as semanas nos reunimos para compartir e vivir a túa Palabra, para que non nos deixemos levar da pasividade, da comodidade, da rutina, senón que saibamos descubrir que a fe celebrada e participada é acción de grazas polo vivido, e forza para o traballo en comunidade que temos por diante, OREMOS.

    GRAZAS POR COIDAR DE NÓS E POR QUERERNOS

Grazas, Señor, por abrirnos os ollos e mostrarnos que non é nas falsas seguridades dos templos, senón nas dificultades da vida, onde temos que descubrirte e saber acompañar a cant@s se senten débiles e necesitad@s da nosa presenza. P.X.N.S. Amén.

REFLEXIÓN

Señor:

Non é a primeira vez que vés

e que a figueira mostra as súas follas arrogantes

-verdes, grandes, ásperas, sen froito-,

enganándote.

Sabes que ocupa un terreo fértil,

que suaches e cansaches coidándoa para que dera os mellores fillos.

E foi inútil.

E, aínda que tes ganas de cortala,

o teu corazón resístese.

Cavarás a súa terra, botaraslle esterco de novo…

Déixaa un pouco máis.

Déixanos un pouco máis.

Déixame un pouco máis, Señor, e cóidame.

CANTOS

  • ENTRADA: Na noite escura
  • LECTURAS: Arrepentido
  • OFERTORIO: O Señor é o meu pastor
  • COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...